copia


A Asociación de Festexos de Negreira, en colaboración co Concello, promoven o programa festivo na honra a Santa Margarida, o domingo 18 e mailo luns 19 de setembro, sendo este último festivo local en Negreira.


Domingo 18


• Ás 9.30 horas II Torneo de Petanca “Concello de Negreira”, no aparcadoiro do campo de fútbol Jesús García Calvo

• Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Garuleiros

• Ás 10.15 horas haberá misa na capela do Cotón

• Ás 19.00 horas Festival de Bandas, na praza do Concello: Banda de Música Ciudad de Ponferrada e Banda de Música Ateneo de Negreira.


Luns 19


• Pasarrúas coa charanga Os Celtas

• Ás 12.00 horas, misa cantada na igrexa parroquial, e á saída haberá as bailas coa charanga Os Celtas.

• Ás 22.00 horas verbena coa orquestra Finisterre, no campo da feira.

fotoweb 1


O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, a través dun Bando da Alcaldía fai saber que a Delegación Provincial da Coruña da Oficina do Censo Electoral celebrará o próximo 27 de setembro de 2022, ás 12.00 horas, o sorteo para a formación das listas de candidatos/as a Xurado.

 

Xa que logo, e en cumprimento do artigo 13 da Lei Orgánica 5/1995, de 22 de maio, do Tribunal do Xurado, exponse ao público a lista do CENSO ELECTORAL no departamento de Estatística deste Concello de Negreira dende o día 16 ata o 26 de setembro, ambos incluídos.

 

concello-negreira-eolicos-alvite.png

 

 

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Xefatura Territorial da Coruña, informa da data e hora para o pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2010/269-1, nos concellos de Mazaricos, Outes e Negreira.

 

Mediante o anuncio convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropitario sobre os bens e dereitos afectados pola instalación elñectrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, e que terá lugar nas dependencias dos referidos concellos.

 

No caso de Negreira, a data sinalada é o xoves 27 de outubro de 2022 ás 10.40 horas.

 

concello-negreira-eolicos-alvite.png

 

O alcalde-presidente do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez vén de convocar unha sesión do Pleno que terá lugar, con carácter extraordinario e urxente, o mércores, día 28 de setembro de 2022 ás 14:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte orde do día:


1º.- Xustificación da urxencia da convocatoria.

2º.- Conta Xeral correspondente ao exercicio 2021. Aprobación.

 

DSC 0556

Celebrouse no Auditorio Afonso Eanes, a reunión preparatoria para as viaxes do Imserso do ano 2023 coa participación dun cento de veciños e veciñas de Negreira.

 

Como novidade, dende o departamento municipal de Servizos Sociais destacan o feito dun cambio na normativa da Dirección Xeral do Imserso segundo a cal, todas as persoas seleccionadas para cada viaxe deben pagar unha reserva de 40 euros, antes deste venres 30 de setembro no número de conta do Concello no Banco Sabadell Gallego… e que logo serán descontados do prezo final que deberán abonar a Mundiplan, a axencia organizadora das viaxes.

 

En total, a Negreira correspóndenlle 120 prazas –coarenta por cada unha das tres viaxes-, aos seguintes destinos:

 

1ª- HUELVA: saída o 18 de febreiro, durante dez días. O custo é de 242 euros por persoa.

2ª- TENERIFE: saída o 3 de marzo, durante dez días. O custo é de 364 euros por persoa.

3ª- MALLORCA: saída o 17 de abril, durante dez días, e o custo é de 277 euros por persoa.

 

Hoxe efectuouse ademáis, o sorteo entre aquelas persoas ás que non lle foi asignada praza fixa, poloque quedarán nunha listaxe de agarda por si se producen baixas en cada unha das tres viaxes.

fotoweb 1

Sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, da urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto LAT 132kV SET do parque eólico Troitomil ao parque eólico Banzas, coa SET colectora de Lousame, que afecta aos concellos da Baña e Negreira, tralo acordó do 8 de setembro de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

 

O promotor é a empresa Green Capital Power, S.L., e o proxecto cun orzamento de execución de 1.982.045,17 € conta cun prazo de execución de seis meses.

 

As alegacións pódense presentar nun prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e que comeza a partir do martes, día 4 de outubro de 2022. Toda a documentación do proxecto pódese consultar no Concello de Negreira, o una web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:

 

https://bit.ly/3SoJubT

 

DSC_2791.JPG

 

O Concello de Negreira solicitou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), a través dunha comunicación remitida tanto á Xerencia da Xestión Integrada de Santiago coma á propia Consellería de Sanidade, que consideren optar por vacinar ás persoas maiores de 80 anos no propio centro de saúde de Negreira, tralo chamamento para inocular a cuarta dose da vacina fronte á covid.

 

Ante o feito de ter que desprazarse ata o vacinódromo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, unha instalación, din “bastante innacesible e apartada”, o Concello estima que debería contemplarse a posibilidade de vacinarse no centro de saúde xa que unha maioría da poboación maior de oitenta anos ten problemas de mobilidade, ou non dispoñen de “medios materiais ou persoais para desprazarse ata Santiago”.

 

Desta maneira, o Concello súmase á protesta colectiva das persoas maiores de 80 anos citada para vacinarse na Cidade da Cultura, de cara a que poida recibir a cuarta dose no seu centro de saúde. “Sería moito máis eficaz e beneficioso para o Sergas, xa que garantirían unha maior asistencia de persoas, e para a veciñanza, sería máis accesible e menos prexudicial desprazarse ó mesmo centro de saúde”, segundo sinala o escrito asinado polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

foto portada

O Concello de Negreira deu hoxe o pistoletazo de saída á tempada das escolas deportivas e culturais rexistrando a maior cifra de usuarios e usuarias dende que foron implantadas. Trátase de 730 prazas ocupadas para unha ampla oferta de actividades que alcanza a todas as idades, o que demostra a gran aceptación que seguen tendo as escolas municipais que son unha referencia non só a nivel local, senón tamén a nivel comarcal xa que son moitas as persoas usuarias que proceden de concellos da contorna de Negreira.

A duración das escolas é de sete meses, rematando o 15 de maio de 2023. Cómpre salientar que entre a oferta de escolas deportivas, as disciplinas de pádel, e a de ximnasia de maiores, son dúas das que máis usuarias agrupan. Incluso, a de ximnasia de maiores, que conta con 58 persoas usuarias, houbo de ser ampliada nunha quenda máis, debido á forte demanda de prazas. Tamén destaca a novidade de zumba, de nova implantación e que conta con 42 usuarias no seu primeiro curso.


Foto 2


Entre as actividades culturais; pintura e pandeireta seguen sendo as favoritas entre a nosa veciñanza con máis de 150 nenos e adultos, entre as dúas disciplinas.
Dende o Concello de Negreira salientamos o “éxito” e a “extraordinaria acollida” que seguen tendo as escolas municipais nunha clara aposta pola vida saudable, a práctica deportiva e o fomento das actividades culturais e artes escénicas, tendo en común que a oferta abrangue a todas as idades.


Consulta a listaxe de admitidos:

https://bit.ly/3CdzOKs

DSC 0628

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Negreira cando aos alcaldes de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e de Padrón, Antonio Fernández Angueira, na presentación do proxecto cultural “Reencontro coa Galicia Medieval”, unha nova proposta que promoverá nos meses de outubro, novembro e decembro, a Galicia medieval a través da música, a arte e distintas actividades divulgativas co apoio da Xunta, e os concellos de Negreira e Padrón, así como Afundación.
A coordinación corre a cargo do catedrático, José Antonio Ponte Far, sendo patrocinado pola Xunta de Galicia, baixo a organización do Grupo Medievalium Gallaecia. As actividades levaranse nos concellos de Negreira, Padrón e Ferrol.


Foto 2


Inclúen unha exposición de pintura medieval do pintor, Pedro Castro Couto; un concerto de música medieval co grupo Medievalium Gallaecia; unha conferencia ilustrada polo catedrático, José A. Ponte Far, baixo o título: Os castelos medievais galegos; e maila presentación da unidade didáctica: A Idade Media en Galicia (S. V-XV), da catedrática, Mª Eva Ocampo Vigo.


Datas:
Negreira: 22 ao 31 de outubro
Padrón: 3 ao 14 de novembro
Ferrol: 3 ao 17 de decembro

Foto nova concurso

 

O Concello de Negreira promove en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), o I Concurso fotográfico “Día da muller rural de Negreira”, co gallo da celebración, o sábado 15 de outubro do día internacional da muller rural, co que se busca reivindicar o papel da muller, recoñecéndose o seu papel e contribución na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza no rural.


O obxectivo é facer partícipes ás persoas para que fagan chegar as súas instantáneas, nas que as mulleres deben ter un papel protagonista. Está dirixido a profesionais e afeccionados á fotografía, residentes en España, e poderedes gañar un vale de 100 € para consumir no comercio local de Negreira.

 

Envía a túa foto ata o 25 de outubro a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


A continuación, expóñense as Bases do I Concurso fotográfico “Muller rural” do Concello de Negreira, en adiante, o Concurso.


Datos adxuntos: