notesenvela2017.jpg

Os Concellos de Negreira e Ames suman unha vez máis esforzos na súa aposta por poñer en valor a paraxe natural de Pontemaceira, formada polo río Tambre ao seu paso por este encrave turístico e paso dos peregrinos polo Camiño de Fisterra antes da súa chegada á vila de Negreira, fin da primeira etapa dende Compostela.

 

Por este motivo, o venres 16 de xuño, ás 21:30 horas, vai ter lugar a primeira das citas do presente verán do programa ¨Noites en vela¨, co concerto que ofrecerán, o grupo amesán A Requinta da Maía e mailas pandereteiras As Tanxugueiras, instalándose un escenario sobre os penedos naturais da zona de Ames.

muiñeira090617.jpg

A Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón e, mailo Concello de Negreira, convidan a participar no XXV Día da Muiñeira e mailo XXI Concurso Folclórico, a celebrarse este sábado 10 de xuño, dende as seis da tarde na praza do Concello. A xornada suporá tamén, a clausura do Obradoiro de Danza tradicional, e do Obradoiro de Pandeireta e canto tradicional.

 

A organización conta coa participación 25 grupos dunha total de once agrupacións folclóricas chegadas de diferentes puntos da provincia, no 25 aniversario da creación do Día da Muiñeira, onde a muiñeira a bailar será a muiñeira ¨Redonda¨, adaptada en catro puntos e cinco voltas, e bailarase en tres veces con breves descansos.

 

Os grupos participantes concentraranse ás 17:00 horas no Campo dá Feira, dende onde sairá o desfile ás cinco e media da tarde, o cal percorrerá a Carreira de San Mauro, a rúa do Carme e o Camiño Vello para facer entrada á praza do Concello. Ao remate daráselle aos 300 participantes un refresco e un bocadillo, e farase entrega dun  obsequio a tódalas agrupacións participantes.

 

Ao remate do XXV Día da Muiñeira farase o XXI Concurso Folclórico, onde cada agrupación poderá participar presentando a peza que libremente escolla, cun máximo de 5 minutos no escenario. Establécense os seguintes premios:

 

1º 400 euros e trofeo

2º 250 euros e trofeo

3º 100 euros e trofeo

muiñeira07 portada.jpg

Negreira celebrou o 25 aniversario do seu Día da Muiñeira por todo o alto, cunha ducia de agrupacións folclóricas participantes chegadas de toda a provincia, en total preto dos 300 participantes. Tralo desfile polas principais rúas da vila, ás seis da tarde facían a súa entrada nunha praza do Concello onde cotizouse a sombra, polo forte calor da xornada.

 

Bailouse tres veces a muiñeira Redonda, alternándose coas actuacións do grupo de baile Veiga do Cotón, e do Obradoiro de danza tradicional de Negreira, xunto coas pandereteiras da Escola Municipal, no que foi a clausura da tempada de devanditas escolas municipais, de baile, dirixida por Manuel Figueira, e de pandeireta, por Sonia Nieto.

 

muiñeira07 interior.jpg

 

Rematouse coa entrega de agasallos ás asociacións participantes:

Asociación Cultural e Folclórica Terra de Ames

Asociación Cultural Terra de Sena, de Cee

Escola Municipal de Baile de Brión

Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Padrón

Asociación Cultural O Hórreo, de Mazaricos

Asociación Xuvenil Xilbarbeira, de Boiro

Asociación Nosa Señora do Carme, de Fisterra

Escola Municipal de Baile Tradicional de Betanzos

Asociación Folclórica Xirandaina, de Santiago

Escola de Danza Breogán, da Asociación Cultural de Brens, de Cee.

 

muiñeira07 interior 2.JPG

 

Concurso Folclórico

 

Finalmente, celebrouse o concurso folclórico onde o primeiro premio foi para o grupo de Xilbarbeira (400 euros e trofeo), con Punteada de Limiñoa; seguido do grupo de Xirandaina, bailando Entroido de Arcos (250 e trofeo), e en terceiro lugar, o grupo Fouliada de Mazaricos, con Xota de San Román, con premio de cen euros e trofeo, e que lles foron entregados polas concelleiras de Cultura, Flora Grille Novío, e de Educación, María Jesús Veiga Hortas, respectivamente.

 

muiñeira concurso.JPG

escudos130617.jpg

Negreira acollerá este sábado 17 de xuño, os actos de irmandamento coas localidades portuguesas de Marihna Grande e Serzedo, correspondéndolle ó Concello de Negreira selo organizador neste 2017.

 

A xornada comezará coa recepción aos participantes por parte da Corporación Municipal, ás 10:30 horas, na Casa do Concello, seguido do acto oficial no Auditorio do Centro Sociocultural. E dende as 12:00 vaise desenvolver no Campo Jesús García Calvo, o Torneo Ibérico de Veteranos, cun triangular entre os equipos do Marinha Grande, o Serzedo e mailos Superveteranos do Negreira.

 

A partir das tres da tarde desenvolverase un xantar de confraternidade, baixo unha carpa instalada na Área recreativa de Cobas, a carón do río Barcala, e que incluirá actuacións musicais e de baile, a partir das seis da tarde. 

concello140617.jpg

Debido á entrada en vigor do horario de verán, dende este xoves 15 de xuño, as dependencias municipais da Casa do Concello axustaranse ao horario de verán, de 8:00 a 14:00 horas, de luns a venres, inclusive o día 15 de setembro.

 

Infórmase que o horario de atención ó público nas dependencias municipais da Casa do Concello é o establecido entre as 8:00 e as 14:00 horas, entre o 15 de xuño e mailo 15 de setembro de 2017.

TriNe.png

 

O Concello de Negreira fai saber, que co gallo da celebración este sábado 17 de xuño, do II Triatlón Solidario ¨Concello de Negreira¨, entre as 16.00 e as 19:00 horas, permanecerán totalmente cortadas ao tráfico as seguintes rúas e accesos á vila:

 

Estrada provincial Urdilde-Negreira, dende Ponte Insúa; Abeanca; rúa Malecón (Campo da feira); Vilachán de Abaixo; Vilachán de Arriba; avenida de Vilachán; avenida de Barcala; Camiño Vello; avenida de Santiago; Arieira; A Barquiña (estrada autonómica AC-447); subida ata A Chancela (dende A Barquiña); e dende Fontán até a Abeanca, así como toda a Carreira de San Mauro; rúa do Carme; rúa da Cachurra e toda a Praza do Concello.

 

Para que o evento poida desenvolverse con normalidade e a máxima seguridade dos participantes, o Concello de Negreira prega a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

Foto-ciclismo.jpg

O Concello de Negreira informa que co gallo da celebración este sábado 24 de xuño, da V Volta Ciclista ¨Concello de Negreira¨, entrre as 16:00 e as 21:00 horas, permanecerán cortadas ao tráfico as seguintes rúas:

Avenida das Brañas; Real Club Deportivo da Coruña; Xosé M. López Ardeiro; Castelao; Teresa Fabeiro Caamaño; rúa do Tambre e Camiño Vello (só un carril na confluencia coa avenida das Brañas).

Polo tanto, e para que o citado evento deportivo se desenvolva con normalidade e a máxima seguridade, solicítase a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos particulares durante o desenvolvemento da proba.

Dende a Alcaldía de Negreira pregan desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

servizo madrugadores

Aberta a matrícula no servizo Madrugadores

 

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Negreira informa que está aberto o prazo de matrícula do programa Madrugadores, de cara ao vindeiro curso educativo 2017-2018.

Trátase dun programa de conciliación da vida familiar e laboral que se leva a cabo no Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto, dende as 7:30 até as 9:45 horas (hora de entrada no colexio).

As persoas interesadas en beneficiarse deste servizo poden facela inscrición dende o luns 26 de xuño e até o xoves 6 de xullo, no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, na área de Servizos Sociais, en horario de mañá.

 

 

DSC 0841
 
 
 
O equipo do Maderas Jesús Gómez logrou o dobrete de Liga e Copa de Fútbol Sala do Concello de Negreira, trala final de Copa celebrada este mércores no pavillón de Pedra Mámoa, onde venceu 4-0 ao equipo de Casa Gasamáns, que rematou coma subcamión da Copa. A terceira praza foi para o equipo de Anbore Cofee Bar, que gañou o seu partido 8-3 sobre o Restaurante Oregar.
 
Con esta xornada final da competición, entregáronse os trofeos aos catro primeiros clasificados da Liga:
 
1º Maderas Jesús Gómez
 
2º Autoescola Antonio
 
3º Multiópticas Fagín
 
4º Viajes Sant Yago
 
Máximo goleador: Joaquín Becerra (Restaurante Dantaño), con 60 goles.
 
Porteiro menos batido: Víctor Espasandín (Maderas Jesús Gómez),  con 37 goles.
 
Mellor xogador: Alberto Freire (Maderas Jesús Gómez).
 
 
 
 
 
 
Marcelle.jpg

O pasado sábado, 1 de xullo, as familias de Avelaíños e Rebuldeiros de Negreira e as de Maimiños e Furabolos da Baña compartiron unha xornada de lecer visitando o parque zoolóxico Marcelle Natureza. As pequechas e pequechos visitaron o parque acompañados de monitoras e asistiron a diversas actividades.

Entre os animais do parque, chamaron a atención dos participantes os lobos Rasca e Pica e os emús, aves non voadoras de gran tamaño. Ademais de visitar os animais, as familias puideron gozar da flora existente no bosque autóctono, do que forma parte o zoo; da exposición artística con obras de madeira e pedra distribuídas por todo o parque e de actividades como o tiro ao arco ou un teatro de marionetas.

Un dos obxectivos de Marcelle Natureza é concienciar ás persoas participantes sobre a protección da fauna silvestre e da conservación da natureza.

 

unnamed.jpg