Concello-de-NEGREIRA-cartel-nicrarock-2017-50x70.jpg

Este evento, que se converteu nun dos festivais máis importantes da comarca, pretende dar a oportunidade a grupos amateur, de compartir escenario con grupos profesionais.Nesta edición o Nicrarock da un xiro importante no seu contido e vai a ser un festival Tributo, en homenaxe a dúas das formacións máis importantes da historia da música: QUEEN e AC/DC.

O Festival Nicrarock ten lugar o venres 14 de xullo, a partir das 22:00 horas no Parque do Coto, con entrada de balde.

 

Mckuin

Este grupo ferrolán está considerado un dos mellores grupos tributo a "Queen", de España. Despois de 17 anos sobre os escenarios, tocaron nos mellores festivais e nas máis importantes salas de concertos da nosa xeografía. Este ano encabezan o noso festival, nunha edición tributo os mellores grupos da historia da musica rock.

 

Riff Raff

Riff/Raff levan 22 anos sendo a mellor banda tributo do país. Fundada en 1995 por Toñito e Tomás, cantante e guitarrista do grupo, tocaron por toda Galicia e a península Ibérica, teloneando a grandes bandas como Whitesnake, Los Suaves, Rosendo e moitos máis. O resto dos seus membros son: Sergio Vázquez (baixo); Roberto Pérez (guitarra), e Sito Sandá (batería). Unha banda coa que podes pechar os ollos e sentir que escoitas ós auténticos AC/DC en Negreira.

 

Calle del ruido

É unha banda que fusiona rock, metal e efectos dixitais coa fin de crear un estilo persoal e difícil de clasificar. Foi fundada en xaneiro de 2010 por Tomás Parrado, a cal se uniron posteriormente Enrique Tilve, Manuel Martínez e Antonio Rebolo, tendo a súa orixe en Meis (Pontevedra).Tras actuar en directo en  distintos festivais, salas e locais, presentando repertorio e facendo unha primeira toma de contacto co público, a finais de 2011, deciden grabar a súa primeira maqueta, de corte máis persoal.

Un dos concertos o que máis cariño lle teñen, foi o realizado en Negreira para telonear nas festas de San Cristovo ao grupo "Astarot".

 

negreira-eiel-1.jpg

O presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, estivo hoxe en Negreira, acompañado polo alcalde nicrariense, Manuel Ángel leis Míguez, onde explicou os detalles da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais, desenvolvida en colaboración coa Universidade de A Coruña, que contén 4,5 millóns de datos sobre os equipamentos municipais.

 

 Un total de 260,6 quilómetros de estradas atravesan Negreira, mentras que Brión conta con 34 instalacións deportivas, e en Ames hai un total de 16.135 vivendas das cales 3.745 están desocupadas. Pola súa banda, no concello de A Baña se sitúan 12 centros cívicos e unha biblioteca. Son algúns exemplos dos datos que xa están dispoñibles a través da web da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL).

 

 As novidades desta nova versión da enquisa, que constitúe o repertorio máis completo das infraestruturas e servizos locais dos concellos da provincia, foron presentadas hoxe en Negreira polo presidente provincial, Valentín González Formoso, aos representantes municipais de concellos da contorna como A Baña, Santa Comba ou Noia.

 

 Valentín González Formoso definiu a EIEL coma unha "completa radiografía dos equipamentos dos concellos de menos de 50.000 habitantes" e destacou o seu “especial interese e utilidade” para os alcaldes, posto que pon a disposición multitude de datos útiles “para o deseño das políticas e a planificación de obras e investimentos tanto dos concellos como da propia Deputación".

 

Formoso anunciou que a sétima actualización da enquisa, na que a Deputación está traballando en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), estará completada este verán e "catalogará un extenso inventario de máis de 4,5 millóns de datos".

 

negerira-eiel-3.jpg

exponav-1.jpg

A Deputación da Coruña achegará a Negreira, a mostra itinerante Xigantes, onde estará entre o 4 e mailo 29 de outubro. A exposición Xigantes: Os petroleiros de Astano 1964-1982, está organizada cos fondos da Fundación Exponav de Ferrol. Con ela preténdese dar a coñecer en toda provincia a importancia do Museo da Construción Naval de Ferrol, o máis importante de España no seu ámbito, e mostrar o traballo feito nos estaleiros ferroláns entre os anos 60 e 80.

A itinerancia da mostra comezou o pasado 4 de xullo no concello de Laxe, para percorrer logo os de Muxía, Ribeira, Muros, Corcubión, Negreira, Cariño, Oroso, Betanzos, Arteixo, As Pontes e Rianxo, onde rematará o ciclo en febreiro de 2018.

 

Historia naval ferrolá

A exposición permitirá ao público coñecer en profundidade como foi o proceso de construción dos grandes buques petroleiros que forman parte da historia naval da comarca de Ferrol como o Al Andalus, Texaco, Arteaga, Carthagonova, Mónica María ou o Ocean Park. Xigantes de aceiro , algúns deles con máis de 300 metros de eslora, construídos por encargo dalgunhas das principais compañías petroleiras de transporte marítimo do mundo no momento de maior esplendor da construción naval da nosa provincia, que converteu á comarca ferrolá nun punto de referencia industrial do país.

 

Grandes dimensións

Dadas as grandes dimensións da mostra orixinal, que xa se exhibiu na sede de Exponav e en Fene, disporase dun mínimo de paneis que se exhibirán en todos os concellos que participan no ciclo e dunha serie de paneis complementarios que se habilitarán só naqueles recintos que conten con maior espazo expositivo.

 

Tamén se mostrarán un mínimo de dúas maquetas dos buques por exposición , documentos, pezas dos barcos e dous vídeos que explicarán polo miúdo os procesos de construción destes “xigantes do mar”.

 

carteel-galeuropa.jpg

 

Prácticas Formativas non remuneradas  en Empresas Europeas, 100% subvencionadas.

9 PRAZAS.  DURACIÓN PREVISTA DE 3 MESES

9 PRAZAS.  DURACIÓN PREVISTA DE 3 MESES

 

*** PARA PARTICIPAR TES QUE ESTAR INSCRITO NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL, SENÓN AINDA ESTÁS A TEMPO DE INSCRIBIRTE E INFORMARTE.

 

***ESTA BECA CUBRE: GASTOS DA VIAXE, MANUTENCIÓN, SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL, ALOXAMENTO, CURSO DE INGLÉS, CURSO DE ORIENTACIÓN E FORMACIÓN LABORAL, PRÁCTICAS NAS EMPRESAS NO PAÍS ELEXIDO, SEGUEMENTO DURANTE TODA A ESTANCIA, ETC…

 

***PARA MÁIS INFORMACIÓN;

- CONCELLO DE NEGREIRA. (www.concellodenegreira.gal) Tlfno; 881.035.150 / 881.035.162. (Sonia Ponte Esturao, Sonia Nieto López e Natalia Suárez García). Email; Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

- CONCELLO DE VAL DO DUBRA. (www.valdodubra.gal). Tlfno: 981.88.90.00 (Ana Lucía Calviño Canedo) email; Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

***PRAZO PARA INSCRIBIRSE; ATA O 31 DE XULLO DE 2017  INCLUSIVE. (Nos rexistros xerais dos Concellos de Negreira e Val do Dubra)

 

*** PREVISIÓN DE INICIO DA MOBILIDADE; 1 SETEMBRO ATA 30 DE NOVEMBRO.

 

*** PREVISIÓN INICIO DOS TALLERES: 1 DE AGOSTO ATA O 31 DE AGOSTO.

galeuropafoto1.jpg

O Concello de Negreira promove un ano máis o programa de mobilidade transnacional Galeuropa. A través del, a mocidade nicrariense poderá facer prácticas formativas non remuneradas 100% subvencionadas en empresas do Reino Unido e de Finlandia.

 

A iniciativa está destinada a mozos e mozas de menos de 30 anos inscritas no Sistema de Garatía Xuvenil. Ofértanse 9 prazas entre os concellos de Negreira e Val do Dubra, co que existe un convenio de colaboración.

 

A duración estimada é de 3 meses e prevese que a mobilidade comece o 1 de setembro, estendéndose até o 30 de novembro. A bolsa cubre todos os gastos de viaxe, aloxamento, manutención e seguros, así como cursos formativos en inglés e orientación laboral.

 

O prazo de inscrición vai do 9 ao 31 de xullo. Para anotarse ou obter máis información deben poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello de Negreira (teléfonos 881.035.150 / 881.035.162).

 

Poden consultarse as bases completas pinchando na seguinte ligazón: 

 

galeuropafoto_3.jpg

foto.jpg

O Concello de Negreira vén de convocar o VI certame de poesía "X. M. López Ardeiro". Un premio que desta volta, como novidade, inclúe tamén dotación económica.

 

Ao igual que en anteriores edicións, o  poemario gañador será publicado por parte da Xunta de Galicia, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora, que nesta ocasión recibirá ademais 700 euros. Haberá, así mesmo, un segundo premio, que constará de 300 euros.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deberán ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700.

 

Cada persoa poderá participar cunha única obra. Para iso deberá presentar unha copia impresa e outra dixital baixo sistema de plica a través da Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

 

O prazo para participar xa está aberto e esténdese até o 4 de decembro de 2017. A entrega de premios será o día 22 dese mesmo mes, coincidindo co 10º aniversario do pasamento do poeta de Logrosa, X. M. López Ardeiro.

 

Pódense consultar as bases completas na seguinte ligazón:  

Foto_Cotro.jpg

 

O Concello de Negreira programa unha ruta de sendeirismo que subirá ata o mirador do Cotro, en Campolongo.

 

 Terá lugar o sábado, 5 de agosto, con saída ás 9.30 da mañá. O percorrido, dun nivel de dificultade media, conta cuns 10 quilómetros . Logo de subir ao mirador, farase o retorno en autobús, chegando sobre as 13h a Negreira.

 

Máis información no departamento municipal de Cultura e Deportes.

FOTO-ADOS.PNG

O Concello de Negreira colabora coa campaña solidaria #súmatedoasangue.

 

En apoio á Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS), dende o consistorio nicrariense impúlsase a participación nas campañas de doazón de sangue, que no verán se atopan con maiores dificultades. Así, procúrase sensibilizar da importancia deste acto solidario e tratar de garantir unha participación axeitada para cubrir as necesidades dos hospitais. 

 

Nos vindeiros días o Concello distribuirá unha carta informativa entre a veciñanza para solicitar a súa colaboración. Recordamos que poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos que pesen máis de 50 quilos. Na nosa vila poerán facelo o martes, 8 de agosto, cando unha unidade móbil de doazón de sangue estará situada diante do Centro de Saúde en horario de 9.30 a 14.30 e 16.00 a 21.00 horas. Nese día, ademais, persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen antes de levar a cabo a doazón.

 

Os hospitais galegos precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. Negreira acadou 64 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e o obxectivo é manter a participación nas cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).

 

Dende o Concello de Negreira faise un agradecemento especial ás persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. 

Foto-trofeo-Manolo-Martn.jpg

O Concello de Negreira quere convidar ás familias de Negreira con fillos e fillas menores de 15 anos, a asistir ao XXXIV Trofeo Manolo Martín de fútbol que se vai disputar o martes 8 de agosto no Estadio Abanca – Riazor, de A Coruña, entre o Fabril e mailo Real Madrid Castilla, a partir das 18:30 horas.

Arsenio Iglesias será o encargado de realizar o saque de honra, e toda a recadación irá destinada á recuperación do santuario da Virxe da Barca, en Muxía.

As entradas para os maiores de 15 anos terán un custo de cinco euros. O Concello informa que os sub15 teñen acceso de balde mediante o convite que poderán retirar na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura de Negreira.

verancultural010817.jpg

Remata o mes de xullo pero continúa o Verán Cultural do Concello de Negreira. Logo da clausura da primeira tanda dos cursiños de natación, hoxe comezan os dos mes de agosto nas instalacións da Piscina Municipal.

 

Así mesmo, continúan no Centro Sociocultural os obradoiros de manualidades e xogos Diververán e no colexio do Coto o campamento urbano Respira.

 

Dentro das citas para os vindeiros días, o venres haberá de novo cultura a pé de rúa, co espectáculo de equilibrismo "WELCOME, Cía. Duelirium". Será ás 21:00h na praza do Concello.

 

Pola súa banda, o sábado terá lugar unha ruta de sendeirismo que subirá ao mirador do Cotro, en Campolongo. Esta andaina, que conta cun percorrido de 10km de dificultade media, sairá ás 9:30 da mañá e o retorno, que será en autobús, está previsto para as 13h.

 

O Verán Cultural inclúe como principal actividade neste mes de agosto a Noite Folk, programada para o día 19 no Refuxio dos Pescadores de Cobas coas actuacions de Uxía Senlle, Treixadura e Tiruleque.