ardeiro191218.jpg

O Concello de Negreira convocou para o xoves día 20 de Nadal, ás 19:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural, o acto do fallo do VII Certame de poesía "Xosé M. López Ardeiro", cuxo poemario gañador será editado e publicado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, facéndolle entrega de 200 exemplares ao autor ou autora. Ademáis, e por segundo ano consecutivo, o gañador opta a un premio económico por parte do Concello de Negreira de 700 euros para o primeiro premio, e de 300 euros para o finalista.

 

Os traballos, escritos en lingua galega, deben ser orixinais e inéditos; cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición, alcanzouse un número de 24 traballos presentados, entre os cales, o xurado elixiu a dous finalistas.

 

O xurado do VII Certame de poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, está formado por José Antonio Ponte Far, escritor; Xulio López Varcárcel, poeta; María Rey e María Sandez, profesoras do instituto Xulián Magariños, e Diana Varela.

 

O acto contará coa asistencia do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; e de Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia. Para pechalo acto contarase coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol.

certameardeiro201218.JPG

Raúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, presentado baixo o pseudónimo de Barca de tinta, e natural do concello de Brión, é o gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, cuxo fallo do xurado e entrega, tivo lugar esta tarde nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural, coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, encargado de entregarlle o galardón cunha dotación económica de setecentos euros. Ángeles Madriñán González, con Animais e outros deuses, natural de A Estrada, foi a outra finalista, quen recibiu un premio de trescentos euros.

 

Cando o alcalde do Concello de Negreira, participou no acto, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario, e maila entrega de douscentos exemplares ao gañador. Dase a circunstancia, de que Raúl Gómez Pato foi finalista na edición de 2017 que gañou a teense, Claudia Castro.

 

O xurado, conformado por José Antonio Ponte Far, escritor e catedrático en Lingua e Literatura, xunto ao poeta Xulio López Valcárcel, e as profesoras María Rey e María López Sández, docentes do instituto Xulián Magariños, así como a avogada e poeta, Diana Varela Puñal, valorou a «unidade e alento poético, que non decae ao longo das páxinas, e a densidade conceptual».

 

Este acto cultural e social, rematou coa actuación da Coral da Universidade Sénior de Ferrol, chegada ata Negreira por mediación de José Antonio Ponte Far, membro deste coro ferrolán.

redtour211218.jpg

Este sábado 22 de decembro celébrase o decano dos festivais de Nadal, que alcanza a súa vixésimo oitava edición, convertido nun gran escaparate musical, de baile galego, ou de exhibicións de disciplinas deportivas coma o kárate e a ximnasia rítmica. É o Gran Festival de Nadal, que o Concello de Negreira promove en colaboración coa Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, con entrada de balde, e dende as 18:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Na súa 28 edición, o festival contará coas seguintes actuacións e exhibicións:

 

Grupo de Danza Tradicional Veiga do Cotón

Escola Municipal de Baile Galego

Escola de Kárate Akai Ryu

Escola Municipal de Pandeireta

Agrupación de acordeóns Xosé Manuel Suárez

Coro da Asociación de Xubilados de Negreira

Escola Municipal de Ximnasia Rítmica

 

E dúas actuacións especiais como son as do espectáculo aéreo ¨Sue Moreno¨, e a presentación en exclusiva para Negreira e comarca, da nova dianteira de cantantes da afamada orquestra Olympus, comandada por Jorge Ferre, xunto con Néstor Peña (ex-El Combo Dominicano), Nakary Palumbi (ex-Aché), Tania Domínguez (ex-La Fórmula), e Fer Sánchez (ex-Aché).

 

Como fin de festa haberá unha chocolatada para todos os asistentes.

 

Festival de Nadal.jpg

bonadal211218.jpg

O alcalde-presidente do Concello de Negreira, Jorge Jesús Tuñas Caamaño, en nome da Corporación Municipal, deséxalle a toda a veciñanza, así como a institucións, amigos e visitantes, un Feliz Nadal e un próspero ano 2019 nestas datas tan entrañables e cheas de felicidade, sobre todo para os máis cativos.

 

Neste Nadal, o Concello de Negreira felicita as festas cunha postal navideña co debuxo que foi elaborado polos nenos e nenas da Aula de 6º curso ´C´, de Infantil, do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto, gañador este ano do Concurso de Cartaces que anuncia a programación navideña e felicita as festas de Nadal no noso concello.

foto_esqui.jpg

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 25 de xaneiro e mailo 25 de febreiro de 2019, viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, de cara a fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas, de entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios da provincia, e estarán repartidos en cinco quendas de catro días de duración cada unha.

Negreira participará na primeira quenda, do 25 ao 28 de xaneiro, xunto con A Baña, Ames ou Val do Dubra. As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A inscrición pódese formalizar na Delegación de Cultura e Deportes ata o día 10 xaneiro, onde deben presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante

A ficha de inscrición e toda a información correspondente á Campaña de Esquí 2019 poderase descargar da páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal/deportes

os_fabulosos_cleaners.jpg

Trátase dun espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos. Unha fantástica experiencia visual para participar toda a familia, este xoves día 3 de xaneiro, no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 18:00 horas, dentro da programación de Nadal, e a cargo da compañía Malasombra producións dirixida polo actor Xoque Carbajal, a quen acompaña Jouse García.

O autor alicantino Luís Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros), dirixe a parte técnica deste espectáculo.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade, as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes dous personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repreto de milleiros de pompas de xabón.

alimentos_torneos_solidarios.jpg

A Asociación Deportiva Nicrariense (ADN), fixo entrega hoxe ao Concello de Negreira, da axuda solidaria recollida durante a celebración do segundo Torneo de Nadal, o pasado sábado 29 de decembro, nas instalacións do campo municipal de Cepelo.

Trátase de alimentos non percedeiros que foron doados aos Servizos Sociais Comunitarios para a súa posterior entrega entre as familias con menos recursos do concello, nun acto ao que asistiu o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

foto_torneo.jpg

O primeiro Torneo de Nadal ¨Concello de Negreira¨, de xadrez, contou coa participación de xogadores de Negreira e de comarcas próximas, destacando a presenza de David Cernadas, campión galego Sub-12, de A Pobra do Caramiñal, ou Iago Fernández, campión galego Sub-10, de Noia, nun evento que estivo coordinado por Alberto Dios.

No torneo participaron máis de 30 xogadores, quedando como campión David Cernadas, ó facer pleno de 5 victorias. Seguirían a este no escalafón, Iago Fernández e Nicolás Amado.

 

foto_grupo.jpg

 

En canto á clasificación por idades, compre dicir que o primeiro Sub-14 foi Miguel González, seguido de Pedro Varela e de Hugo Domínguez Conde. Finalmente, os premios locais recaeron como primeiro Sub-14 en Hugo Domínguez Búa; primeiro Sub-10 en Daniel Santomil e, primeiro Sub-8 para Xabier Tosar.

 

DSC 0458

Os Reis Magos ultiman a súa chegada a Galicia e, en particular, de cara a participar na Cabalgata de Reis en Negreira durante a tarde do sábado 5 de xaneiro, acompañados polos paxes reais que este ano estrean traxe. O desfile arrincará ás 18:00 horas dende o Campo da Feira, coa recepción oficial na Casa do Concello, onde as súas Maxestades saudarán a tódolos nenos e nenas dende o balcón consistorial, sendo recibidos polo Alcalde.

 

Novidades

Este 2019 a Cabalgata de Reis contará cunha gran animación, a cargo de personaxes de Elfos e de Disney, de muñecos con luces, zancudos, os Xigantes de Liñaio, ademáis de dous vehículos con agasallos, gaiteiros e a Banda Municipal de Música.

Os Reis Magos pasearán por Negreira nas súas carrozas engalanadas. Está previsto que pasen pola Carreira de San Mauro, a avenida de Santiago, a rúa Fonte do Carme, Castelao, Rosalía de Castro, avenida das Brañas, Cachurra e a rúa do Carme. Trala recepción, continuarán o seu percorrido polo Camiño Velo e a rúa do Corzán, ata chegar ao pavillón do colexio do Coto. Durante o percorrido da Cabalgada, vaise a cortar ao tráfico as rúas afectadas, polo que prégase a colaboración veciñal. E diante da Casa do Concello, acotarase o espazo necesario sen aparcamento de coches.

 

A festa

Os nenos e as nenas que visiten aos Reis Magos durante a festa no pavillón escolar recibirán un agasallo e poderán entreterse cos personaxes de Disney, os Elfos e toda a animación participante na Cabalgada.

 

itv_ciclomotores070119.jpg

Informámos que a unidade móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:

- O 27 de febreiro. De 9:00 a 13:30 horas

- Ubicación: Campo da feira

 

Para solicitar cita previa:

- Por teléfono: 902 30 90 00

- A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.