foto_torneo.jpg

O primeiro Torneo de Nadal ¨Concello de Negreira¨, de xadrez, contou coa participación de xogadores de Negreira e de comarcas próximas, destacando a presenza de David Cernadas, campión galego Sub-12, de A Pobra do Caramiñal, ou Iago Fernández, campión galego Sub-10, de Noia, nun evento que estivo coordinado por Alberto Dios.

No torneo participaron máis de 30 xogadores, quedando como campión David Cernadas, ó facer pleno de 5 victorias. Seguirían a este no escalafón, Iago Fernández e Nicolás Amado.

 

foto_grupo.jpg

 

En canto á clasificación por idades, compre dicir que o primeiro Sub-14 foi Miguel González, seguido de Pedro Varela e de Hugo Domínguez Conde. Finalmente, os premios locais recaeron como primeiro Sub-14 en Hugo Domínguez Búa; primeiro Sub-10 en Daniel Santomil e, primeiro Sub-8 para Xabier Tosar.

 

DSC 0458

Os Reis Magos ultiman a súa chegada a Galicia e, en particular, de cara a participar na Cabalgata de Reis en Negreira durante a tarde do sábado 5 de xaneiro, acompañados polos paxes reais que este ano estrean traxe. O desfile arrincará ás 18:00 horas dende o Campo da Feira, coa recepción oficial na Casa do Concello, onde as súas Maxestades saudarán a tódolos nenos e nenas dende o balcón consistorial, sendo recibidos polo Alcalde.

 

Novidades

Este 2019 a Cabalgata de Reis contará cunha gran animación, a cargo de personaxes de Elfos e de Disney, de muñecos con luces, zancudos, os Xigantes de Liñaio, ademáis de dous vehículos con agasallos, gaiteiros e a Banda Municipal de Música.

Os Reis Magos pasearán por Negreira nas súas carrozas engalanadas. Está previsto que pasen pola Carreira de San Mauro, a avenida de Santiago, a rúa Fonte do Carme, Castelao, Rosalía de Castro, avenida das Brañas, Cachurra e a rúa do Carme. Trala recepción, continuarán o seu percorrido polo Camiño Velo e a rúa do Corzán, ata chegar ao pavillón do colexio do Coto. Durante o percorrido da Cabalgada, vaise a cortar ao tráfico as rúas afectadas, polo que prégase a colaboración veciñal. E diante da Casa do Concello, acotarase o espazo necesario sen aparcamento de coches.

 

A festa

Os nenos e as nenas que visiten aos Reis Magos durante a festa no pavillón escolar recibirán un agasallo e poderán entreterse cos personaxes de Disney, os Elfos e toda a animación participante na Cabalgada.

 

itv_ciclomotores070119.jpg

Informámos que a unidade móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira na seguinte data e ubicación:

- O 27 de febreiro. De 9:00 a 13:30 horas

- Ubicación: Campo da feira

 

Para solicitar cita previa:

- Por teléfono: 902 30 90 00

- A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias.

compartimosplan.jpg

Unha vez rematada a fase de diagnose, a Deputación da Coruña ten o pracer de convidarvos aos foros propositivos e de priorización do proxecto ¨Compartimos Plan¨, na comarca de Barcala, este xoves día 10 de xaneiro, ás 9:00 horas, no Telecentro da Casa da Cultura.

 

Nestes foros analizaranse e priorizaranse as liñas de acción das futuras políticas de igualdade provinciais, polo que é moi importante a participación neste proxecto, xa que terá un importante impacto nas políticas de igualdade locais e comarcais, en canto orzamentos, servizos e recursos.

 

No afán de que Compartimos Plan sexa un proxecto dinámico, participativo e colaborativo, a este foro estades convidadas todas as persoas que podades ofrecer achegas no relativo ás políticas de igualdade e de prevención de violencia de xénero, polo que está aberto a persoal técnico, persoal político, tecido asociativo, centros educativos, corpos e forzas de seguridade, centros sanitarios, tecido empresarial, etc.

 

Para unha adecuada organización do foro, é importante que todas as persoas que asistan ao mesmo confirmen a súa asistencia pulsando na imaxe ou na web http://compartimosplan.com/

vacina080119.jpeg

O Concello de Negreira informa que durante todo o presente mes de xaneiro, pódense solicitar as axudas municipais para as vacinas de meninxite B nos Servizos Sociais Comunitarios, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá.

 

Os beneficiarios serán menores de 18 anos daquelas familias en situación de precariedade económica e, a quenes o seu médico ou pediatra lles dispensara a citada vacina.

 

Para máis información: 981 885 381.

quendixomedo.jpg

Os nosos parabéns para a alumna do instituto Xulián Magariños, Alicia Romarís Valeria, como gañadora do II Concurso de Pintura mural convocado pola campaña ¨Quen dixo medo¨, da Área de Igualdade da Deputación da Coruña.

 

Desde a campaña Quen dixo medo, farán entrega este xoves 10 de xaneiro, no propio centro, do premio consistente nun reproductor de música ipod de 32 gb e poderá plasmar a súa obra nun espazo habilitado polo Concello para tal fin.

xeadas090118.jpg

O Concello de Negreira continúa co dispositivo especial para esparexer sal na rede viaria municipal contra as xeadas, a través do servizo que prestan os voluntarios de Protección Civil, e co compromiso de dar resposta a todas as peticións dos veciños.

 

Desde o Concello facemos un chamamento á veciñanza para que chamen se teñen problemas con zonas ou puntos perigosos pola presenza de placas de xeo.

 

O número de teléfono de Protección Civil para avisos por mor das xeadas é o: 673 359 936.

contedores100119.jpg

A nova empresa concesionaria do servixo de recollida do vidro no concello, dacordo ao convenio que o Concello mantén con Ecovidro, iniciou esta semana as tarefas de limpeza dos contedores verdes e unha mellora na súa distribución, e nos cales se depositan este tipo de residuos, segundo o acordado para a prestación do servizo.

 

puntolimpo100118.jpg

 

Ascán, é unha empresa especializada na recollida de residuos, e que desde o pasado mes de decembro, tamén asumiu a recollida dos envases de plásticos dos contedores amarelos no noso municipio, así como a xestión do Punto Limpo, sito no Parque Empresarial, que mantén o horario de atención ó público:

 

* Luns a xoves: 09:00 a 13:00 horas

* Venres: 09.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas

* Sábados : 09:00 a 14:00 horas

Os domingos e festivos, a instalación permanecerá pechada.

vilachan.JPG

A última análise sobre o estado da auga que mana da fonte pública de Vilachán, sobre unha mostra tomada o pasado día 9 de xaneiro de 2019, segue a dar ¨auga non potable¨, nos parámetros relativos a bacterias coliformes totais, pois aínda sendo ¨mínima¨ a cantidade de bacterias, segundo establece a lexislación vixente, a auga non é potable, polo que desde o Concello aconsellamos o non consumo da mesma ata coñecer o resultado dunha nova análise, de cara a saber si ditas bacterias desapareceron e volve a ser apta para o consumo das persoas.

planacredita160119.jpg

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de abrir o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

 

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral recoñecendo os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional. Unha vez acreditada toda a experiencia, as persoas obterán unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado.

 

Consulta a información compreta e as cualificacións profesionais que se convocan nos seguintes enlaces:

 

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181214/AnuncioG0534-071218-0001_gl.html


 

E se precisas apoio para facer a túa solicitude, ponte en contacto co Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira,  na primeira planta da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá, ou no número de teléfono:  881 035 162.