galega de teatros e auditorios

O Concello de Negreira contará neste segundo semestre con catro actuacións  dentro da RGTA , dende o Departamento de cultura , sinalan a calidade e variedade na programación para este segundo semestre.

O sábado 6 de setembro inagurase co pasarrúas de Errantes de Troula animación complimentando a Feira do Románico, o venres 24 de outubro As R(h)umorosas con Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez unha comedia onden cantan , bailan e  para rir ata non parar, o sábado 15 de novembro  Las Preciosas Ridiculas da compañía Arroz con costra de Valencia, unha oportunidade única de ver unha adaptación os tempos modernos dun clásico do teatro do século XVII de Moliere e cunha posta en escea espectacular e xa por último o venres 21 de novembro Sen Lingua de Serea teatro  un drama  que fala da violencia de xenero e que nos ven a concienzar cun problema da nosa sociedade.

O pasarrúas sera gratuito loxicamente, as outras tres  faránse no Auditorio Afonso  Eanes  do Cotón coa venda de entradas en www.woutick.es  ou na  oficina de cultura cos prezos de 5€ entrada xeral e descontos do 30%  a persoas maiores de 60 anos e mozos co carné xove ao prezo 3,5€..

O CONCELLO DE NEGREIRA OFERTA MÁIS DE 20 ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA NENOS E ADULTOS, EN DISTINTOS HORARIOS E LOCALIZACIÓNS

O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades deportivas para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Deportes (Casa da Cultura), en horario de mañá.

Para facer efectiva a matrícula en calquera actividade, debes levar a cabo os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición das actividades que che interesen
  2. Entregar a folla de inscrición cuberta, na Delegación de Deportes ou enviar escaneado o documento ao email: alvaro.lira@concellodenegreira.es
  3. Pagar a cota de inscrición na conta bancaria do Concello de Negreira.
    1. IBAN: ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (Abanca)
    2. IBAN: ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (Sabadell)
  4. No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.
  5. Prezo:
    1. 1 actividade: 80 €
    2. 2 actividades: 140 €
    3. 3 actividades: 195 €
    4. En caso de ser familia directa (pais/fillos):
      1. 2 irmáns: 140 €
      2. 3 irmáns: 195 €
  6. Tes que enviar copia do recibo ao email:, ou entregala de forma presencial na oficina de Deportes.
  7. Para dúbidas podes chamar ó número: 981 885 886
  8. As clases comezan o 1 de outubro.

MAIS INFO: ESCOLAS DEPORTIVAS PDF
 

A SD NEGREIRA GAÑA A SUPERCOPA GALICIA

A Sociedade Deportiva Negreira segue facendo historia e este último día de agosto conquistou a primeira edición da Supercopa Galicia, promovida pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), e fíxoo no campo municipal Jesús García Calvo vencendo 1-0 ao conxunto da SD Cultural Areas, do concello de Ponteareas (Pontevedra), grazas a un solitario gol de Gonzalo Suárez no minuto 63 de partido. 

O municipal negreirés viviu un ambiente das grandes ocasións e agora desputará a fase previa da Copa do Rei contra un equipo asturiano ou cántabro, e no suposto de superar esta eliminatoria a dobre partido na última fin de semana de setembro e maila primeira de outubro, mediríase como local a un equipo da Primeira División

O partido estivo marcado pola igualdade, cun maior dominio e chegadas do Cultural Areas no primeiro tempo, se ben, nos últimos minutos do primeiro acto a SD Negreira puido adiantarse no marcador pois dispuso de ata tres ocasións claras de gol. Todo cambio una segunda parte cos trocos introducidos polos locais coa entrada de Adrián Pereira e Martín Pereira que revolucionaron o choque e foi o Negreira o que tivo as mellores ocasións para poñerse en vantaxe, destacando a figura do porteiro visitante Tielas que coas súas paradas mantivo ao Areas na final. 

 

A SD NEGREIRA GAÑA A SUPERCOPA GALICIA2

 

Na entrega final de medallas e maila supercopa participou o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez que cando ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, foron os encargados de entregarlle o trofeo de campións ao capitán da SD Negreira, Juan Diego Rodríguez.

A nosa felicitación en nome da Corporación Municipal de Negreira por este novo fito histórico e o feito de gañar un trofeo tan importante cando aínda está a piques de comezar a Liga 2025/26.    

Concilia

RESOLUCIÓN MADRUGADORES E MERENDAS

Melloras no acceso ao polígono industrial

A Xunta iniciou esta semana as obras para mellorar a seguridade viaria no acceso ao polígono industrial de Covas, en Negreira, na AC-546. Será mediante a conversión da glorieta partida existente nunha glorieta completa, que contará con 31 metros de diámetro exterior.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, supervisou o arranque desta actuación, que conta cun orzamento autonómico próximo aos 50.000 euros. O obxectivo da Xunta pasa por completar os traballos nas próximas dúas semanas. 

O proxecto pretende mellorar a mobilidade na zona ao tempo que se ofrece maior seguridade. As obras inclúen a demolición das semiglorietas actuais e o fresado do seu perímetro exterior.
 

Auga é vida

O Concello de Negreira e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de augas, puxeron en marcha a campaña “A auga é vida. Aprovéitaa” co obxectivo de fomentar un consumo responsable e consciente da auga entre a veciñanza.

A iniciativa busca sensibilizar sobre a importancia da preservación dos recursos naturais. A escaseza de precipitacións e as elevadas temperaturas que se esperan para esta época estival, xunto co avance do cambio climático, teñen un gran impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos.

Para poder manter as reservas hídricas durante as épocas máis secas, é importante realizar un consumo eficiente da auga potábel.

En 2024, o volume de auga consumida polos veciños do Concello de Negreira foi de 409.653 m³. Isto supón unha media mensual de 34.138 m³/mes. Se nos centramos no consumo deste último ano, vemos que o seu valor máximo se acada na tempada estival.

O consumo no mes de agosto foi de 43.460 m³ e, polo contrario, o mes de menor consumo foi decembro, con 29.444 m³. Isto supón que durante o mes de agosto consumiuse un 47 % máis.

Por todos estes motivos, a campaña incide en pequenos xestos do día a día que poden marcar a diferenza, como:

-Pechar a billa no momento de enxaboar os pratos.

-Non tirar lixo polo inodoro nin aceite polo vertedoiro.

-Ducharse en vez de bañarse.

-Utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.

Tamén se recomenda moderar o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar xardíns. Ademais, aconséllase pechar a chave de paso de auga da vivenda en caso de ausencias prolongadas, como nas vacacións de verán.

Esta mensaxe difundirase a través de carteis colocados nos edificios municipais, nas instalacións do servizo de augas e tamén mediante as redes sociais e páxinas web do Concello e da concesionaria.

Espina & Delfín e o Concello de Negreira convidan a toda a cidadanía a sumarse a esta campaña e a colaborar activamente na protección dun recurso vital e cada vez máis escaso.

Foto EOI Negreira

Informámos que está aberto o prazo de inscrición para a sección da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, en Negreira (no IES Xulián Magariños).

Cursos de inglés de todos os niveis desde o A1 (Iniciación) ao C1 (Avanzado). Tamén haberá un curso de actualización de destrezas orais para o nivel B2+.

Toda a información na web da Escola: eoisantiago.gal ou no correo-e: eoi.santiago.negreira@edu.xunta.gal
 

Pleno ordinario de xullo

Comunícase que a Corporación Municipal de Negreira celebrará Pleno en sesió  ordinaria, o luns día 14 de xullo de 2025, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello coa seguinte orde do día:

Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno    Ordinario: do nº 149/2025 ó nº 236/2025, ambos inclusive.

Segundo.- Ratificación do Decreto de Alcaldía 230/2025, de 30 de xuño, relativo á Política de Seguridade (ENS).- Expediente núm. 2025/G003/000249.

Terceiro.- Cesión gratuita ó Servizo Galego de Saúde do Centro de Saúde e a parcela na que se atopa.-Expediente núm. 2025/U048/000001.

Cuarto.- Corrección de erros no Orzamento Municipal para o exercicio 2025.-  Expediente núm. 2025/T002/000002.

Quinto.- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos facultativos nas obras municipais.- Expediente núm. 2025/G016/000003.

Sexto.- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.-Expediente núm. 2025/G016/000004.

Sétimo.- Moción do Bloque Nacionalista Galego de Negreira (BNG) relativa ó “Rexeitamento da subida do canon de SOGAMA e por un novo modelo de xestión de residuos”.

Oitavo.- Rogos e preguntas.

Ampliación horarios festas de San Cristovo

O Concello de Negreira dá a coñecer as modificacións nos horarios por mor das festas de verán que durante os días 11, 12 e 13 de xullo se celebran na vila na honra a San Cristovo.

Poderán ampliar unha hora, como máximo, o horario de peche ordinario os locais de hostalería e, do mesmo xeito, esta medida aplícase á finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración das festas.