escolainfantil2025

Informamos da apertura do prazo para a renovación de matrícula e solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas, de 0 e 3 anos de idade, na Escola Infantil Municipal para o curso 2025-2026.

O prazo de renovación de matrícula vai do día 1 ó 15 de abril, e o de novo ingreso, do 1 ó 30 de abril. O lugar de tramitación é na propia escola en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

A documentación necesaria pódese consultar a continuación, así como descargar os modelos de inscrición.

Sen patrón

No mundo malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?

En Sen patrón, non hai quen made, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido.

Sen patrón é a última creación saída da factoría de Pistacatro Produtora mediante unha residencia artística no auditorio Afonso Eanes do Cotón. Dirixida por Pablo Reboleiro, que tamén é un dos seus malabaristas cando a Aitor Garuz e Santiago Montero, con música a cargo de Manuel Fonte, o espectáculo estréase esta primavera 2025 despois de semanas de creación en Negreira e de dous pases previos para escolares do colexio O Coto.

O espectáculo Sen patrón inclúe circo, malabares e humor, estando adaptado tanto para rúa como para sala. Dende Negreira desexámoslle o maior dos éxitos.  

Certame pintura infantil

O Concello de Negreira promove na súa décimo sexta edición, o Certame de pintura infantil “Negreira en cor”, no que poderán concorrer mozos e mozas de entre 4 e 18 anos de idade, en catro categorías: de 4 a 7 anos; de 8 a 11; de 12 a 14 e de 15 a 18 anos.

A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos. Para a súa presentación haberá liberdade de soportes e tamaños.

O prazo de presentación de traballos ábrese o 22 de marzo até o día 30 de abril, na Delegación de Cultura (Casa da Cultura – 1ª planta 15830 Negreira). Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

Máis información: 676 454 879 ou no enderezo: marcos.perez@concellodenegreira.gal 

Telefónica apaga centrais de cobre

Segundo traslada a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), dependente da Xunta de Galicia, a compañía Telefónica está a levar a cabo o apagado de centrais de cobre que prestan servizo no ámbito territorial da comunidade.

Devandito proceso de peche de centrais lévase a cabo por parte do operador Telefónica co motivo da transformación da súa rede de acceso de pares de cobre e o cesamento no seu uso, ao migrar os usuarios que dependen destas centrais para estar atendidos mediante fibra óptica ou outras tecnoloxías.

Este proceso de apagado das redes de cobre afecta a todos os operadores que presten servizo mediante liñas de cobre. Telefónica realizará o peche completo en maio de 2025.

Como queira que este proceso pode xerar dúbidas e posibles incidencias entre os usuarios finais, para atender calquera consulta ou problema, os usuarios deben poñerse en contacto co seu operador a través das súas canles comerciais habituais.

Concilia Semana Santa

O Concello de Negreira, en liña co seu compromiso coa conciliación familiar e laboral, pon en marcha o programa “Concilia Semana Santa” durante os días non lectivos das vacacións escolares do devandito periodo.

O programa desenvolverase nas xornadas do 14, 15, 16 e 21 de abril, no Centro Sociocultural, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Alí, os nenos e nenas participantes poderán gozar das actividades lúdicas nun espazo seguro, mentres as súas familias compatibilizan as obrigas laborais e persoais.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos e fillas poderán solicitar praza ata o martes 25 de marzo, lembrando que as prazas son limitadas e que se respetará a orde de inscrición.

Con esta acción, a administración local reafirma o seu compromiso co benestar das familias e a importancia de ofrecer solucións prácticas para a conciliación.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (C.I.M.) do Concello de Negreira.

eventos deportivos
Coa chegada da primaveira van a celebrarse os primeiros eventos deportivos desta tempada no noso Concello, e van a ter lugar no Pavillón municipal de Pedra Mámoa.
 
  • Baby Basket - Domingo 23 de marzo (120 participantes)
    Nesta actividade de promoción os nenos dos equipos da zona nados entre 2017 e 2018 (1º e 2º de primaria) van a disputar distintos partidos en canasta pequena, na que será a gran festa do deporte base do baloncesto.
    Organiza: Deleite Baloncesto
     
  • XXXII Torneo de Kárate Vila de Negreira - Sábado 5 de abril (300 participantes)
    O segundo evento máis antigo do noso Concello (despois da Carreira Internacional "A Clásica") terá lugar o primeiro fin de semana de abril, coa participación de numerosos karatecas galegos.
    Organiza: Club Kárate O Coto
  • II Fase 7º Torneo Interescolas ximnasia rítmica - Sábado 17 de maio (700 participantes de Galicia e Asturias)
    Despois da primeira xornada deste torneo celebrado en Burela, a competición recala en Negreira con ximnastas de Galicia e Asturias.
    Será un dos eventos máis multitudinarios deste ano.
    Organiza: Ximnasia Rítmica Compostela
  • XIII Copa Akai Ryu - Sábado 24 de maio (400 participantes de España e Portugal)
    Despois de acadar o recoñecemento como mellor evento deportivo do ano 2024, a Copa Akai reunirá os mellores deportistas galegos e españois.
    Tamén asistirán karatecas de Portugal e a selección nacional de para-kárate en categorías escolares.
    Organiza: Club kárate Akai Ryu
Fisionicra

O Concello de Negreira organiza, a través do Centro de Información á Muller (C.I.M.), dentro da programación do 8M 2025 o obradoiro titulado: “Autoicodado e saúde feminina”, este sábado 15 de marzo. O horario será de dez da mañá á unha da tarde, no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), e nel abordaranse temas tan importantes na saúde feminina como anatomía pelviana e postural, menstruación, estreñimiento, consellos e recomendacións... dende o punto de visto da fisioterapia, xa que serán dúas profesionais deste campo as que impartan a charla: Carmela Rial Hermo e Noelia Suárez Pintor, profesionais e responsables da clínica Fisionicra, en Negreira.

Con este tipo de talleres centrados nas particularidades da saúde feminina, búscase conseguir varios obxectivos coma: 

   • Axudar a empoderar a muller ao proporcionarlles información clara e concisa sobre o seu propio corpor, o que lles permite tomar decisións informadas sobre a súa súa e benestar.

   • Contribuír a desmitificar moitos tabúes e mitos que rodean a saúde feminina. Ao abordar temas coma a menstruación, a menopausia ou a saúde reprodutiva, entre outras foméntase un contexto de apertura e comprensión que aumenta a comunicación entre profesionais e as mullres. 

   • Detectar problemas de saúde temperá con una maior coñecemento sobre a súa autonomía e posibles síntomas.

En resumo, este tipo de obradoiros son esenciais para promover a saúde, a educación e o benestar das mulleres creando unha comunidade informada e saúdable.

Podcast Noelia Suárez

Pleno ordinario

A Corporación Municipal celebrará o luns, día 10 de marzo, a partir das 20:00 horas, a súa sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de marzo, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Orde do día

Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 1/2025 ó nº 67/2025, ambos inclusive.

Segundo.- Ratificación, se procede, do Decreto núm. 41/2025 (Expte: 2025/G003/000045).

Terceiro.- Orzamento municipal 2025. (Expediente: 2025/T004/000001).

Cuarto.- Licitación do Servizo de Atención Temperá (Expediente: 2024/C004/000001).

Quinto.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal dos Socialistas de Negreira en relación co 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Sexto.- Rogos e Preguntas.

Cambio no sentido de circulación na contorna do Xulgado

Dende o luns, día 10 de marzo, as rúas Afonso Eanes e Camiño de Fisterra pasan a ser de dirección única e desaparece o dobre sentido de circulación, agás no pequeno treito onde atópase o edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción por tratarse dunha rúa sen saída.

A partir do 10 de marzo os vehículos accederán á rúa Afonso Eanes a través da avenida das Brañas, tendo saída pola rúa Camiño de Fisterra. Igualmente, os vehículos procedentes do garaxe dun edificio próximo ao Xulgado deberán sair pola rúa Camiño de Fisterra.  

Rúa Camiño de Fisterra
Entroido Barcalés 2025

Nicra Olimpiadas e A Chainasa explora a galaxia, as grandes triunfadoras canda á comparsa Nicradance que levouse un segundo de comparsas e o terceiro de carrozas, respectivamente. As sojras sairon do jaliñeiro leváronse o primeiro en grupos 

Máis de seiscentas persoas participaron no xenuino desfile e concurso do Entroido barcalés con suculentos premios económicos e que este 2025 superou as expectativas máis optimistas, a pesar do frío reinante pola acción dos fortes ventos do nordés.

Máis dunha vintena de participantes nun desfile con comparsas de calidade que non puxéronllo doado ao xurado desta edición.

Disfraces individuais e parellas

1º Vaia par de espantallos (Noia)

2º Mini Greasse (Brión)

3º Ricas filloas para encher as barrigolas (Negreira)

Grupos medianos

1º As sojras sairon do jaliñeiro (Negreira)

2º Bufonada real (Ordes)

3º Os miudiños (Pesadoira)

Grupos locais

1º Peta, peta pandeireta

2º Barcala na feira do Cotón

3º A feira de Rufito

Carrozas

1º A chainasa explora a galaxia (Trazo)

2º Cotón Stadium (Negreira)

3º Había unha vez un circo (Negreira)

4º Os kínder tocaghuevos (Negreira)

Comparsas

1º Nicra Olimpiadas

2º Os paiasos da tele

3º Os kínder tocaghuevos

4º Os Remolóns

Premio Juan Varela á mellor copla

Peta, peta pandeireta