foto-imserso.jpg

O Programa de Turismo, a desenvolver nas quendas que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión. As quendas serán durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2025 e o mes de xuño de 2026. O prazo de presentación é o comprendido do 1 ao 23 de xullo de 2025.

Solicitantes

a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 ou máis anos cumpridos.

b) Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado a) anterior. 

c) Os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.

As persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que se constitúa unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Asimesmo poderán ir acompañadas dos fillos con discapacidade en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.

As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Modalidades

  • Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
  • Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
  • Turismo de Escapada, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
    • Circuitos Culturais.
    • Turismo de Natureza.
    • Viaxes a Capitais de Provincia.
    • Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Servizos incluídos

  • Transporte ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo de medicina xeral, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación social e cultural
  • Póliza colectiva de seguros

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

Prezos por persoa das diferentes quendas.

Dependendo do destino e duración da viaxe, os prezos das prazas son os que figuran no anexo I da resolución.

Reservarase o 1%  das prazas para as persoas con recursos económicos iguais ou inferiores ao importe das PNCs  que alcanzasen maior puntuación nos criterios de valoración, e redúcese o prezo fixado no anexo I nun 50 %.

En concepto de reserva de praza abonarase unha cantidade máxima do 20% do prezo da praza. A totalidade do prezo da praza abonarase 45 días antes do comezo da viaxe.

No caso das quendas que comecen nos meses de outubro e de novembro, cando o tempo que transcorra desde a reserva de viaxe á data de saída do mesmo sexa inferior a 45 días, deberase facer efectivo a totalidade do pago da viaxe no momento da reserva.

Prezos e destinos para a tempada 2025/2026

Solicitude de praza

Solicitud telemática. Consulta de trámites

A solicitude servirá para obter a acreditación da persoa participante que lle permitirá acceder ás prazas convocadas

Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso nun prazo que finaliza o 23 de xullo de 2025, ambos incluidos .

As persoas acreditadas polo Imserso en tempadas anteriores e as que obteñan acreditación nesta convocatoria, unha vez comprobado que reúnen os requisitos, serán baremadas mediante a aplicación dos criterios de valoración 

Poderase viaxar con outra persoa que vaia a presentar a solicitude na mesma provincia, cando sexan iguais os destinos elixidos e a orde de prioridade das prazas solicitadas. 

Criterios de valoración

  • Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)
  • Situación de discapacidade
  • Situación económica
  • Participación no programa en anos anteriores
  • Condición de familia numerosa.

Lugar de presentación

  • A través da Sede Electrónica do Imserso
  • Servizos Sociais Comunitarios
  • Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Xinzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
  • No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
  • En calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Publicas
  • As solicitudes das persoas residentes en Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza, poderanse tramitar nas correspondentes Consellerías de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Máis información

  • No teléfono  912 667 713  IMSERSO. De luns a venres
  • Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou facer chegar consultas.

 

nicrarock presentacion

D'Crooners

D'Crooners é una banda que se adica a versionar éxitos da música dos anos 60, 70, 80 y 90, cun enfoque no soul, rock, pop latino, jazz.

Michael J. Rey  frontman , Marcos Gómez  a guitarra,  Juan Pérez Villavicencio  ao baixo , Juan  Sebastián a bateria e Deby Silva como segunda vocalista forman esta banda de luxo.

A banda busca recrear a atmósfera de épocas douradas da música, incluindo temas de artistas como Elvis Presley, Tom Jones, Tina Turner e grupos como Pink Floyd, Toto ou U2.

Definense ademais pola súa pasión e bo gusto ao interpretar os clásicos, convertendo cada actuación nunha experiencia única. O  seu repertorio é versátil, con diferentes estilos e épocas, co obxetivo de conectar co público e facerlles revivir momentos memorables.

En resumen, D'Crooners é una banda que ofrece música en vivo cun enfoque nos grandes éxitos do século XX, cun estilo versátil e apasionado, ideal para calquer tipo de evento. 

LOITA AMADA

Loita Amada esta composta polos músicos Jásper  a guitarra e voz,  Amós Varela a bateria, Xiana Naval ao trombón , o baixista Alberte Fernández, o guitarrista Davide Salgado e a trompetista Ana Novo.

Este proxecto novidoso  xorde da canción protesta galega. O seu obxectivo é conducir este estilo a ocupar novos espazos e sonoridades.

Loita Amada é a nova poesía galega  e xa dende o  primeiro disco puidemos gozar desa dualidade: amor e loita, a que nos ten acostumados Jásper e que queda reflexada á perfección co nome da banda.

Todo isto  mesturando estilos que van dende a muiñeira ao vals, dende a xota ao rock forte.

Toda unha declaración de intencións e un golpe na mesa, reivindicándose como unha das bandas con maior proxección dentro da actual escena musical galega.

 

POI

O artista galego Tonhito de Poi co seu proxecto musical que combina rock, electrónica e chamanismo, cunha forte mensaxe de respecto á natureza e á identidade galega.

«É un proxecto que xorde de moitos anos de amizade e de traballar xuntos. A música de POI ten tres ingredientes: rock, electrónica e unha parte mística que conecta coa natureza e co animismo, como facían os nativos da selva», explica Toñito.

O grupo está composto por Tonhito de Poi (voz e guitarra), Cristina Morquillas (teclados e produción), Mr. Vieito (batería) e Pache Cruz (baixo). Todos eles aportan o seu talento para crear un son que, segundo os seus integrantes, busca transportar ao público a un universo sonoro único.

«Chamámoslle ‘Poi Floyd’ porque temos moita influencia de Pink Floyd, sobre todo na parte máis atmosférica e psicodélica», comenta Morquillas.

cartel-nicrarock-2025.jpg
Concilia

O Concello de Negreira abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Negreira concilia Madrugadores e concilia Merendas que se desenvolverán nas instalacións do colexio O Coto.

Documentación:

- Modelo normalizado de ficha de inscrición.

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre o menor e os proxenitores

- Xustificante da situación de emprego dos proxenitores.

- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

O persoal técnico responsábel do servizo pode requerir outra documentación complementaria ou adicional que se precise. 

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello, ou de xeito presencial no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, de luns a venres, dende o 7 ao 15 de xullo.

verán deportivo

A Concelleira de Deportes Maria del Mar García e o Concelleiro Adolfo Barbosa presentaron o  programa de actividades deportivas para este verán, dirixido a tódolos públicos e cunha oferta variada que busca fomentar a participación e o exercicio físico durante os meses de xullo, agosto e parte de setembro.

O programa, deseñado polo departamento de deportes, inclúe disciplinas como fútbol, baloncesto, natación e sendeirismo, ademais de actividades específicas para os máis novos, como talleres deportivos e xogos populares.

As actividades levaranse a cabo en diferentes instalacións municipais, como o polideportivo, as piscinas e diversos roteiros naturais da contorna. Haberá, ademais, diversos Campus Deportivos específicos como o “Basket Training Days”, “Clínic de Tenis” e tamén karate. As inscricións para participar nestas actividades xa están abertas e poden realizarse no departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura.

O departamento de deportes, ofrece espazos de encontro e diversión para persoas de tódalas idades. Ademais, a iniciativa conta coa colaboración de varias entidades locais que achegarán recursos e voluntarios para asegurar o bo desenvolvemento de todas as actividades.Tamén destacan as propostas dos clubes locais con iniciativas durante estos meses estivais.

Con esta oferta, Negreira reafirma o seu compromiso co benestar e a súa aposta por un verán activo e participativo, onde o deporte e a convivencia serán os protagonistas.

Actividades destacadas:

- ?????? ?? ?????. Do 7 ao 13 de xullo (Pedra Mámoa)

- ? ???? ????????????? ?? ???????. Sábado 9 de agosto (Cobas)

- ?????? ?????̃? ?? ???????? ? ????́?. Xoves 14 de agosto (Cepelo)

- ???????? ???????? ?? ????́????. Sábado 23 de agosto

- ????? ?? ????. Xoves 28 de agosto (O Coto)

- ????? ????? ????. Sábado 30 de agosto (O Coto)

- ????? ??́? ?? ?????????. Sábado 13 setembro

- ?????? ??? ??????. Sábado 13 setembro (O Coto)

- ???? ?? ???????????. Sábado 27 setembro

cim_definitivas

Rematado o proceso de revisión das solicitudes e atendidas as reclamacións recibidas dentro do prazo establecido, o persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Negreira procede, en cumprimento do Regulamento do Programa "Negreira Concilia", a publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no Campamento Urbano Respira, segundo o disposto no artigo 7 do Regulamento (BOP núm. 45 do 8 de marzo de 2022).

A listaxe definitiva pódese consultar na sección de Publicacións Oficiais a través deste enlace:

LISTAXE DEFINITIVA CAMPAMENTO URBANO RESPIRA 2025


 

Programación VCN
Programación VCN 2
Programación VCN 3
balnearios

O departamento municipal de Servizos Sociais informa da apertura do prazo para solicitar a participación na convocatoria do programa de Benestar en Balnearios 2025 da Xunta de Galicia.  Este programa ofrece estadías de 10 días en réxime de pensión completa en 15 balnearios de Galicia, desde xullo ata decembro de 2025.

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos, xunto a un acompañante.  No caso de ter un fillo/a con discapacidade igual ou superior ao 33%, tamén podería acompañar.

Prazo de inscrición:

O prazo de inscrición é do 17 de xuño ata o 15 de xullo de 2025.

Como e onde se solicita a praza?

Preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A): sede.xunta.gal.  Tamén se pode solicitar presencialmente en calquera rexistro oficial da Xunta, ou rexistro administrativo ou oficina de Correos, presentando o impreso de solicitude que se pode descargar na sede electrónica da Xunta ou na web: politicasocial.xunta.gal.

Custo:

A tarifa varía en función do establecemento escollido.  A Xunta de Galicia financia ata o 48% do custo total. O prezo indicado é por persoa en réxime de pensión completa.

Confirmación da reserva:

Unha vez recibida a confirmación oficial da concesión da praza, débese contactar directamente co balneario escollido para reservar a quenda cun depósito de 30 €, aboándose o importe restante á chegada.

Para máis información, os interesados poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

festi

Mediante un Bando de Alcaldía, o Concello de Negreira lembra ás asociacións veciñais, culturais e comisións de festas organizadoras de eventos como festas e verbenas da obrigatoriedade de presentar toda a documentación requerida en prazo, sendo éste, con 15 días de antelación á celebración do evento.

En virtude do Decreto 98/2020, de 2 de xullo, polo que se regula o Procedemento de Autorización da celebración de Espectáculos públicos e Actividades recreativas, lémbrase que a documentación que deben achegar debe incluir, entre outros:

  • Solicitude formal de autorización.
  • Declaración responsábel (facilitarase no Concello).
  • Programa detallado das actividades previstas.
  • Plan de seguridade e medidas preventivas se é o caso.
  • Permisos específicos no caso de utilizar a vía pública, instalacións eléctricas, escenarios, etc.
  • Póliza de seguro de responsabilidade civil e xustificante de pago.

Prazo de presentación: con 15 DÍAS de antelación á celebración da festa ou evento.

O Concello de Negreira quere informárlles que non se tramitarán solicitudes fóra de prazo.

A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Negreira ou telemáticamente a través da sede electrónica, conforme á normativa vixente.

O Concello de Negreira quere agradecerlles de antemá a súa colaboración para o bo desenvolvemento dos eventos e festas dentro do termo municipal. 

imaxe_escola

A Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), presenta o horario das materias grupais do curso 2025-26 e os días en que están na escola os profesores de instrumento para as clases individuais.

O horario exacto das clases de instrumento darase o venres, día 26 de setembro, ás 18:00 horas, sendo a data fixada para a presentación do curso no auditorio Afonso Eanes do Cotón.

Matrícula

O prazo para renovar a matrícula comprende dende o luns 23 ao luns 30 de xuño de 2025. E para o novo alumnado, vai dende o 1 de xullo ao 15 de setembro de 2025. De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, ou de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Negreira.

Para calquera consulta: escolademusicanegreira@gmail.com

Documentos 

cim negreira

Unha vez rematado o prazo de inscrición no Campamento Urbano Respira e reunido o persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Negreira, procédese a dar cumprimento a o disposto no Regulamento do Programa "Negreira Concilia", e publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, segundo o artigo 7 do Regulamento do Campamento Urbano Respira (BOP núm. 45 do 8 de marzo de 2022).

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ser igualmente subsanadas para, no seu caso, poder formar parte da listaxe de agarda.

Establécese un prazo de 3 días hábiles (a contar desde a data de publicación da listaxe) para presentar reclamacións corrixir erros ou defectos que motivasen a exclusión.

A listaxe pódese consultar na sección de Publicacións Oficiais a través deste enlace:

https://www.concellodenegreira.gal/uploads/media/document/decreto-lista…