O Concello recepciona os fondos de Ceibar

Complácenos anunciar que o Concello vén de recepcionar os fondos procedentes do Centro de Estudos e Investigacións Barcaleses (CEIBAR), que se atopaban en dependencias do instituto Xulián Magariños.

O alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez cando aos portavoces do Partido Popular, Rubén Suárez Carballo e do Bloque Nacionalista Galego, José Ramón Blanco Torre recepcionaron os fondos entregados polo que foi director do IES, Adelino Pose Reino e vicedirector, X. Amancio Liñares Giraut cando foi creado este espazo no ano 2011 coincidindo co 30 aniversario do ensino público na comarca de Barcala.

O Concello de Negreira decidiu incorporar os fondos de Ceibar ó patrimonio bibliográfico municipal, facilitando que que exista un espazo para a memoria, consulta e estudos locais dos concellos de Negreira e A Baña. Vaise proceder á catalogación dos fondos que van estar ao servizo do alumnado, investigadores e veciñanza, coa idea que irá agrandándose con novas incorporacións de materiais diversos, con especial atención ás publicacións de autores da comarca de Barcala. 

Gala deporte

O venres día 7 de febreiro no Auditorio do Centro Sociocultural, celebraremos a décimo terceira edición da Gala do Deporte ¨Concello de Negreira¨, coa entrega duns premios que recoñecen os méritos deportivos entre a veciñanza do noso concello, quenes co seu esforzo e compromiso levan o nome de Negreira por toda Galicia e tamén por España adiante, outorgados por un xurado integrado por un representante de cada clube, o técnico municipal de Deporte e o director de Radio Negreira.

 

A 13ª Gala do Deporte comezará ás 21:00 horas e, ademáis dos recoñecementos aos méritos deportivos, tamén haberá actuacións musicais e exhibicións, nunha gala cunha duración aproximada de 90 minutos.

 

Os galardoados/as na XII edición foron:

 

Mellor deportista do 2023 – Iván Pazos Puñal (para-kárate).

Mellor deportista promesa masculino – Hugo Pazos Nieto (kárate) e Gonzalo Pérez Fraga (fútbol).

Mellor deportista promesa feminino – Zaira Barreiro Lodeiro (fútbol).

Mellor club 2023 – Escola Akai Ryu (kárate).

Recoñecemento á traxectoria – José M. Rodríguez López (Rodri)

Recoñecemento colaborador co deporte – Niccalia

Mención especial do xurado – Javier Barca Cantorna, a título póstumo

Recoñecemento a CF Agrón- Barcala

Corte de tráfico

Segundo informa a Policía Local, o luns 27, martes 28 e mércores 29 de xaneiro de 2025 vaise a producir un corte total no comezo da rúa de Castelao para tarefas de retirada de cascallos procedentes da demolición de dous inmobles, nos números 6 e 4 da citada da rúa.

Debido á presenza de maquinaria e vehículos pesados na calzada, faise necesario este corte de tráfico, agás acceso a garaxes.

O Concello de Negreira prega desculpen as molestias ocasionadas. 

Negreira albergará o Campionato Comarcal de Campo a Través Escolar

Un total de 10 centros escolares de Ames, Mazaricos, Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Zas e Negreira participarán o vindeiro xoves 16 de xaneiro no Campionato Escolar Zonal de Campo a Través, nun circuito marcado na explanada do IES Xulián Magariños, nunha proba organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través da Agrupación Deportivas Escolarix coa colaboración do Concello de Negreira.

Estarán presentes nenos e nenas de categoría benxamín (2017-2016), Alevín (2015-2014), Infantil (2013-2012) e Cadete (2011-2010).

As distancias e horarios son os seguintes:

Ás 11:00 h. Benxamín fem.: 500 m. (1 volta circuito)

Ás 11:10 h. Benxamín masc.: 500 m. (1 volta circuito)

Ás 11:20 h. Alevíns fem.: 1000 m. (2 voltas circuito)

Ás 11:30 h. Alevíns masc.: 1000 m. (2 voltas circuito)

Ás 11:45 h. Infantil fem.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 12:00 h. Infantil masc.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 12:15 h. Cadete fem.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 12:35 h. Cadete masc.: 1.500 m. (3 voltas circuito)

Ás 13:00 h será a entrega de medaias para os participantes, sendo premiados os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina.

Os mellores clasificados individuais e os mellores equipos participarán na seguinte Fase Intercomarcal de Campo a Través.

A Xunta realiza labores de limpeza no rego da Portela

acumulación de árbores e outros materiais orgánicos nos cauces dos ríos e dos regatos é un dos factores que favorece o risco de inundacións durante a tempada de chuvias. Por este motivo, Augas de Galicia leva a cabo, no marco das súas competencias, diferentes traballos de conservación e mantemento que nas próximas semanas se desenvolven de xeito paralelo nos concellos de Negreira e de Ames.

No noso concello, a actuación afecta a uns 900 metros do rego da Portela, entre as parroquias de Santa María de Portor e Santa Baia de Logrosa, moi preto do río Tambre. 

En Ames, afecta a 1,3 quilómetros do rego da Pataleira ao seu paso pola parroquia de San Lourenzo de Agrón, igualmente afluente do Tambre. 

 

Pleno ordinario de xaneiro

Infórmase da convocatoria de Pleno da Corporación Municipal de Negreira, en sesión ordinaria, o luns, día 13 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Orde do día

Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 404/2024 ó nº 484/2024, ambos inclusive.

Segundo.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito.

Terceiro.- Plan Normativo do Concello de Negreira para 2025.

Cuarto.- Modificación na composición das Comisións Informativas e Consellos Escolares.

Quinto.- Rogos e preguntas.

Foto felicitación Nadal

Dende a Escola Municipal de Música do Concello de Negreira, queremos desexarvos unhas festas cheas de alegría e un próspero Aninovo 2025!!

Neste álbum de fotos recóllense momentos máxicos onde profesores e alumnado comparten a súa paixón pola música, unindo notas e sorrisos para que este Nadal sexa inesquecible. 

Postal de Nadal

No Nadal, un tempo festivo e de lecer, en Negreira existe unha oferta cultural e deportiva moi diversa, pensada para todos o públicos, pero na que os máis pequenos e pequenas son os grandes protagonistas.

Como cada ano, a postal de felicitación do Concello de Negreira escóllese a través dun concurso de postais navideñas no que participan os alumnos e alumnas dos centros escolares negreireses. Neste 2024 o debuxo gañador corresponde á aula de 1-2 anos, da Escola Infantil Municipal. Moitos parabéns.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome do conxunto da Corporación municipal deséxalles unhas felices festas e un ventureiro ano 2025. 

ampliación horarios festas Nadal

O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación dos horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.

Autorízase a ampliación en dúas horas dos horarios límite de peche establecidos para cada categoría do local nas seguintes datas: Madrugada do día 25 de decembro de 2024; do día 1 de xaneiro de 2025 e do día 6 de xaneiro de 2025, festividades de Nadal, Aninovo e Reis, respectivamente.

 

nuevo reglamento de extranjería

O Concello de Negreira organiza para o xoves 19 de decembro unha nova actividade enmarcada no programa de inmigración, que desenvolve actuacións de asesoramento xurídico en estranxeiría e mediación intercultural.

Este novo obradoiro está destinado especificamente a mulleres migrantes, para informarlles sobre as novidades do novo Regulamento de Estranxeiría, que entrará en vigor o próximo 20 de maio de 2025. Tamén se abordarán técnicas e estratexias para a mellora da empregabilidade das mulleres migrantes residentes no Concello de Negreira, enlazando coas novas figuras de acceso á regularización a través do arraigamento que contempla o novo Regulamento de Estranxeiría.

A execución do programa de inmigración iniciouse no ano 2020 coa colaboración da “ONGD SenValos”, xunto cos Servizos Sociais do Concello de Negreira e contando co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo Plus.

O lugar de celebración do obradoiro será o Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e o acceso será libre e gratuíto para todas aquelas mulleres que desexen participar. Estará impartido por persoal técnico especializado da “ONGD SenValos” e da “Fundación Mujeres”.

O Concello de Negreira, segundo o Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2022, contaba con 271 persoas estranxeiras empadroadas (150 mulleres e 121 homes), o que supón case o 4% da poboación total. As principais nacionalidades de orixe das persoas migrantes de Negreira son Marrocos, Brasil e Venezuela.

A través do programa de inmigración, atendéronse máis de 190 persoas nestes catro anos de execución, das cales un 62% eran mulleres e un 38% homes.