cardio3

Negreira convértese no segundo concello de Galicia, tralo de Ribeira, en formar parte de cardio@ngel, a primeira rede de voluntarios capacitados para realizar unha reanimación cardiopulmonar (RCP) e salvar vidas. Cardioangel é unha iniciativa privada que busca resolver a principal causa de morte no mundo: os ataques de corazón. A solución pasa por un rápido auxilio só coas túas mans, mentres chegan os profesionais sanitarios.

O usuario dado de alta na startup cardioangel lanza unha petición de auxilio cun só click do seu smartphone e a rede de usuarios recibe a alarma para auxiliarlle cando estean preto.

Manuel Ángel Leis, o noso alcalde e Juan Carlos Martínez, CEO da startup asinaron hoxe un convenio que permitirá á cidadanía ter unha formación gratuíta. A primeira será este sábado de 12 a 14 horas no auditorio da Casa dá Cultura.

expropiacion de terreos para sendas peonis

A Deputación da Coruña fixo público os titulares afectados por unha expropiación forzosa para construir dúas sendas peonís en itinerarios provinciais como son a DP-5602 (Negreira a Pontenafonso), íntegramente na zona de Negreiroa e maila DP-1302 (Negreira a Urdilde), no treito entre A Abeanca e a Ponte Ínsua.

En total son 48 fincas afectadas entre as dúas sendas, cuxos propietarios serán notificados por carta nos vindeiros días, se ben a relación de titulares afectados pódese comprobar no Boletín Oficial da Provincia deste luns día 4 de maio.

Deberán comparecer o martes 10 de xuño, no Concello de Negreira, en horario de 10:30 a 10:45 horas, ben persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade como Documento Nacional de Identidade, Tarxeta do Número de Identificación Fiscal e o último recibo do Imposto sobre Bens Inmóveis, podendo facerse acompañar á súa costa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

A partir de hoxe hai quince días naturais para presentar alegacións mediante un período de información pública, a fin de que as persoas interesadas poidan formular por escrito, as alegacións que estimen pertinentes ante a Deputación da Coruña.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/05/05/2025_0000002673.pdf 

coa_cabeza

O auditorio Afonso Eanes do Cotón acolle este venres 9 de maio a estrea do espectáculo “Coa cabeza nas nubes”, da compañía Söa, que estivo a facer unha residencia artística na nosa vila. O primeiro pase está programado para as 12:50 horas e está dirixido a estudantes de 2º e 3º da ESO do IES Xulián Magariños. Pola noite, ás 21:00 horas celebrarase a función para o público xeral.

A peza explora o paso do tempo e a perda da xuventude a través dunha linguaxe artística que mestura danza, clown e música. Abórdanse temas universais como o xogo, a memoria e o esquecemento desde unha perspectiva que pretende conectar co público xuvenil e adulto.

A representación é un traballo conxunto da bailarina, artista circense e coreógrafa Paula Quintas, coa asesoría de Arturo Cobas.

Ficha artística:

• Creación e interpretación: Martín Blanco e Carlota Rosón
• Dirección: Paula Quintas
• Asesoría artística: Arturo Cobas
• Creación musical: Elba Souto
• Iluminación: Violeta Martínez
• Fotografía: Catarina Lobo

Entradas á venda en www.woutick.es ou na Delegación de Cultura. Prezo: 2,50€

Saborea-negreira-2025

O Concello de Negreira no seu labor de promoción e comercialización de servizos e establecementos hostaleiros pon en marcha o “SABOREA NEGREIRA” os días 2, 3 e 4 maio como ferramenta de dinamización da oferta comercial.

Trátase dunha proposta gastronómica e musical en donde 4 locais de hostalaría ofrecen unha tapa elaborada ao prezo de 2,5 € no que os que proben as 4 propostas entrarán no sorteo de premios. Ademáis haberá a actuación de 4 grupos musicais locais en distintos horarios durante os tres dias

HORARIO:

Os locais servirán as tapas dende as 12:00 horas ata as 14:30 horas e de 19:30 horas ata as 21:30 horas.

LOCAIS PARTICIPANTES:

Os locais participantes nesta experiencia culinaria son: Restaurante Lume, Bar D´Tapas, Bar Fontana e Bar Oriel, neles os clientes que queiran participar no sorteo deberán cubrir e votar pola mellor preparación.

ACTUACIÓNS MUSICAIS:

VENRES 2/05  DUO MENTA POLEO – RESTAURENTE LUME 20:30h
SÁBADO 3/05 DUO SUNSET – BAR D´ TAPAS 12:30h
SÁBADO 3/05  SONS DA BARRA -  BAR ORIEL 20:30h
DOMINGO 4/05  DOUS HOMES E UN TERCIO – BAR FONTANA 12:30h

SISTEMA DE VALORACIÓN:

Serán tomados en conta só os puntos da valoración nos tapasportes que teñan os 4 selos dos establecementos participantes.

As urnas cos tapasportes selados serán recollidos o luns 5 e/o martes 6 de maio de 2025.

Terán oportunidade de participar no sorteo do público só os tapasportes con todos os selos do total de establecementos.

SELECCIÓN DA TAPA GAÑADORA:

Entre todas as tapas presentadas, escollerase o establecemento gañador segundo a puntuación acadada.

O reconto da votación dos pasaportes será público e terá lugar en Radio Negreira (107.0 FM)o mércores 7 de maio de 2025.

O resultado darase a coñecer ese mesmo día en Radio Negreira. Así mesmo, será difundido nas nosas RRSS.

PREMIO ESTABLECEMENTO DA TAPA GAÑADORA:

O premio consistirá nun agasallo dun artesán así coma unha e-caixa por valor de 250€ con 39 meses de validez para trocar.

BASES DO SORTEO DO PÚBLICO:

- Participan no sorteo só os tapasportes que teñan o TOTAL de establecementos participantes selados.

- O sorteo entre o público participante terá lugar nun evento final o venres 9 de maio de 2025.

- O gañador deberá estar presente no momento do sorteo. Sacaranse "tapasportes" para cada premio ata atopar un gañador.

- O gañador deberá estar presente no local do sorteo co seu DNI. Non se entregarán os premios a representantes dos gañadores, nin serán validas as autorizacións.

- O premio entregarase única e exclusivamente á persoa que cubrise o tapasporte.

- En caso de ser menor de idade a persoa gañadora deberá estar co seu tutor ou responsable (maior de idade) para recibir o premio.

- No momento de recibir o premio autorizarase a publicación e difusión da foto recibindo o premio correspondente.

PREMIO PARA O PÚBLICO PARTICIPANTE:

- Premio para o primeiro: TV 55´

-  Premio para o segundo: una tarxeta agasallo cortesía de Casa Barqueiro por valor de 100€ (premios con data de caducidade de 1 ano)

- Premio para o terceiro: unha prenda personalizada cortesía de We are b Negreira por valor de 30€ ( premios con data de caducidade de 1 mes)

TAPASPORTE:

Documento no que se recollen os locais e tapas participantes e que deberán selar os establecementos. O tapasporte ten o seu período de vixencia que será o da duración do concurso, terá que estar debidamente cuberto para que sexa válido.

Poderá recollerse en calquera dos establecementos adheridos ao concurso entre o venres 2 e o domingo 4 de maio de 2025. As persoas participantes deberán entregar o tapasaporte nos locais participantes. A data límite para a entrega será o domingo 4 de maio de 2025. Para que os votos sexan válidos cada tapasporte debe ter os 4 establecementos selados e estar debidamente cuberto cos datos.

+ INFO: https://www.rutadastapasnegreira.com/

Teresa Duro
Correo electrónico
correo@correo.es