Visitantes

Un estudo de Telefónica Tech para a asociación Los Pueblos más bonitos de España, á que pertence Negreira por contar no seu territorio co pintoresco paraxe natural de A Ponte Maceira, vén de facer publico que o pasado ano ???? un total de 289.000 persoas visitaron Negreira, maioritariamente pelegríns.

Segundo os datos facilitados por Telefónica Tech durante a temporada alta a afluencia de visitantes é ???????? ?́? ??? ???????. Os meses de maior afluencia foron: ??????, ????????, ????? ? ???̃?.

As viaxes en grupo son as que copan o groso do número de visitantes posto que A Ponte Maceira é un punto de referencia nos itinerarios de excursionistas. Excursións de pelegríns que unha vez finalizado o Camiño en Santiago de Compostela, escollen esta opción para coñecer a nosa zona. Pelegríns dunha procedencia do máis diversa. A nivel internacional, os italianos son os que máis nos visitan. Séguenlle os franceses e os alemáns.

Para este estudo, a empresa Teléfonica baseouse nos datos dos teléfonos móbiles das persoas que pasaban máis de 1 hora no noso termo municipal, polo que os datos son unha referencia que nos permite facer unha composición da realidade turística

Festas de Entroido

As festas de Entroido comezan o venres 28 de febreiro coa actuación da afamada orquestra Olympus, a partir das 22:30 horas na praza do Concello, ademais do DJ Marcos Kintana. Trala véspera, o sábado 1 de marzo chega o seu día grande co Desfile e concurso de carrozas e comparsas. A concentración será a partir das 16:00 horas no Campo da Feira, e o comezo do desfile está fixado para as 17:00 horas, a través da Carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa de Castelao e remate, na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.

A agrupación musical Tíralle do aire abrirá o desfile e unha vez rematado, comezará a actuación musical do grupo Atenas e un DJ, na praza do Concello, lugar para a posterior entrega de 5.000 euros en premios.

Festa infantil

A terceira parada das festas terá lugar o luns, día 3 de marzo, a partir das 17:30 horas no pavillón do colexio O Coto, coa Festa infantil de disfraces. Non faltará a animación musical, os xogos inchables, talleres de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada disfrazada.

Foto Olga Barca

O Concello de Negreira busca recoñecer a labor e o papel das mulleres vinculadas ao municipio ao longo da súa historia. Nesta edición, a distinción recaíu en Olga Barca Mayo, xoven científica negreiresa que destaca por ter unha carreira brillante no ámbito da ciencia e da investigación a base de esforzo propio e traballo duro. Supón ademáis, un claro espello no que a rapazada, e especialmente, as mozas pódense ver reflexadas creando así referentes que, coma no caso de Olga, cheguen lonxe debido ao estudo e o talento.

Olga Barca Mayo comezou os seus estudos en Negreira, primeiro no CEIP O Coto e logo no IES Xulián Magariños (onde comezou a súa paixón pola Bioloxía). De aí, pasou á USC onde cursou o Grao de Bioloxía sobresaíndo nas súas cualificacións. Chegaría co paso do tempo entre outros, o Doutorado en Endrocrinoloxía sobre A Regulación da supervivencia dos astrocitos polas citoquinas involucradas na esclerosis múltiple, no ano 2008 (Sobresaínte “Cum Laude”) e bolsas tan importantes coma o Programa Postdoutoral Maire Curie e o Contrato Ramón y Cajal, así como estadías no extranxeiro (Chicago, Dallas, Genova…).

No ano 2020 comeza a súa andadura coma docente, papel que segue a desempeñar hoxe en día e é neste ano tamén, cando Olga se establece coma investigadora do CIMUS (Centro para a investigación da Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) liderando un grupo de traballo que ten os ritmos circadianos coma exe central. Cun currículum abraiante, con só 47 anos, a investigadora destaca a nivel non só nacional, se non mundial pola súa importante labor científica, fundamental para o entendemento das enfermidades crónicas así coma pola seu traballo divulgativo, en publicacións tan importantes coma Nature Comunications ou Cell Reports.

Por todo isto, e por representar a perfección o espíritu do Premio 8M, Olga Barca Mayo recibirá a IX distinción deste galardón, convidando a toda a veciñanza a arroupar a nosa científica e investigadora local no acto que terá lugar o venres, día 7 de marzo de 2025, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón, ás 20:00 horas, con entrada de balde e que contará con numerosas actuacións e intervencións. 

 

Logo Deputación_daCoruna

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2025 coas seguintes liñas:

As bases das axudas PEL 2025 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 28 de 11/02/2025 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=11/02/2025

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DESDE O 17 DE FEBREIRO ÁS 9:00 HORAS ATA O 17 DE MARZO DE 2025 ÁS 14:00 HORAS.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal/subvencions/)

Lembrámoslle que na web pel.gal pode consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

Estamos a súa disposición para calquera dúbida, aclaración ou consulta.

entroido

O Concello de Negreira informa que por decreto de Alcaldía, autorízase a ampliación de horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007, de 27 de decembro, de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, en relación coa Orde de 23 de outubro de 2020.

Autorízase a ampliación de dúas horas dos horarios límite de peche establecidos para cada categoría do local; nas madrugadas do sábado 1 e domingo 2 de marzo de 2025, con motivo da festividade do Entroido barcalés.

Negreira beneficiarase do Perte de dixitalización do ciclo da auga

Espina e Delfín, o principal grupo galego que se encarga do ciclo integral da auga, obtivo unha achega de 7 millóns de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, do Goberno de España para o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga, sendo a única empresa que conseguiu en solitario fondos para Galicia, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PERTE).

Con este proxecto beneficiaranse nove concellos, entre eles Negreira. Hoxe foi presentado no noso concello por parte de Carlos García, adxunto á dirección de servizos de Espina e Delfín, e José Monteagudo, xefe de servizo, que estiveron acompañados polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. Logo dunha visita á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), situada en Negreiroa, comparecían nos micrófonos de Radio Negreira para explicar en qué consiste o proxecto.

Esta axuda será parte dun investimento de máis de 10 millóns de euros que Espina e Delfín destinará a este proxecto nos nove concellos beneficiados: Cartelle; Cerceda; Coirós; Leiro; Negreira; Palas de Rei; Sarria; Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, que suman 80.000 habitantes.

En qué beneficiará a Negreira?

  • Instalaranse 3.080 contadores intelixentes de telelectura
  • Un caudalímetro nun punto de captación
  • Un analizador de calidade nun punto de captación
  • Control de procesos na ETAP
  • Instalación dun analizador de calidade na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)
  • Sectorización da rede de abastecemento con 9 contadores
  • Unha plataforma xeoespacial GIS
  • Modelización de redes e xemelgos dixitais
  • Mellora da ciberseguridade
  • Aplicación da Intelixencia Artificial (IA) ao control da explotación e calidade da auga
  • Plataforma de acceso público de información
  • Aplicación informática de xestión de abonados
  • Planes directores

Sustitución de 5 bombas existentes e placas solares 

Podcast

concilia_entroido

O Concello abre as inscricións do Concilia Entroido para facilitar a conciliación ás familias de Negreira nos días sen cole (3, 4 e 5 de marzo), estando dirixido a alumnado de 3 a 12 anos, con prioridade para as familias empadroadas en Negreira.

Dita actividade desenvolvérase nas instalacións do Centro Sociocultural, en horario de mañá, de 8:30 a 14:30 horas. ⁣

Para anotarse pódese facer presencialmente no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica do Concello.

Documentos

Orquestra Olympus

Conta atrás para unha das grandes citas das festas do entroido na área de Santiago como son as de Negreira, que este ano se encargará de abrir a orquestra Olympus que volverá actuar en casa despois de dous anos. A última vez foi no entroido de 2023 e este ano amenizarán as vésperas do día grande na praza do Concello, a noite do venres 28 de febreiro, xunto ao disjockey Marco Kintana.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez cando ao concelleiro de Cultura, José Antonio Villar Caamaño e mailas concelleiras, Teresa Duro Leis e María del mar García Vidal presentaron hoxe a programación festeira.

En canto ao sábado, día 1 de marzo, o desfile de comparsas e carrozas repartirá 5.000 euros en premios. Arrincará ás cinco da tarde desde o Campo dá Feira coa charanga Tíralle do aire para transitar polas principais rúas da vila ata terminar diante da Casa do Concello. As inscricións están abertas na Delegación de Cultura ata o mércores 26 de febreiro. Unha vez remate o desfile, actuará o grupo Atenas e un disjockey na praza do Concello para amenizar a posterior entrega de premios.

A última parada do entroido barcalés será o luns 3 de marzo coa festa infantil de disfraces desde as cinco e media da tarde no pavillón do colexio O Coto, que inclúe animación musical e talleres. 

portatil

O Concello pon en marcha unha nova proposta formativa para a veciñanza de Negreira que consiste nun curso destinado a mellorar as competencias dixitais da cidadanía no uso de dispositivos móbiles. Baixo o título: "Acreditación dixital e sedes electrónicas", esta formación ten como obxectivo ensinar aos participantes como obter e utilizar certificacións dixitais e diferentes plataformas de administración electrónica.

O programa abordará temas fundamentais como a obtención do certificado dixital, o uso da chave365 e das distintas variantes do sistema Cl@ve, así como as súas diferenzas. Ademais, trataranse aspectos relacionados coa banca electrónica e o uso de sedes electrónicas de diversas administracións, como o Concello, a Axencia Tributaria, a Seguridade Social, o Sergas, a Xunta ou a DXT.

O curso terá unha duración total de 10 horas e desenvolverase no Telecentro do Centro Sociocultural de Negreira. As sesións serán impartidas os xoves ou venres, en horario de 17:00 a 19:00 horas. O custo da formación é de 15 euros.

As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través da Delegación de Cultura, chamando ao teléfono 676 454 879 ou enviando un correo electrónico a marcos.perez@concellodenegreira.es.

Pleno Extraordinario

Infórmase da convocatoria de Pleno da Corporación Municipal de Negreira, en sesión extraordinaria e urxente, o xoves, día 6 de febreiro, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Orde do día

Primeiro.- Xustificación da urxencia da convocatoria.

Segundo.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de Concellos) “POS + 2025”.