obradoiro_22.jpg

O xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, na provincia da Coruña, Isidoro Martínez Arca, asistía hoxe na Casa da Cultura de Negreira, á inauguración oficial do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, acompañado polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño; da Baña, Andrés García Cardeso; a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e mailo concelleiro dubrés, Óscar Blanco Tasende, responsábel da área de Deportes e Mocidade.

 

O Obradoiro está en operativo dende o pasado venres 2 de novembro, na súa sé, na Casa da Cultura, cun período de formación e traballo de nove meses, no que participan 20 persoas dos catro concellos. Oito, fano na rama de ¨Promoción turística local e información ao visitante¨, e doce, na de ¨Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción¨.

 

obradoiro_11.jpg

 

Separadamente da aprendizaxe, as prácticas do módulo de construcción servirán para desenvolver distintas melloras:

 

- Actuacións de mellora no Centro de Formación Escola-Obradoiro en Santa Comba.

- Actuacións de mellora na Casa da Cultura de Val do Dubra.

- Actuacións de mellora na Gardería de Val do Dubra.

- Actuacións de mellora no Centro de Formación de Val do Dubra.

- Actuacións de mellora no local social de Corneira na Baña.

- Actuacións de mellora no local social e antiga escola parroquial de Ordoeste na Baña.

- Actuacións de mellora Mantemento do local social de Campolongo en Negreira.

- Mantemento da fachada da Casa da Cultura en Negreira.

- Realización de beirarrúas da zona de Campos a Pedra Mamoa en Negreira.

- Mantemento do local social de Cobas en Negreira.

cartaz2010.jpg

O grupo Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, presenta este sábado 10 de novembro no Auditorio do Centro Sociocultural, a súa montaxe ¨2010¨, creada e dirixida por Xan Solo en colaboración coas actrices e actores. A cita é a partir das 21:00 horas.

 

Sinopse

 

Un acontecemento real en abril do ano 2010 é o detonante deste traballo de ficción que se desenvolve tomando como partida ese suceso, no cal, os personaxes se coñecen entre si, nunha situación excepcional das súas vidas.

 

Duración: 60 minutos

Público recomendado: maiores de 12 anos

 

cartaz2.jpg

alertalaranxa2.jpg

O Concello de Negreira suspendeu as actividades deportivas no exterior nas súas instalacións municipais como campos de fútbol, ante as alertas laranxa e amarela, por temporal de fortes choivas e ventos na provincia da Coruña, unhas alertas activadas pola Xunta de Galicia, ás 12:00 horas de hoxe venres 9 de novembro, e que se prolongará ata a medianoite, con ventos superiores aos 100 quilómetros por hora, seguindo as indicacións da Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, que recomenda a suspensión das actividades deportivas no exterior.

escolamusica141118.jpg

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de autorizar mediante unha Orde do 30 de outubro de 2018 que hoxe 14 de novembro publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), a inclusión da Escola de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A partir de agora, a Escola de Música do Concello de Negreira queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

 

 

Esta autorización definitiva pon fin a máis dunha década de espera por esta oficialidade, debido aos contratempos de tipo técnico do que foron obxeto de reparo, nas inspeccións, ás dependencias da última planta do Centro Sociocultural, onde se atopan as aulas da escola municipal.

 

 

Consulta aquí a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

andainacontraviolencia2018.jpg

O sábado 24 de novembro celébrase por sétimo ano consecutivo, a Andaina contra a violencia de xénero que promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), do Concello de Negreira, na conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25N).

 

Ás 09:30 horas, xuntanza no Centro Sociocultural, e ás 10:00 horas saída da camiñada polos paseos fluviais de Negreira ata Cobas, e regreso ao punto de partida, onde haberá unha chocolatada para todas as persoas participantes.

 

Ás 13:00 horas terá lugar o acto de entrega dos premios do VIII Concurso ¨Loita contra a violencia de xénero¨, de cartaces e relatos, convocado entre os escolares de Negreira.

 

A veciñanza de Negreira que queira sumarse á camiñada pode anotarse no Centro de Información ás Mulleres: 881 035 155 / 881 035 154. As primeiras 150 persoas inscritas recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo.

 

#Ninunhamenos

 

camp_reco_aliment.jpg

A Asociación de Amas de Casa de Negreira, en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello, promoven dende hoxe, día 15 de novembro ata o día 10 de xaneiro de 2019, a campaña solidaria de recollida de alimentos de cara ás festas do Nadal, onde os alimentos e produtos de hixiene recadados van ser entregados por Servizos Sociais, ás familias máis necesitadas do noso concello.

 

A veciñanza pode entregar a axuda que estime oportuna nos seguintes establecementos colaboradores:

 

Casa Lula, Froiz, Gadis, Día, Eroski, Perfumerías Muchas

 

Acéptanse toda clase de alimentos non perecedeiros como: conservas; legumes; patacas; cacao; cebolas ou pan tostado, así como produtos de hixiene persoal.

Os particulares, negocios e empresas que queiran colaborar con aportacións, teñen a súa disposición un número de teléfono de contacto: 659 180 323

trasnosezocos.jpg

Este Nadal convértete nun trasno para que ningún neno e nena de Negreira quede sen o seu agasallo. É moi sinxelo, pois o programa Trasnos e zocos, en colaboración co Servizo de Voluntariado do Concello de Negreira, dan a oportunidade de colaborar nesta campaña solidaria.

 

No mes de decembro recibirás na túa conta de enderezo electrónico (email), unha carta na que un neno ou nena pedirá varios agasallos, dos que mercarás só un, por un valor inferior ou igual a 30€ e así, poder facelos felices.

 

Inscríbete e recibe máis información no seguinte enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no número de teléfono: 687 054 635 (preguntar por Merche).

escolas161118.jpg

O programa das Escolas Deportivas Municipais é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Delegación de Cultura e Deportes para os nenos/as e adultos de Negreira. A oferta no noso concello consta das seguintes disciplinas: Atletismo; aerobic; fútbol sala; multideporte; ioga; patinaxe; pádel; predeporte; tenis; xadrez; ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

 

Entre as disciplinas máis demandadas están o fútbol sala con 87 usuarios e a de ximnasia rítmica con 79 en canto a participantes escolares. Pádel ,con 79 usuarios e ioga con 76, son as máis demandas entre os adultos de Negreira.

 

As actividades son impartidas por trece monitores que son os responsables de dirixir e coordinador as distintas actividades, cuxo obxetivo principal é fomentar a practica deportiva entre os máis novos. En canto os adultos, a principal intención é a de mellorar o nivel físico e adquirir destreza nos distintos deportes.

 

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

 

Tamén cabe destacar a competición escolar nas distintas modalidades; así os equipos de fútbol sala das escolas que comezarán a competición o venres 23 de novembro, o equipo de baloncesto que vai pola segunda xornada da competición escolar, e os equipos de atletismo e xadrez que comezarán a súa competición a mediados de decembro.

 

En ximnasia rítmica tamén o pasado ano se acadaron grandes logros a nivel competición, posto que as nosas ximnastas coparon os primeiros postos no primeiro Campionato Inter-Escolas, no que esta tempada participaremos novamente.

bandalarga201118.jpg

O Concello de Negreira informa que a Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego.

 

Esta liña de axudas, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

 

As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a Internet de cando menos 30 Mbps , cun máximo de 20.000 euros por proxecto.

 

Achegamos un folleto explicativo, no que se resumen as principais características da convocatoria, para facilitar a difusión destas subvencións entre os posibles interesados.

 

FOLLETO

 

Para máis información sobre estas axudas poden acceder á seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A, ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga, a través da dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou chamando ao número de teléfono: 981 95 78 68, en horario de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas.

 

O Concello de Negreira informa que a última analítica realizada á auga que mana da fonte de Vilachán, cuxa mostra foi tomada o pasado día 6 de novembro, deu un parámetro negativo, concretamente, o de bacterias coliformes totais, cun resultado de 3 unidades cada 100 mililitros .

 

Ante este resultado anormal, o laboratorio aconsella que se advirta á poboación que a auga da fonte de Vilachán non é potable ao cen por cen, e de feito, o Concello vai colocar un cartaz na fonte para informar á veciñanza.

 

O Concello sinala que dita fonte é sometida a analíticas da auga cada tres meses, e que os resultados sempre foron favorables, agás na última mostra. Por este motivo, dentro dun mes vaise repetir a análise para comprobar se segue dando este parámetro anormal.