FOTO-ADOS.PNG

O Concello de Negreira colabora coa campaña solidaria #súmatedoasangue.

 

En apoio á Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS), dende o consistorio nicrariense impúlsase a participación nas campañas de doazón de sangue, que no verán se atopan con maiores dificultades. Así, procúrase sensibilizar da importancia deste acto solidario e tratar de garantir unha participación axeitada para cubrir as necesidades dos hospitais. 

 

Nos vindeiros días o Concello distribuirá unha carta informativa entre a veciñanza para solicitar a súa colaboración. Recordamos que poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos que pesen máis de 50 quilos. Na nosa vila poerán facelo o martes, 8 de agosto, cando unha unidade móbil de doazón de sangue estará situada diante do Centro de Saúde en horario de 9.30 a 14.30 e 16.00 a 21.00 horas. Nese día, ademais, persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen antes de levar a cabo a doazón.

 

Os hospitais galegos precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. Negreira acadou 64 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e o obxectivo é manter a participación nas cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).

 

Dende o Concello de Negreira faise un agradecemento especial ás persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. 

Foto-trofeo-Manolo-Martn.jpg

O Concello de Negreira quere convidar ás familias de Negreira con fillos e fillas menores de 15 anos, a asistir ao XXXIV Trofeo Manolo Martín de fútbol que se vai disputar o martes 8 de agosto no Estadio Abanca – Riazor, de A Coruña, entre o Fabril e mailo Real Madrid Castilla, a partir das 18:30 horas.

Arsenio Iglesias será o encargado de realizar o saque de honra, e toda a recadación irá destinada á recuperación do santuario da Virxe da Barca, en Muxía.

As entradas para os maiores de 15 anos terán un custo de cinco euros. O Concello informa que os sub15 teñen acceso de balde mediante o convite que poderán retirar na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura de Negreira.

verancultural010817.jpg

Remata o mes de xullo pero continúa o Verán Cultural do Concello de Negreira. Logo da clausura da primeira tanda dos cursiños de natación, hoxe comezan os dos mes de agosto nas instalacións da Piscina Municipal.

 

Así mesmo, continúan no Centro Sociocultural os obradoiros de manualidades e xogos Diververán e no colexio do Coto o campamento urbano Respira.

 

Dentro das citas para os vindeiros días, o venres haberá de novo cultura a pé de rúa, co espectáculo de equilibrismo "WELCOME, Cía. Duelirium". Será ás 21:00h na praza do Concello.

 

Pola súa banda, o sábado terá lugar unha ruta de sendeirismo que subirá ao mirador do Cotro, en Campolongo. Esta andaina, que conta cun percorrido de 10km de dificultade media, sairá ás 9:30 da mañá e o retorno, que será en autobús, está previsto para as 13h.

 

O Verán Cultural inclúe como principal actividade neste mes de agosto a Noite Folk, programada para o día 19 no Refuxio dos Pescadores de Cobas coas actuacions de Uxía Senlle, Treixadura e Tiruleque.

peregrinos070817.jpg

Os datos recollidos dende a Oficina Información ao Peregrino revelan que no pasado mes pasaron pola nosa vila máis de 1.116 camiñantes.  

 

Curiosamente, o número de visitantes reduciuse levemente con respecto ao mes de xuño, no que a cifra era de 1.130. Aínda así, hai que ter en conta que non todas as persoas que chegan á nosa vila quedan rexistradas nos datos da caseta de información, polo que o número é superior.


En canto á súa procedencia, a maioría foron españois, seguidos de italianos, franceses, alemáns, ingleses e estadounidenses. Tamén houbo persoas que chegaron dende lugares como Eslovenia, Letonia, Taiwan ou Malasia.

 

A maioría deles foron homes e a franxa de idade máis común foi a dos 35 aos 60 anos. Ademais, o 98% facían o Camiño de Fisterra por primeira vez, mestres que un 2% optou por repetir.

 

Entre as principais motivacións, a que máis trunfa é a ociosa, combinada coa deportiva e coa espiritual.

carteel-galeuropa.jpg

Xa se poden consultar as listaxes de admitidos para Reino Unido e Finlandia dos participantes no Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil (Galeuropa) promovido polo Concello de Negreira en colaboración co Concello de Val do Dubra.

 

O luns 14 de agosto abrirase de novo o prazo para cubrir as vacantes, seguindo as mesmas bases e criterios de baremación establecidos. As persoas que están nesta listaxe definitiva xa teñen praza reservada en estes paises e non entran en concorrencia coas novas solicitudes. As prazas vacantes serían 3 para Reino Unido e 2 para Finlandia.

 

Acta da listaxe definitiva de Galeuropa

Programa Galeuropa

cartelromanico.jpg

 

Falta pouco máis de medio mes para a celebración desta gran cita no noso Concello.

 

Entre o 1, 2 e 3 de Setembro Negreira volverá retroceder no tempo para converterse nunha vila do románico.

 

Se queren estar ao tanto sobre toda a actualidade deste evento poden facelo a través da súa nova páxina de Facebook: "Feira do Románico Negreira 2017". Ou tamén no seu perfil de Twitter: @FeiradoRomanico.

gaeluropa160817.jpg

O Servizo Local de Emprego informa dunha nova convocatoria do programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) para a agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra. 

 

A idade mínima dos/as participantes é de 18 anos e as solicitudes presentaranse coa ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, colgadas nas webs dos dous concellos participantes) nos Rexistros Xerais dos concellos de Negreira e Val do Dubra.

 

O novo prazo de presentación de solicitudes vai dende o 14 ó 18 de agosto, ambos incluidos, e o número de mobilidades ofertadas son cinco (Reino Unido 3 e Finlandia 2), cunha duración de tres meses.

 

- Mails de contacto: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

- Teléfonos de contacto: 881.035.150, 881.035.162, 981.889.000

 

Máis información:

www.concellodenegreira.gal

www. valdodubra.gal

feiraromanico.jpg

Aquelas asociacións sen ánimo de lucro que queiran ter un posto na rúa na XI Feira do Románico deben entregar unha solicitude no rexistro do Concello.

 

O prazo para resolver o trámite remata o luns 28 de agosto ás 14h.

 

O modeo para cubrir está dispoñible no propio rexistro ou tamén a través da seguinte ligazón.

emprego e o emprendemento rural.jpg

A Asociación Terras de Compostela GDR 19 organiza un curso formativo para o fomento do emprego e da da iniciativa emprendedora no rural.

 

Está destinado á poboación activa, tanto persoas ocupadas como desempregadas, e terá lugar en Boqueixón, A Baña e Ames nas seguintes datas:

 

Boqueixon: 28, 29, 30, 31 de agosto, 1, 6 de setembro de 2017

A Baña: 18, 19, 20, 21, 22, 25 de setembro de 2017

Ames: 28 de setembro, 2, 3, 4, 5, 6 de outubro de 2017

 

O curso é gratuíto e ten unha duración estimada de 30 horas, en sesións de cinco horas (16:30-21:30) durante 6 días. O número de participantes será de 15.

 

Os contidos, distribuídos en catro módulos, están relacionados co desenvolvemento local participativo, os instrumentos para o desenvolvemento, os sectores de invervención económica e o proxecto económico das empresas.

 

Máis información e inscricións a través da asociación Terras de Compostela.

noitefolk2017.jpg

Esta fin de semana terá lugar unha das grandes citas do Verán Cultural do Concello de Negreira.

 

O vindeiro sábado, no Refuxio de Covas, celebrarase a XV edición da Noite Folk. Desta volta, o cartel traerá a Uxía, Treixadura e Tiruleque; cuns concertos que se sucederán por esta orde a partir das 22:30h.

 

Convidamos ao público asistente a que leve os sus instrumentos para facer foliada e recordamos que hai un espazo habilitado para acampar no propio Refuxio.

 

Ademais, o venres 18 haberá unha nova sesión das Noites en Vela na Ponte Maceira. Alí actuará a partir das 22:30 Lulavai, un grupo de arpas celtas composto por catro mulleres que tamén introducen as súas voces.

 

Uxía

Uxía é unha das voces fundamentais da música galega actual. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a nosa música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas e mesturándoa con estilos como a morna, o fado ou con ritmos brasileiros.

 

Treixadura

Dende 1990, Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente, coa música tradicional observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Van alá máis de 25 anos de gravacións e concertos, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

 

Tiruleque

Tiruleque naceu na primavera de 2002 como consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Así, experimentan con repertorio recollido ao longo da xeografía galega e crean tamén composicións propias.