ritmica010618_2.jpg

O Pavillón de Pedra Mámoa acolle este sábado a Fase Final do primeiro Torneo Interescolas, en horario de mañá, de 10 a 14 horas, e maila V Gala de Ximnasia Rítmica do Concello de Negreira, de 17.30 a 20 horas.

 

A Fase Final do I Torneo Interescolas é unha competición coa participación de ximnastas de diferentes escolas como a de Negreira, e maiormente, de municipios da provincia de Ourense, na cal celebráronse as tres fases previas en O Carballiño, Ourense e novamente en O Carballiño.

 

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela e o CEIP Os Tilos, participan nesta competición que naceu pola iniciativa do Club Marusia, con escolas en Ourense, O Carballiño e Ribadavia, da man do Club Rítmica Compostela e a colaboración dos Concellos do Carballiño, Ourense e Negreira. Participan arredor de 400 xóvenes ximnastas.

 

ritmica010618_1.jpg

 

Durante a tarde, e aproveitando esta Fase Final Interescolas, o pavillón de Pedra Mámoa vai a acoller a gala anual con preto de trescentas ximnastas de Negreira, Santiago, Teo ou Oroso. Pertencen á Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira, o CEIP Os Tilos de Teo, do Colexio A Inmaculada, da Escola de Ximnasia Acrobática do Rítmica Compostela, do Ximnasio Squash Santiago, do Club Ximnasia Oroso, do Aeroclub Santiago, do Colexio A Salle, do Colexio Manuel Peleteiro e do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela.

portada040618.jpg

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica pechou con tres ouros, unha prata e un bronce, a súa exitosa participación na primeira edición do Torneo Interescolas, cuxa fase final celebrouse o sábado 2 de xuño, no Pavillón de Pedra Mámoa. Parabéns ás nosas xóvenes ximnastas.

 

Resultados:

Kiara García: 3ª clasificada categoría Iniciación

Sara Verde: 1ª clasificada en categoría Alevín

Xiana García: 1ª clasificada en categoría Infantil

Conxunto Alevín: 2ª clasificadas

Conxunto Infantil: 1ª clasificadas

 

 

Dende o Concello de Negreira queremos felicitar a todas as ximnastas, clubes e familias que asistiron a esta fase final: Escola de Ximnasia Rítmica de Negreira; Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela; CEIP Os Tilos; Club In Mare; Ximnasia Rítmica Abegondo; Club Maniotas; Club Porta Norte; Club Gravitty; Club Ximnasia Coruña; Escola Xiada; Club Marusia Ourense; Marusia Ribadavia; Marusia O Carballiño; Escola Municipal de Maceda, e Escola Municipal de Celanova.

 

Igualmente, o noso agradecemento aos clubes e escolas participantes na V Gala Vila de Negreira: Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira; Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela; Escola Ximnasia Rítmica Compostela; Acrobática Compostela; Club Ximnasia Oroso; Colexio La Inmaculada; Ximnasio Squash Santiago; CEIP Os Tilos; Colexio La Salle; Aeroclub Santiago, e Colexio Manuel Peleteiro.

 

triatlonsolidario18.jpg

Con motivo da celebración este sábado 9 de xuño, do III Triatlón Solidario do Concello de Negreira, infórmase que entre as 16:00 e as 19:00 horas, permanecerán cortadas ao tráfico rodado as seguintes rúas e estradas da contorna da vila de Negreira afectadas polo circuito:

 

Ponte Ínsua, Abeanca, rúa Malecón (campo da feira), Vilachán de Abaixo, Vilachán de Arriba, avenida de Vilachán, avenida de Barcala, rúa Camiño Vello, avenida de Santiago, A Arieira, A Barquiña, A Chancela, Fontán, zonas de Abeanca e Campo da feira, Carreira de San Mauro, rúa do Carme, rúa da Cachurra, praza do Concello e praza do Cotón.

 

Polo tanto, e para que o III Triatlón Solidario Concello de Negreira se desenvolva con normalidade e seguridade, solicítase a colaboración veciñal facendo o menor uso posible dos vehículos durante o desenvolvemento da proba.

lume050618.jpg

Con motivo da celebración da festa do San Xoán na noite do sábado día 23 de xuño, o Concello de Negreira informa que todos aqueles veciños e entidades que desexen realizar unha fogueira ou cacharela, necesitarán unha autorización municipal, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante o evento.

 

As solicitudes pódense recoller no Rexistro Xeral do Concello para a súa posterior entrega, lembrándolles que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 20 de xuño

Por Decreto de Alcaldía nº100/2018, de data 9 de maio de 2018, aprobáronse as bases que rexerán para a provisión en réxime de persoal laboral temporal das prazas dun capataz, un peón- conductor e, de tres peóns forestais,  para a creación da Brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, 2018 durante un período de tres meses.

 

O Concello de Negreira informa que o prazo de presentación de solicitudes é o de dez (10) días naturais, a contar desde o día seguinte ó da data desta publicación no taboleiro de edictos deste Concello.

 

As bases xunto coa solicitude para participar no proceso selectivo, pódense obter no Servizo Local de Emprego e na web municipal.

 

Bases Brigada Incendios 2018.

Piano.jpg

A Escola Municipal de Música de Negreira ten actualmente aberta a matrícula para o alumnado que cursou estudos musicais durante o presente curso, e cuxa audición de fin de curso terá lugar o venres 22 de xuño, ás 19:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

O día 2 de xullo ábrese o periodo de matrícula para o novo alumnado, ata o día 6 de setembro, polas tardes na Casa da Cultura, para un curso 2018-2019 que comezará no mes de outubro, e segundo informa o seu director, Raúl Martín Niñerola, este ano adiántase a presentación e asignación de horarios, concretamente ao venres 7 de setembro, ás seis da tarde, na Casa da Cultura, para que as familias poidan organizarse co resto de actividades deportivas e culturais.

 

Saxos.jpg

 

Entre as novidades para o vindeiro curso, Raúl Martín Niñerola avanza que en breve «tendremos una web propia», donde o alumnado, familias e público en xeral terán acceso a todo tipo de novas sobre a escola, as súas especialidades e os eventos que desenvolven durante curso. Polo de pronto, a Escola Municipal de Música vén de presentar o que é o seu novo logotipo.

 

escolamusicalogo.png

As especialidades que son impartidas na Escola Municipal de Música son as que seguen: Frauta; clarinete; saxofón; trompeta; trombón; trompa; bombardino; tuba; percusión; guitarra; piano; violín e gaita.

respira070618.jpg

O Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.) do Concello de Negreira, informa que está aberto o prazo de inscricións para participar no Campamento urbano Respira, a desevolverse entre o 2 de xullo e mailo 31 de agosto, nas instalacións do CEIP O Coto, en horario de 8:45 a 14:15 horas, de luns a venres.

 

Esta actividade está orientada ás familias que por mor da súa actividade laboral durante o verán non poden facerse cargos dos seus fillos/as, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

 

A inscrición pódese formalizar no Centro de Información ás Mulleres, na pranta baixa da Casa do Concello, desde o 6 ao 28 de xuño. O prezo da actividade é de 100 € ó mes, e para obter máis información pódese chamar aos seguintes números de teléfono: 881 035 154/ 881 035 155.

visita080618.jpg

A Casa do Concello acolleu hoxe a visita dos nenos e nenas das escolas infantís de Aro (Negreira) e de Lañas (A Baña), que xunto coas súas mestras foron recibidos polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas.

 

Na súa visita á vila, tiveron oportunidade de coñecer as instalacións do cuartel da Garda Civil, sendo recibidos polo sarxento e os axentes do posto que atende aos dous concellos. A última parada da súa visita á capital da Comarca de Barcala, foi ao Albergue Municipal no Camiño de Fisterra, en Patrocinio, onde celebraron unha pequena merendola.

piscina110618.jpg

O Concello de Negreira informa que este venres 15 de xuño abrirán ó público para a tempada estival, as dúas piscinas municipais ao aire libre do Parque do Coto, prolongándose a tempada até o día 15 de setembro.

O seu horario de apertura durante os meses de xuño e setembro será de 16:00 a 20:30 horas; e durante os meses de xullo e agosto, de 10:00 a 15:00, e de 16:00 a 20:30 horas.

 

Abonos

 

Pódense solicitar na Delegación de Cultura e Deportes, cos seguintes prezos:

Mensual: 10 euros

Tempada: 20 euros

Familiar: 30 euros

Familia numerosa: 40 euros

 

Cursos de natación

 

Do 2 de xullo ó 29 de agosto, mediante pago dunha cota de 8 euros, entregándose o xustificante do ingreso bancario e maila solicitude cuberta. As solicitudes pódense realizar dende o luns día 11 de xuño na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11).

 

- Grupo 1: do 2 ó 30 de xullo, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

- Grupo 2: do 1 ó 29 de agosto, de 10 a 13 horas, de luns a venres (100 prazas)

- Natación para bebés: do 2 de xullo ó 29 de agosto, de 13 a 13:30 horas. De luns a venres.

- Natación para adultos e Terceira Idade: de 14 a 15 horas.

 

A clausura será o día 31 de xullo para o Grupo 1 e o 30 de agosto para o Grupo 2. O venres 31 de agosto terá lugar a Festa da Auga con inchables, a partir das 16:00 horas.

 

diververan.jpg

O Concello de Negreira fomenta as actividades de conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, cunha nova edición dos Obradoiros de manualidades e xogos Diververán.

 

Durante os meses de xullo e de agosto (de luns a venres), de 10.30 a 13:30 horas na pranta baixa do Centro Sociocultural, os rapaces e rapazas, en dúas quendas, poderán participar nestas sesións de manualidades e xogos onde van a aprender técnicas de pintura, traballos en coiro e moitas cousas máis.

 

Horarios

 

Primeira quenda: de 10.30 a 12:00 horas, os nados de 2013 a 2015.

Segunda quenda: de 12:00 a 13:30 horas, os nados de 2009 a 2012.

O prezo da inscrición é de 15 €. Prazas limitadas por orde de anotación na Delegación de Cultura e Deportes, antes do 26 de xuño. Máis información no número de teléfono: 981 885 886.