portada_certameArdeiro240519.jpg

O gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, o brionés Raúl Gómez Pato veu recoller ao Auditorio Vello da Casa da Cultura de Negreira 200 exemplares que formaban parte do premio do certame.

 

O acto tivo lugar ás once e media da mañá coa presencia do propio gañador e mailo alcade Jorge Tuñas Caamaño e os membros do xurado José Antonio Ponte Far, Xulio López Valcárcel, así como o o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario

 

O fallo do xurado a favor da obra do gañador do certame foi dado o pasado decembro, nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

gañador_certameArdeiro240519.jpg

26m_portada270519.jpg

A veciñanza de Negreira votou cun 72,18% de participación e 4.079 votantes e unha abstención do 27,82% (1.572), con 40 votos en blanco e 60 nulos, onde a vitoria foi para o Partido Socialista por unha axustada diferenza de catro votos ata un total de 1.787 sufraxios (44,46%) por 1.783 (44,36%) do Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego foi a terceira forza con 247 votos (6,15%) e Ciudadanos, na cuarta posición con 159 sufraxios (3,96%).

 

A participación nestes comicios medrou ao redor de dous puntos nas eleccións municipais. Moito máis significativo foi o dato de participación nas eleccións ao Parlamento Europeo, que medrou máis de vintecinco puntos con respecto a fai cinco anos, nas anteriores eleccións europeas.

 

resultadosNegreira.jpg

O Concello de Negreira ten de prazo ata este venres 31 de maio para que as persoas interesadas poidan presentar as súas solicitudes para formar parte da listaxe de agarda de persoal laboral temporal de arquitectura técnica, cuxas bases están publicadas na web municipal (concellodenegreira.gal).

 

Trátase de dar cobertura ó servizo de Arquitectura Técnica, dentro do departamento municipal de Urbanismo.

 

 

BASES

portada_muineira29052019.jpg

Unha ducia de agrupacións folclóricas da provincia participan este sábado no XXVII Día da Muiñeira, de Negreira, e no XXIII Concurso folclórico, baixo a organización do Concello de Negreira e maila Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón.

 

O desfile con preto de 500 participantes sairá ás 17,00 horas do Campo dá Feira. Unha hora despois, na praza do Concello, comezará o baile conxunto da muiñeira por parte de todos os grupos participantes. As escolas de danza tradicional de Negreira teñen o seu colofón nesta xornada de exaltación do folclóre galego que anualmente ten lugar en Negreira.

torneo_portada300519.jpg

A Asociación Deportiva Nicrariense organiza esta fin de semana no campo municipal Jesús García Calvo, coa colaboración do Concello de Negreira, o seu segundo Torneo de Verán ADN, de fútbol, nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, o sábado 1 de xuño, e mailo de categorías biberón e fútbol feminino, o domingo 2 de xuño.

 

Os partidos comezarán ás 9:40 horas do sábado e rematarán entorno ás nove da tarde. O domingo o inicio está previsto para as dez da mañá e rematarán ás oito da tarde.

 

Categoría Prebenxamin

Grupo A: ADN; Noia; Xallas e Fátima.

Grupo B: Nicrariense; Victoria; Dubra e Compostela.

 

Categoría Benxamín

Grupo A: ADN; A Baña; Lalín e Boqueixón.

Grupo B: Xallas; Dubra; Noia e Compostela.

 

Categoría Alevín

Grupo A: ADN; Xallas; Noia e Corme.

Grupo B: Dubra; Milladoiro; A Baña e Compostela.

 

Categoría Biberón: Amio; Compostela; Outes e ADN.

Fútbol feminino: Victoria B; Bandeira B; ADN; Trazo; Victoria B; Bandeira A; Carballedo e Fisober.

 

Horarios e grupos do sábado

muineira_trafico300519.jpg

Con motivo da celebración do XXVII Día da Muiñeira, prégase non estacionar en todo o recinto da praza do Concello dende primeira hora da mañá do sábado 1 de xuño para deixar a praza liberada de vehículos. Vánse pechar os accesos e débese retirar os vehículos que estén estacionados en todo o recinto. Ademáis, a parada de taxis vaise a reubicar de forma provisional durante a tarde do sábado, na rúa do Carme.

 

Dende o Concello de Negreira agradécese a colaboración dos residentes e que disculpen as molestias que poidan ocasionar aos veciños.

Obra_portada310519.jpg

O alumnado e profesorado do módulo de Turismo do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, e mailo técnico municipal de Turismo, acompañados polo arquitecto municipal, Alfredo Varela, e mailo tenente de alcalde en funcións, Manuel Ángel Leis, realizaron unha visita a diferentes restos arqueolóxicos da zona alta do concello como os restos do castelo de San Martiño, a calzada romana da Brea, en A Devesa, ou ás zonas onde se atopan os restos de mámoas como a de Espiñaredo, na chaira do monte Corzán. Tamén estiveron a ver a ponte da Pedra, en Vilar de Ordoeste.

sanxoan.jpg

O Concello informa que con motivo da celebración da festa do San Xoán 2019 na noite do domingo 23 de xuño, toda a veciñanza que desexe realizar unha fogueira ou cacharela, precisa unha autorización deste concello, co obxecto de garantir unha maior seguridade durante o evento.

 

Para o seu trámite poderanse recoller as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Negreira para a súa posterior entrega.

 

O prazo de entrega e rexistro de solicitudes é ata o mércores día 19 de xuño.

Un Bando da Alcaldía, asinado polo alcalde en funcións, Jorge Tuñas Caamaño, fai saber á veciñanza que todos aqueles establecementos de hostelería que contan con terrazas instaladas en espazos públicos deberán ter en conta o seguinte:

 

- As terrazas situadas nas beirarrúas deben deixar o espazo suficiente para o tránsito, sen ningún tipo de obstáculo, dos peóns, cadeiras de rodas e/ou carritos.

- Os establecementos de hostelería que contan con terraza na rúa, ocupando unha praza de estacionamento, non poderán colocar outras cadeiras e mesas na beirarrúa.

 

Agradécese o cumprimento destas indicacións para facilitar a convivencia de tódolos veciños/as do noso concello.

Ximnasia.jpg

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica puso o broche a unha gran tempada con dous podios na fase final do II Torneo Interescolas no que participaron distintas escolas das provincias de A Coruña e Ourense. O conxunto Infantil logrou por segundo ano consecutivo facerse co título de campioas, e as integrantes do conxunto Cadete proclamáronse subcampioas.

 

A terceira fase e última, desenvolveuse o pasado sábado 1 de xuño na localidade de O Carballiño (Ourense), na que as cadetes acadaban o bronce. Na fase final chegaban os mencionados dous podios cun primeiro posto en Infantís e un segundo en Cadetes, para os conxuntos preparados por María Fernández.

 

A nosa noraboa a todas elas, tamén para o conxunto Alevín, polo seu excelente traballo durante todo o curso.