DSC_0920.JPG

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe dun vehículo para uso compartido dos concellos de Negreira e A Baña, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha achega do 80% do total, de 24.850 euros. O vinte por cento restante foi asumido, a parte iguais, polos dous concellos cun importe de 3.550 euros cada un. O coste final de adquisición ascendeu a 35.497 euros. O vehículo en cuestión está adicado ao servizo de mantemento de iluminación pública da Mancomunidade de Concellos do Tambre.

 

entrega-vehiculo.JPG

Ao acto asistiron os alcaldes de Negreira e A Baña, Manuel Ángel Leis Míguez e José Antonio Pereira Gil, respectivamente; a primeira tenente de alcalde de Negreira, María del Mar García Vidal, e mailos portavoces do Partido Popular en ambos concellos, Rubén Suárez Carballo e Andrés García Cardeso, respectivamente.

 

Este vehículo sustitúe ao anterior que fora adquirido no ano 1995 para o servizo de mantemento da Mancomunidade do Tambre.

A páxina web Turespazo permite aos hostaleiros de toda Galicia calcular a capacidade máxima dos locais e descargar o cartaz co código QR, que será obrigatorio a partir do venres, 5 de marzo de 2021.

 

Formación hostalaría: mércores 3 de marzo ás 11:00

 

O mércores 3 de marzo ás 11:00, terá lugar un webinar, onde se explicará o funcionamento da web Turespazo e os pasos que se deben dar para o cálculo da capacidade máxima e a descarga dos códigos QR. Unha vez se teñen estes dous elementos, deberán telos colocados no local de xeito visible, a partir do 5 de marzo. Tódolos responsables de negocios de hostalaría poderán seguir o webinar (con inscrición previa), que durará 1 hora, onde participarán a Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o Responsable da Área de Innovación Turística, Jorge Barreiro Rodas, e o Presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal.

 

As dúbidas poderán consultalas directamente no chat do webinar.

 

Aquí pode acceder á páxina informativa do webinar onde atopará a ligazón para inscribirse.

 

Descargas de interese en pdf:

 

Foto19.jpg

Este venres 5 de marzo faremos entrega dos premios do noveno Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, correspondente ó ano 2020 e que por mor das restricións da pandemia tivemos que retrasar ata este primeiro venres do mes de marzo. O acto levarase a cabo no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 19:30 horas e estará amenizado coa actuación musical do dúo Minguante.

 

O presidente do xurado, José Antonio Ponte Far, será o encargado de facer unha lembranza do percorrido do certame con referencias á figura e obra do poeta Ardeiro. O xurado está integrado ademais por: Xulio López Valcárcel; María Rey; María López Sández e Diana Varela. En total na presente edición presentáronse un total de 34 poemarios.

 

Os premios contan cunha dotazón económica de 700 e 300 euros, respectivamente, para o gañador/a e mailo finalista, que concede o Concello de Negreira, así como a edición do poemario gañador por parte da Dirección Xeral de Políticas Culturais (Xunta de Galicia), coa posterior entrega de trescentos exemplares.

 

O acto contará entre outros coa participación do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez.

casa

Infórmase que a Corporación Municipal de Negreira celebrará o Pleno de carácter ordinario, o luns, día 8 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, coa seguinte orde do día:

 

1º.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº 1/2021 ó nº 32/2021, ambos inclusive.

 

2º.- POS + ADICIONAL 1/2019 2ª FASE.- Ratificación, se procede, do decreto de alcaldía número 27/2021, de data 17 de febreiro de 2021.

 

3º.- Convalidación, se procede, da adhesión ao Convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a FEGAMP para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o Covid-19

 

4º.- Convalidación, se procede, do Convenio de colaboración entre os concellos de Negreira e Val do Dubra para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a xestión compartida-agrupacións de concellos do Servizo de Atención Temperá no marco da Rede Galega.

 

5º.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento dos títulos, honores e distincións oficiais do Concello de Negreira.

 

6º.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán, Campamento Urbano Respira e Nadal Lúdico”.

 

7º.- Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación do servizo do “Programa Negreira Concilia (Madrugadores e Merendas), Diververán, Campamento Urbano Respira e Nadal Lúdico”.

 

8º.- Aprobación inicial, se procede, das Bases reguladoras para a concesión de bolsas para deportistas do Concello de Negreira.

 

9º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en relación coa modificación da Lei de Sáude Pública de Galicia.

 

10º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE con motivo do Día Internacional das Mulleres.

 

11º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. con motivo do Día Internacional das Mulleres.

 

12º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. relativo á solicitude da redución do IVE aos salóns de peiteado.

 

13º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. para instar ao Goberno de España a recoñecer a capacidade de xestión das Entidades Locais e a aumentar a porcentaxe dos Fondos Europeos de recuperación asignados a Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares.

 

14º.- Proposta de acordo que formula o Grupo Municipal do P.P. solicitando determinados arranxos na Capela e en Gonte.

 

15º.- Rogos e Preguntas.

 

8-de-marzo-proposta.jpg

A quinta edición do Premio 8 de Marzo do Concello de Negreira está dedicado ás mulleres que conforman o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), do noso concello. O Centro de Información á Muller (CIM), sinala que outorgase este recoñecemento: «Polo seu traballo, esforzo e dedicación, que foron chave para que a veciñanza que máis o precisaba puidese seguir sendo atendida neste difícil contexto de crise sanitaria».

 

Dende o CIM do Concello de Negreira queren agradecer con este recoñecemento o seu «imprescindible» labor a este grupo formado por 30 mulleres.

 

Este ano, debido á pandemia sanitaria da Covid-19 non poderemos celebrar a tradicional gala. No seu lugar, o CIM está preparando unha serie de contidos que van ser compartidos a través das RRSS con motivo do 8 de marzo. Cómpre salientar que o sábado 6 de marzo, vaise a levar a cabo a elaboración dun mural dedicado ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, nas dependencias exteriores do CEIP O Coto, cuxo traballo será recollido nun vídeo por 7H Cooperativa Cultural, de Compostela, encargadas da súa elaboración de forma coordenada coas propias traballadoras do servizo.

Foto SAF 2

 O Concello de Negreira súmase ás reivindicacións do Día da Muller para esixir unha sociedade na que mulleres e homes teñan os mesmos dereitos. Unha sociedade máis igualitaria.....

Este ano, o Concello de Negreira conmemora esta xornada coa creación dun mural para poñer en valor o imprescindible traballo das mulleres que compoñen o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Negreira, equipo que recibe este ano o Premio 8 de Marzo.

 

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e maila primeira tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, foron os encargados de entregar este premio o pasado sábado durante o pintado do mural conmemorativo no colexio do Coto, nun acto que contou tamén coa participación de Rubén Suárez Carballo e María José Carballo Villar, do Partido Popular. Dende o Goberno municipal salientan que este ano se fai máis «importante» se cabe este recoñecemento polo labor diario que realizan as traballadoras do SAF.

 

A pandemia puxo o foco na importancia dos coidados, nos que a presenza feminina é imperante. As traballadoras do SAF do Concello de Negreira coidan cada día daquelas persoas que máis o necesitan, un labor vital para poder garantir o benestar social.

 

Neste 8 de marzo homenaxeamos e recoñecemos o traballo desempeñado por: Sonia; Belén; Paula; Isabel; Veva; Patricia; Azucena; Samantha; Divina; Ivonne; Manola; Elena; Fani; María; Maruja; Teresa; Silvia; Rosa; Isabel; Ana; Dayana; Lola e María José, profesionais do SAF de Negreira.

Logo-Deputacion.jpg

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2021 coas seguintes liñas:

 

LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

LIÑA PEL AUTONOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña.

LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

 

 

As bases das axudas PEL 2021 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 37 de 25.02.2021 ou premendo na seguinte ligazón:

 

 

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 11 DE MARZO ATA O 15 DE ABRIL DE 2021 ÁS 14:00 HORAS

 

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal)

 

Lémbrase que na web https://emprego.dacoruna.gal/  pódese consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

 

Policía 1

O Concello de Negreira publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) hoxe, as bases para a contratación do seguinte persoal laboral temporal: Tres prazas de peóns de xardinería; tres prazas de peóns de obras públicas; unha praza de peón multitarefa e unha praza de albanel para a execución de diferentes obras públicas municipais e prestación de servizos mínimos, seguindo o establecido nas bases do Programa de Integración Laboral (PIL) da Deputación da Coruña.

As contratacións terán carácter temporal por un período de 7 meses.

O prazo para a presentación de solicitudes e documentación no devandito proceso é de 5 días hábiles a contar dende o seguinte da publicación desta convocatoria no BOP (ata o 26/03/2021 incluído).

Pódese acceder ás bases e ao resto de información a través da web do Concello de Negreira (Publicacións oficiais), do BOP da Coruña do día 18 de marzo do 2021 e no taboleiro de anuncios do Concello de Negreira.

DATOS ADXUNTOS

Documentación das bases para a contratación laboral temporal 

Concello

Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde do Concello de Negreira, comunica á veciñanza, que debido á ponte festiva de San Xosé e maila proximidade da Semana Santa, entrarán en vigor novas medidas ás 00.00 horas do venres 19 de marzo.

Bando negreira

 

O Piolo

O Concello de Negreira é o protagonista este venres 26 de marzo da serie-documental "Arrieiros somos", que dirixe o cineasta Rubén Riós e que rende homenaxe neste capítulo as tabernas de antaño, a través da mirada de Pilucha e Juan, quenes rexentaron a taberna O Piolo, na parroquia de San Pedro de Gonte, pola que pasaron ilustres visitantes coma o recoñecido chef donostiarra Juan Mari Arzak. 

 

O pasado mes de xaneiro, o director Rubén Riós deixouse ver por Negreira da man de Pilucha e Juan. Este matrimonio rexentou até a xubilación de Pilucha con 66 anos, a emblemática taberna O Piolo, onde descorreu boa parte da súa vida. Desas tabernas onde se atopaban os mellores psicólogos das aldeas e que agora están en perigo de extinción.

 

O cineasta ourensán plasmou en imaxes a vida e os testemuños de Pilucha, traballadora incansable con 17 intensas horas de traballo diarias nas súas costas, e que non colleu vacacións até o día da súa xubilación.

 

A rodaxe realizouse en diversos puntos de Negreira como a fermosa paraxe natural de Ponte Maceira, recoñecido como un de Los pueblos más bonitos de España;e no centro da vila. O capítulo emitirase na plataforma de vídeosYoutube, a través da canle da páxina Orgullo Galego,este venres 26 de marzo, a partir das 21:00 horas.

 

"Arrieiros somos" aposta no seu proxecto audiovisual pola sabiduría e a experiencia das xeracións anteriores, xa que o seu traballo e as súas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo actual moi mellor.

 

Este traballo púidose levar a cabo grazas ao Concello de Negreira e a aposta da empresa Xadigal, patrocinadora oficial dos doce capítulos deste serie-documental.