paxariños

O Día das Candeas ou Día da Candeloria, celébrase cada 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera.


Pola Candeloria, medio inverno vai fóra, di o refraneiro popular galego; sendo o momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o "estourido" de vida que está por chegar cara á agardada primavera.


A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa, di o refrán, para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral...
Como cada ano pola Candeloria, o Servizo de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña - Negreira, repartiu adhesivos entre o alumnado do IES Xulián Magariños, dos últimos cursos do CEIP O Coto e a todo o alumnado de Secundaria do CPI DE San Vicenzo da Baña; cunha imaxe do día en que casan os paxariños, baixo o lema: Quen puidera namorala!


Feliz día do casamento dos paxariños!

itv ciclo

Infórmase que a Unidade Móbil 7 de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarse ao concello de Negreira, o vindeiro 2 de marzo (martes), en horario de atención ó público de 9:00 a 13:30 horas pola mañá, e de 15:15 a 18:00 horas, pola tarde. O servizo prestarase no Campo da Feira


Para solicitar cita previa:
• Por teléfono: 902 30 90 00
• A través da web: www.sycitv.com - Cita previa


NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Cartaz

Presentamos as actividades do Entroido 2021 no noso concello; unha celebración que por mor das restricións vixentes derivadas da Covid19, toca facelo dende a casa. Anímate e participa nunha edición distinta pero na que poderemos pasar un bo rato.

É moi sinxelo, entre o 8 e mailo 17 de febreiro, só tes que disfrazarte de forma individual, en parella ou en comparsa familiar (só podes participar nunha categoría das mencionadas), e únicamente, os membros da unidade familiar (persoas conviventes).

Unha vez disfrazados/as, tes que sacar unha foto ou facer un vídeo (pódese realizar unha pequena coreografía, canción, baile… aínda que non é imprescindible).

É obrigatorio o uso de máscara, xa que así demostramos que a foto ou vídeo é deste ano. Despois, tes que descargar o Anexo I, na web: www.concellodenegreira.gal, imprímea, cubrea e asina a mesma.

O último paso sería enviar a fotografía (en formato JPG ou PNG) ou o vídeo (que non exceda de 30 segundos), ao número de teléfono 650 358 044 ou ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; e tedes de prazo dende o 8 ao 17 de febreiro (ambos incluidos).

Poden concursar veciños de Negreira e de fora do concello, e os premios serán VALES AGASALLOS, para gastar nos locais comerciais e/ou hostalaría de Negreira.

Vive o Entroido barcalés!

 

O Concello de Negreira fai pública a resolución da Alcaldía que recolle a relación de subvencións concedidas, desestimadas e denegadas, en relación ás solicitudes presentadas á convocatoria de axudas do Plan PEL-Reactiva, financiado pola Deputación da Coruña e mailo Concello de Negreira, de cara a facerlle fronte á crise económica xerada pola evolución da pandemia da Covid-19 e os decretos de fechamento da actividade económica.


Os beneficiarios definitivos aos que se concede subvención por existir fondo son os encadrados no Grupo I; que se visen afectados por fecje en virtude do disposto no RD463/2020 do 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alamar e a súa modificación aprobada no RD465/2020 do 17 de marzo. O orzamento ascende a 130.210,86 euros.


A resolución pódese consultar no documento adxunto

EMPREGO.png

A Xunta de Galicia abriu hoxe a convocatoria de axudas do seu II Plan de rescate que está dirixido a autónomos e microempresas que poderán solicitarse até o vindeiro 18 de marzo.

 

Programa I - Persoas traballadoras autónomas

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.

 

As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.

 

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

 

Unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física.

 

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Dada a natureza extraordinaria tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria da cal derivan e que provocou que a maior parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo I na presente orde:

 

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día en que recibise o anticipo. No caso contrario, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e deberá proceder ao reintegro do anticipo.

 

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

 

a) 1.200 €para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.

b) 2.000 €para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 3.000 €para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

 

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

 

Compromiso

As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadoras por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

Máis información no teléfono gratuito 900 815 600

 

Programa II. Microempresas

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme ao indicado no artigo 29 da convocatoria da axuda, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivisen unha baixa de facturación de polo menos o 45 %.

 

Requisitos

As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

 

Ter domicilio fiscal en Galicia,

 

Que a facturación teña baixado polo menos na cantidade indicada no apartado anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

 

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

 

a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.

b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

 

Excepcionalmente, se contemplan outros parámetros para os seguintes supostos:

 

a) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

b) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularáse comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

 

A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:

 

a) 1.000 €se ten de 4 a 9 persoas traballadoras.

b)2.000 € se ten de 10 a 20 persoas traballadoras.

c) 3.000 €se ten de 21 a 25 persoas traballadoras.

 

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual do ano 2019 cos do ano 2020.

 

Compromiso

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación en o Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

 

corpo-bombeiros.jpg

A pesar de ser unha festa distinta a outras edicións, o Concello de Negreira tratou de manter vivo o espíritu destas datas coa celebración dun concurso de disfraces virtual.

 

A intención da Delegación de Cultura e Deportes foi ademáis de animar á xente a pasar unha xornada diferente e divertida, contribuir ao consumo no comercio e hostalaría local, xa que os premios consistían en vales-agasallos.

 

Os mellores disfraces foron desvelados nunha gala virtual a través do Facebook do Concello, o pasado sábado 20 de febreiro, presentado polo humorista Pedro Brandariz e que contou coa actuación musical de Lara López e da actuación do Mago Romarís.

 

O premiados foron os seguintes:

2021-02-22_14h17_15.png

Agradecemos a alta participación e os inxeniosos disfraces, agardando que para o vindeiro ano poidamos celebrar un concurso de forma presencial, enchendo as rúas de Negreira de cor e festa.

 

Que viva o Entroido Barcalés....!!

casa

A empresa Green Capital Power promove un parque eólico denominado “Troitomil” que afecta aos concellos da Baña e Negreira, cunha potencia instalada de 30 megavatios e 5 aeroxeradores e, cuxa exposición pública pode consultarse nas oficinas do Concello de Negreira por un período de 30 días dende o sábado 20 de febreiro, ou na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, da Xunta de Galicia, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, de A Coruña, de 9 a 14 horas –con cita previa- no teléfono. 981 184 983.

 

Asemesmo, infórmase que o estudo de impacto ambiental do devandito proxecto de parque eólico pódese consultar durante o prazo estipulado, na Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

A documentación do proxecto pódese consultar na ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/troitomil

 

Ligazón sobre acordo de exposición pública:

 

 

Policia.jpg

Este domingo 28 de febreiro haberá feira e o venres 26 ábrense as instalacións deportivas municipais.

 

O Concello de Negreira informa que a reapertura das instalacións deportivas municipais producirase este venres 26 de febreiro, xornada na que entran en vigor as novas medidas de desescalada da terceira vaga da pandemia que foron dictadas pola Xunta de Galicia.

 

Asemesmo, infórmase que a partir do luns día 1 de marzo retómanse as Escolas Deportivas e Culturais, cuxa actividade fora suspendida no mes de decembro polo incremento das medidas restrictivas debido á mala evolución da pandemia sanitaria. Estas actividades levaranse a cabo en grupos dun máximo de catro persoas, e sempre co uso de máscara de protección.

 

En canto á actividade da Escola Municipal de Música, continúa coas clases en liña polo menos ata o venres 26 de febreiro, agardando á publicación do decreto da Xunta de Galicia que recollerá as novas medidas de cara a unha completa volta ás clases presenciais de todo o alumnado.

 

Volve a feira

Por outra banda, o Concello informa que a partir do domingo 28 de febreiro retómase a feira dos domingos coas medidas sanitarias vixentes que xa existían antes da súa suspensión o pasado 27 de xaneiro.

 

A Xunta de Galicia convoca dúas liñas de axuda non periódicas, dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas á Comunidade Autónoma de Galicia que carezan dos recursos suficientes:

 

 - Liña 1 «Axudas extraordinarias»: teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.

 - Liña 2 «Axudas reforzo COVID-19»: teñen por finalidade apoiar a unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual de pandemia.

 

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:

 

  a. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

  b. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.

  c. Os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nadas en Galicia

 

Quedan excluídas da liña de axudas extraordinarias desta convocatoria as persoas beneficiarias nas dúas convocatorias anteriores (2019 e 2020), asi como o resto das persoas que formasen parte da súa unidade familiar cando solicitou a axuda, pero sí poderán solicitar e ser beneficiarias da liña de axudas reforzo COVID-19 desta convocatoria.

 

Quedan excluídas das dúas liñas de axuda desta convocatoria, as persoas beneficiarias do Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior que inicien o máster no curso 2021/22.

 

Requisitos

 a. Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.

 b. Estar empadroada e ter residencia nun concello da CA de Galicia.

 c. Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

 d. Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar. Considérase que son recursos económicos suficientes cando a suma da media dos ingresos que perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren supere o importe do IPREM mensual vixente na data da solicitude. Consideraranse ingresos da unidade familiar os obtidos por calquera dos seguintes conceptos: rendementos do traballo, rendas de actividades económicas, profesionais, empresariais ou agrarias, pensións e prestacións, rendas do capital mobiliario e inmobiliario,

e. Carecer de bens patrimoniais suficientes (bens mobles e/ou bens inmobles) na unidade familiar. (2)

 

Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultasen beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores á presente.

 

 1. Entenderase como unidade familiar a formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polo seu cónxuxe non separado legalmente, parella de feito inscrita ou persoa unida por análoga relación, e os/as fillos/as da persoa solicitante solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda. No caso de que persoa solicitante sexa solteira menor de 25 anos ou maior desta idade e incapacitada, a unidade familiar estará formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polos seus proxenitores, irmán/s ou irmá/s solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda. Só se computarán como membros da ud. familiar os que consten no mesmo domicilio segundo os datos do Padrón Municipal ou da certificación municipal de convivencia.

 

 2. Entenderase como bens mobles suficientes cando o valor dos bens mobles de todas as persoas da unidade familiar, na data de presentación da solicitude, supere o límite de 15.000 euros cando a unidade familiar estea formada por unha persoa, incrementado, se é o caso, en 3.000 euros adicionais por cada un dos restantes membros da unidade familiar; e como bens inmobles suficientes, cando a suma dos valores dos inmobles de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 euros, na data de presentación da solicitude.

 

Requisitos específicos

a) Liña 1 Axudas extraordinarias:

– Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019 incluído e non fose beneficiaria desta axuda extraordinaria en convocatorias anteriores.

 

b) Liña 2 Axudas reforzo COVID-19:

Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

 

b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2018, ambos os dous incluídos.

b.2) Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019 incluído e que non poida acceder á axuda extraordinaria porque a persoa solicitante ou algún membro da súa unidade familiar xa fose beneficiaria da axuda extraordinaria nas convocatorias dos anos 2019 ou 2020.

 

Axudas

1. Liña 1 Axudas extraordinarias:

As axudas de carácter xenéricopara facer fronte á situación derivada do retorno da unidade familiar aboaranse por unha soa vez e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteña segundo os criterios recollidos no artigo 5. Fíxase para os efectos un valor de 300 euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda.

 

Coa finalidade dereforzar o apoio ás persoas beneficiarias con cargas familiares, establécense tamén unhasaxudas específicas de pagamento único, sempre que a persoa beneficiaria tivese algún fillo/a menor de 18 anos convivindo no seu domicilio. En calquera caso, esta axuda só a poderá percibir un dos proxenitores para o cal se terá en conta a solicitude presentada en primeiro lugar.

 

a)As contías destas axudas outorgaranse por cada fillo menor e terán os seguintes importes:

b) No caso de que no momento de solicitar a axuda, a unidade familiar conste empadroada e residindo nun concello rural, as anteriores contías establecidas por cada fillo/a menor incrementaranse nun 25 %.Considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

 

No caso de que a persoa beneficiaria fose menor de idade aplicarase tamén o previsto no punto anterior deste artigo, incrementando neste caso a contía da axuda en 1.000 euros e un 25 % máis no caso de residir nun concello rural.

 

As axudas específicas de pagamento único deste artigo poderanse conceder no caso de que a persoa solicitante non poida ser beneficiaria das axudas xenéricas por non cumprir os requisitos das letras d) ou e), sempre que a renda per cápita anual dos membros da unidade familiar do ano anterior ao da convocatoria non supere os 13.500 euros.

 

A contía límite da axuda extraordinaria concedida será ata unmáximo de 6.000 euros.

 

Estas axudas serán compatibles con calquera outra que poida percibir a persoa solicitante para o mesmo fin.

 

Liña 2 Axudas reforzo COVID-19:

 

2.1. As axudas destinadas ao reforzo COVID-19 terán un importe de 1.000 euros por persoa solicitante e 400 euros por cada un dos restantes membros da unidade familiar.

2.2. A contía límite da axuda reforzo COVID-19 concedida será ata un máximo de 3.000 euros.

 

Soamente se poderá presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria e por un único membro da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante ou outro membro da unidade familiar presentase outra solicitude de axuda, entenderase como válida a presentada no primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.

 

As axudas da liña 1 e 2 son incompatibles entre si.

 

Documentación

Solicitude e anexos. Tramitación presencial ou en liña

 

- Pasaporte ou documento de identidade en que consten os seus datos persoais para solicitantes que non teñan DNI. No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade ou estea incapacitada, a solicitude farase a nome do menor ou incapaz e será asinada polo seu representante legal. Neste caso deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

 

 - Documentación acreditativa da vinculación con Galicia da persoa solicitante: nacemento en Galicia ou, de ser o caso, ser cónxuxe ou parella de feito inscrita ou descendente por consanguinidade dunha persoa galega e nada en Galicia

 

 Documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar que consten residindo na mesma vivenda no certificado de empadroamento conxunto, se é o caso: libro de familia ou certificado de  - matrimonio ou certificación do Rexistro de Parellas de Feito, sempre e cando non poida ser expedido pola Xunta de Galicia, ou declaración en que conste a persoa con que está unida por análoga relación, así como certificados de nacemento dos fillos/as da persoa solicitante. No caso de separación legal ou divorcio, ou disolución dunha parella de feito, achegarase a correspondente sentenza xudicial firme ou certificación rexistral.

 

 - Certificado de empadroamento conxunto ou de convivencia de data actual, expedido polo concello galego de residencia da persoa solicitante.

 

 - Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España, así como o tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

 

 - Certificación actualizada de vida laboral expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante e dos demais membros da súa unidade familiar maiores de 18 anos e menores de 70 anos, ou, no caso de imposibilidade de conseguila, declaración responsable de que non teñen vida laboral.

 

 - Documentación acreditativa dos ingresos económicos, pensións ou rendas de calquera tipo, correspondentes aos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante ou algún membro da unidade familiar non perciba ingresos económicos, pensións ou rendas, declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

 

 - Documentación bancaria de saldo en contas correntes, depósitos bancarios, accións, valores, etc. acreditativa do valor dos bens mobles da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar, na data de presentación de solicitude, que se teñan tanto en España coma no estranxeiro. No caso de que algún membro da unidade familiar, a excepción do solicitante, non teña bens mobles (contas correntes, depósitos bancarios, accións, valores, etc.), declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

 

 - Extracto de movementos das contas bancarias en España dos 2 meses anteriores ao mes de presentación da solicitude da persoa solicitante e demais membros da unidade familiar.

 

 - Documentación acreditativa do valor dos bens inmobles da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar, a excepción da vivenda habitual, na data de presentación de solicitude: recibo do imposto que os grave (IBI) ou, na súa falta, no valor do contrato de compravenda.No caso de que a persoa solicitante ou algún membro da unidade familiar, non teña outros bens inmobles diferentes á vivenda habitual, declaración responsable da persoa solicitante neste sentido.

 

 - Certificado expedido polo órgano competente que acredite o grao de discapacidade ou dependencia da persoa solicitante, no caso de alegar tal circunstancia, só no caso de que non fosen recoñecidos pola Xunta de Galicia, ou tamén polo Imserso no caso de alegar dependencia.

 

 - No caso de que a persoa solicitante alegue ser vítima de violencia de xénero, deberá acreditar tal situación mediante sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe socioambiental emitido por un organismo oficial.

 

 

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos

 

A Secretaría Xeral da Emigración poderá solicitar dos servizos sociais comunitarios do concello onde teña fixada a residencia o/a solicitante, a emisión dun informe social en que se reflicta a súa situación familiar, sociolaboral e económica co fin de ter un maior e adecuado coñecemento das devanditas situacións. Os servizos sociais poderán remitir este informe xunto coa solicitude e o resto da documentación necesaria para a súa valoración, sen mediar solicitude previa da secretaría xeral, cando a persoa solicitante utilice estes servizos como apoio para a tramitación da axuda.

 

Lugar de presentación:

 -  Secretaría Xeral de Emigración. 

 - Preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 - En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Prazo de presentación:

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOGata o 30 de setembro de 2021.

 

 

Policia.jpg

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, comunica a través dun novo Bando de Alcaldía, que debido á melloría no número de casos, e trala xuntanza mantida coa Consellería de Sanidade, tómase a decisión de adoptar unha serie de medidas menos restrictivas no ámbito municipal:

 

1ª Reapertura da feira dominical

2ª Repaertura das instalacións deportivas

3ª Reapertura da aula de estudo e a biblioteca

4ª Comezarán as escolas deportivas e culturais, a partir do 1 de marzo

 

Bando-Alcaldia.jpg

 

Solicitamos a toda a veciñanza que siga colaborando para facer fronte común ó virus, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, da Consellería de Sanidade e do Concello de Negreira.