Diseño sin título (3).png

De cara a divulgar información sobre o parque eólico de Alvite, o Concello de Negreira programou unha xuntanza informativa para o martes, día 21 de xuño, ás nove da noite, no Local social de Pesadoira, na parroquia de Alvite.

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, xunto coa necesidade da urxente ocupación dos terreos, e a autorización administrativa de construcción; e mailo estudo de impacto ambiental, e o proxecto sectorial, atópanse en prazo de exposición pública para presentar alegacións por un periodo de 30 días hábiles, contados dende o venres, día 10 de xuño.

Trátase dun novo proxecto eólico promovido pola madrileña Green Capital Power en Negreira e arredores. Afecta a fincas dos concellos de Negreira, Mazaricos e Santa Comba. Toda a documentación atópase exposta nos tres concellos, e maila Xefatura Territorial de Economía, Empresa e Innovación, así como na rede.

O parque eólico de Alvite prevé que se instalen 12 aeroxeradores de 3,45 megawatios de potencia unitaria. Conta cun orzamento de execución de 32.587.955 euros.

 

Toda a documentación pódese comprobar premando na seguinte ligazón da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), número 110 de 2022, con data do xoves 9 de xuño: 

 

Corte.jpg

O Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira, a través da empresa concesionaria Espina e Delfín, informa que procederá a efectuar un corte de subministración que afectará a toda a rede de abastecemento de Negreira, debido aos traballos de limpeza anual do depósito xeral.


Devandito corte terá lugar dende as 23:00 horas do mércores 22 de xuño ata as 06:00 horas do xoves 23 de xuño.


Debido a estes traballos, a rede considérase en presión a tódolos efectos. Para calquera dúbida ou aclaración ao respecto, poden chamar aos números seguintes: 981 881 569 ou 626 986 941.

Imaxe escola-1.jpg

A Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), presenta o horario das materias grupais do curso 2022-2023 e os días en que están na escola os profesores de instrumento para as clases individuais.


O horario exacto das clases de instrumento darase o venres, día 16 de setembro, ás 18:00 horas, na data fixada para a presentación do curso no Auditorio do Centro Sociocultural.
Matrícula novo alumnado


O prazo de matrícula para novo alumnado da Escola Municipal de Música comprende dende o día 1 de xullo ata o 9 de setembro de 2022. De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, e de forma telemática, a través da sede electrónica.

 

Diseño sin título (17).png

 

Catro días completan o programa da semana grande do verán na vila de Negreira, do xoves 7 ao domingo 10 de xullo, cun dos mellores programas que se lembran, e promovido pola Asociación de Festexos de Negreira coa colaboración do Concello de Negreira.


Xoves 7.- Verbena amenizada pola orquestra Olympus de Negreira, e maila formación New York, a partir das 11 da noite na praza do Concello.
Venres 8.– Pasacalles coa charanga Tíralle do aire e pola noite, espectacular verbena coas orquestras París de Noia e Finisterre.
Sábado 9.- Pasacalles cos Gaiteiros da Baña, quenes acompañarán a procesión motorizada que inclúe concentración no campo da feira, ás 11:30 horas, e misa solemne ás 12 horas na capela do Cotón, e a partir das 13:30 horas o comezo da procesión polas principais rúas da vila.


A partir das 15:00 horas sesión vermú co dúo Rosán, no Refuxio de Cobas, seguida do xantar de confraternidade, con xogos inchables, festa da escuma e toro mecánico. Organizado pola Asociación de Transportistas de Negreira.


E ás 15:30 horas, no campo de fútbol Jesús García Calvo terémola proba da Liga Autonómica de Agility, mentres que pola noite haberá o concerto do grupo De Vacas na praza do Concello, seguido da disco móbil Chocolate.


Domingo 10.- Ás 9:30 horas comezo da segunda xornada da Liga Autonómica de Agility no campo Jesús García Calvo, e celebración do Día do Neno nas atraccións da festa (prezos reducidos). Ás 19:30 horas chega o fin de festa co concerto na praza do Concello a cargo da Banda de Música Ateneo de Negreira.

verancultural2022-negreira.png

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; a primeira tenente de alcalde, María del Mar García Vidal e os concelleiros, Iván Guardado Porto, Adolfo Manuel Barbosa e Teresa Duro presentaron a variada oferta do Verán Cultural 2022 no anfiteatro da rúa Teresa Fabeiro, un dos novos espazos de lecer na nosa vila.

O programa –pódelo consultar ao final do texto-, contempla máis dunha trintena de actividades entre os meses de xullo e setembro, onde sobresaen concertos como os De Vacas, o sábado 9 de xullo dento das festas de San Cristovo, do 7 ao 9 de xullo, incluíndo o domingo o concerto da Banda Ateneo de Negreira; aos que se engaden os de Bala, Arrithmya e Talesien no NICRAROCK máis potente dos últimos anos o venres 15 de xullo.

O sábado 23 volven as noites en Vela en Pontemaceira coa actuación do grupo Folk "Caldo". Tampouco faltarán as citas do Cultura a pé de rúa, con a modo de clow o 8 de xullo, mentres que en agosto será o momento do espectáculo "Isolada" o venres 5 de agosto.

Unha das novidades que salientou o alcalde de Negreira, vai a ser que a noite Folk, que terá lugar en agosto, vaise a celebrar en duas xornadas, o sábado 20 de agosto coa actuación de TNT, Fransy, Cibran, Salvado e o grupo madrileño"Celtian" e o domingo o mediodía a actuación estrela de Xabier Diaz e Adufeiras do Salitre. Tamén hai que destacar o campamento urbano "Respira", os campamentos de verán en Porto do Son, os obradoiros Diververán no Centro Sociocultural, ou os cursos de natación na piscina municipal do Coto.

No mes de setembro, terá lugar a Feira do Románico os días 2, 3 e 4 e o Festival de Bandas de Música, o domingo 18 na praza do Concello.

Impulso ó deporte

Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse distintos campus deportivos organizados polos clubes locais, tal é o caso do Campus Compos de fútbol, pola Asociación Deportiva Nicrariense (ADN); o Summer Training Days, de baloncesto, e o Clínic de Tenis de Verán, organizado polo club Tenis Negreira.

 

foto horarios.png

O Concello de Negreira dá a coñecer as modificacións nos horarios dos por mor das festas de verán que durante os días 7, 8 e 9 de xullo se celebran na vila na honra a San Cristovo.

Poderán ampliar unha hora o horario de peche ordinario os locais de hostalería e, do mesmo xeito, esta medida aplícase á finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración das festas.

No seguinte enlace atopase toda a información do decreto da alcaldía.

brigadas.jpg

O Concello de Negreira publica no Boletín Oficial da Provincia de hoxe as bases para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo das “Brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais” ao aveiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Negreira para as seguintes prazas:

-2 xefes de brigada.
-6 peóns forestais.
-2 peóns conductores.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles (ata o 14 de xullo), no rexistro de entrada do Concello, ou na sede electrónica do Concello de Negreira. As contratacións teñen carácter temporal por un período de 3 meses.

Toda a información está nas bases anexas.

nicrarock2022.jpg

O programa do Verán Cultural deste ano segue traendo máis propostas, e para a xornada do venres 15 de xullo prepara unha das súas citas principais como son os concertos do Nicrarock.

Este evento xa é un dos festivais máis importantes da nosa comarca, e trae unha interesante proposta para os que gusten de estilos musicais vinculados co heavy, metal e rock galego.

A velada contará con tres bandas de solvencia que porán en escea un directo cargado de intensidade:

-Talesien, será a formación que abrirá ás 22:30h.

- Bala, comezarán a súa actuación ás 00:00h.

- Arrithmya, pechan o evento a partir da 1:30h.

O lugar de celebración será a Praza do Concello con acceso totalmente gratuíto.

vela19072022.jpg

Os Concellos de Negreira e Ames suman unha vez máis esforzos na súa aposta por poñer en valor a paraxe natural de Ponte Maceira. Con tal motivo celebraranse “As Noites en Vela” un ano máis.

Será o sábado 23 de xullo e contarase coa actuación da formación ?? ??????? ás 9 da noite e o ????? ????? ás 10. Ao rematar haberá unha sesión de fogos de artificio e o acendido de 300 velas no entorno da Ponte Maceira.

Esta noite convértese así nunha cita ineludible no entorno do vello viaduto de pedra, único lugar da Provincia de A Coruña incluído en “Los Pueblos Mas Bonitos de España”.

A Ponte Maceira foi declarada “Ben de Interese Cultural” no ano 2016, valorando especialmente a súa antigüidade e calidade construtiva.

madrugadores2022.png

 

O Concello de Negreira, abre o prazo de inscrición para o “Programa Madrugadores” e o “Concilia Merendas” que se desenvolverán nas instalacións do CEIP O Coto.

Están dirixidos a familias con menores de 3 a 12 anos durante o curso lectivo 2022-2023 e terán prazas limitadas. O prazo para anotase será do 26 de xullo ao 5 de agosto e as solicitudes poden presentarse nas oficinas do rexistro da Casa do Concello.

Para máis información deben dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Negreira, no teléfono 981 88 63 20, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres.

Nos seguintes enlaces atópanse os formularios de inscrición e as ordenanzas cos prezos.