Concello2

 

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 26 de xuño, a partir das 09:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

 

Punto único.- Sorteo para a formación das mesas electorais a constituir con ocasión das Eleccións Xerais que se celebrarán con data do 23 de xullo de 2023.

Logo escola

A Escola Municipal de Música de Negreira (EMMN), presenta o horario das materias grupais do curso 2023-2024 e os días en que están na escola os profesores de instrumento para as clases individuais. Como novidade para o vindeiro curso, contaremos cun novo conxunto, de Combo de música moderna.

 

O horario exacto das clases de instrumento darase o venres, día 15 de setembro, ás 18:00 horas, sendo a data fixada para a presentación do curso no auditorio da Casa da Cultura.

 

Matrícula

O prazo para renovar a matrícula comprende dende o 23 de xuño ao 6 de xullo de 2023. E para o novo alumnado, vai dende o 7 de xullo ata o 8 de setembro de 2023. De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, ou de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Negreira.

Matrícula EOI

 Informámos que está aberto o prazo de inscrición para a Sección da Escola Oficial de Idiomas, en Negreira, situada no instituto Xulián Magariños.

 

A oferta inclúe: cursos de inglés de todos os niveis desde o A1 (principiantes) ao C1 (avanzado). Este ano, como novidade, haberá un curso centrado na práctica de destrezas orais (nivel B2).

 

A preinscrición para alumnado novo remata o domingo día 9 de xullo, e pode realizarse a través da ligazón: www.eoidigital.com/preinsxunta

 

Toda a información está dispoñible na web da escola: www.eoisantiago.org ou, no correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

sancristovo2023 negreira instagram

A vila de Negreira vive as súas grandes festas do verán, do xoves 6 ao domingo 9 de xullo, en distintos escenarios do pobo e cunha variada oferta lúdica que vai dende a presenza da afamada orquestra Panorama, conbsiderada a mellor orquestra de España, o xoves pola noite, pasando pola concorrida procesión motorizada de San Cristovo e o xantar de confraternidade no refuxio de Cobas, o sábado ao mediodía; as dúas probas da Liga Autonómica de Agility, no campo de fútbol Jesús García Calvo, e unha gran oferta de atraccións e un mercado, na rúa de Castelao.

Xoves 6 de xullo

Sesión de noite coa orquestra Panorama e a Disco móbil CDC

Venres 7

Sesión de noite coa orquestra Charleston Big Band e mailo grupo Eureka

Sábado 8

Pasacalles co grupo de gaitas Catalibre

Concentración de vehículos ás 11:30h. no Campo da Feira

Misa cantada na capela do Cotón ás 12:00h.

Procesión motorizada a partir das 13:30h.

A partir das 15:30h. proba da Liga Autonómica de Agility no campo de fútbol Jesús García Calvo.

Sesión de noite coa orquestra Gran Parada e co grupo Fussion Revolution

Domingo 9

A partir das 9:30. Proba da Liga Autonómica de Agility no campo de fútbol Jesús García Calvo

Ás 20:00h. Concerto na Praza do Concello da Banda de Música Ateneo de Negreira

Fondo

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal do Concello de Negreira, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de José Baña Blanco, veciño da parroquia de Alvite e quen fora concelleiro da Corporación formando parte do goberno local presidido por José Manuel López Tuñas, entre os anos 1987 e 1995, así como de 1995 a 1999 sendo concelleiro do PSOE na oposición.

 

O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación, ao tempo que quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados, por tan triste perda dunha persoa moi vencellada con Negreira, tanto na vida municipal como a través da súa forte vinculación co activismo agrario a través do sindicato Unións Agrarias de Galicia.

DSC 0642

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 17 de xullo, a partir das 20:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

- Primeiro.- Toma de posesión do Concelleiro electo don José Antonio Villar Caamaño.

- Segundo.- Dar conta da constitución dos Grupos Políticos Municipais.

- Terceiro.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes e designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.

- Cuarto.- Dar conta das resolucións de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local, delegacións e creación da  Concellerías de Área.

- Quinto.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.

cim.jpg

Ata o venres 28 de xullo está aberto o prazo de inscrición para os programas de conciliación que ofrece durante todo o c urso educativo, o Concello de Negreira. Tanto o programa Madrugadores coma o Merendas, dirixida á rapazada cuxos pais e nais estean traballando e non teñan con quen deixálos.

 

As inscricións deben formalizarse no Centro de Información á Muller (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello (en horario de mañá, de luns a venres). Máis información no número de teléfono: 981 886 320.

 

Documentación que se precisa para o programa Madrugadores e Merendas 2023-2024:

- Modelo normalizado de ficha de inscrición

- DNI dos responsables do menor

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos

- Tarxeta sanitaria do/a menor

- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa

- Xustificante bancario de ingreso do prezo público

- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).

-Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

 

Datos adxuntos:

foto02082023

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 7 de agosto, a partir das 12 do mediodía, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

 

PRIMEIRO.- Dar conta da constitución de Grupo Político Municipal.

SEGUNDO.- Dar conta da resolución de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenente de Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local, nomeamento de Concelleiro-delegado e periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local.

TERCEIRO.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes.

CUARTO.- Designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.

QUINTO.- Periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación.

SEXTO.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.

SÉTIMO.- Réxime de indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dotacións económicas a Grupos Políticos.

 

negreiraaodia

O Concello pon en marcha un novo servizo para informar aos veciños que o precisen a través dunha canle de ???????? que leva o nome de “Negreira ao Día”.

A intención é a de comunicar as actuacións e obras no concello, a axenda cultural, os avisos urxentes ou as actividades municipais.

 

Para sumarse a esta canle de WhatsApp primeiro é preciso agregar o número 609 704 109 aos contactos, e logo enviar unha mensaxe dende a propia aplicación a ese número coa palabra ????.

 

Dende ese mesmo momento xa se poderán recibir comunicación en disposivos compatibles con WhatsApp.

As normas de uso poden consultarse no seguinte documento anexo.

 

cim logo2

Xa se poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do programa “Negreira Concilia Madrugadores” e “Negreira Concilia Merendas” do Centro de Información ás Mulleres do Concello.

 

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ser subsanadas para, no seu caso, formar parte da listaxe de agarda.

Establecese un prazo de dez días hábiles a contar dende a publicación das referidas listas para reclamacións ou emendar defectos que motivasen a exclusión.