mediador.jpg

O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu hoxe a entrega de diplomas a unha nova promoción de alumnado do Servizo de Mediación do Instituto Xulián Magariños, nun acto presidido polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e no que tamén participou o director do IES, Adelino Pose Reino, así como as profesoras Begoña Cortés e Kety Lois, do Departamento de Orientación.

 

O Instituto Xulián Magariños leva co presente curso un total de sete formando alumnado mediador. Esta promoción pertence ao curso 2015-2016 e está formada por 22 alumnas/os de Segundo Curso da ESO que cada quince días manteñen unha xuntanza para analizar calquera situación conflictiva que poida darse no centro. 

terror.jpg

A Escola Municipal de Teatro presenta ¨Museo animado do terror¨, na noite do luns 31 de outubro, na entrada ó Centro Sociocultural, de 20:30 a 22:00 horas, para idades a partir dos 13 anos. Baixo a dirección de Sandra Lesta.

 

Morrerás de medo!

 

Na noite de defuntos vén a recoñecer ós teus monstros preferidos, e a revivir as esceas do terror máis tradicional no museo ambulante da EMT no Hall do Centro Sociocultural, con acceso por A Restreva.  

micoloxico.png

A Asociación micolóxica Sendeiriña ¨Nicraria Tamara¨ programou un ano máis, o seu Outono micolóxico can este 2016 vai pola súa oitava edición, xunto coa decimo cuarta Semana Micolóxica Galega, coa colaboración do Concello de Negreira.

 

Conferencias

Xoves 3 de novembro: 20:30 horas con Jaime Blanco-Díos “Especies novas para a ciencia e ameazadas en Europa encontradas en Galicia”.

Venres 4 de novembro: 20:30 horas con Puri Lorenzo  “Identificando boletais”

As conferencias terán lugar na Casa da Cultura, no 1º andar (ó lado da Biblioteca).

 

Exposición

Domingo 13 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas (Auditorio Casa da Cultura), na Carreira de San Mauro.

 

Saídas

Sábados 5 e 12 de novembro: Ás 10:00 horas dende diante da Casa da Cultura. Consultar máis saídas no blog de Sendeiriña.

 

Luns micolóxicos

Tódolos luns dende o 3 de outubro ó 5 de decembro, identificación de especies e obradoiro de microscopia micolóxica.

 

Sendeiriña PRIX

Concurso de procura de cogomelos. Consultar as bases no blog da Asociación.

 

Por último, haberá a tradicional cea-degustación de cogomelos (previa inscrición), o sábado día 10 de decembro, no restaurante O Rueiro, en Vilaserío. 

ULTIMAS-FOTOS-DE-CARTEL-1.jpg

As obras a realizar foron o arreglo das seguintes pistas municipais:

Camino de Pesadoira.

Camino de Cornado a Santa Comba

Camino entre Marcelle y Casal do Mato

 

Ofertánse 25 contratos de formación e aprendizaxe no sector do aluminio para mozos/as menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que posúan o Graduado en ESO, competencias clave de nivel 2 ou que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos. A duración do contrato é dun ano. Tamén se require dispoñibilidade de desprazamento á zona de Padrón e Valga. Máis información e inscrición no Servizo Local de emprego ata o luns 31 de outubro. 

fisio_1.jpg

Dende o mes de outubro e ata o mes de decembro, a Fundación Protección Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala ten en marcha un programa de socioterapia, financiado pola Deputación da Coruña cun investimento de 2.996 euros do cal beneficianse os dazaséis usuarios/as do seu Centro Ocupacional.

 

Este proxecto inclúe as actividades de baile e teatro para os/as usuarios/as da entidade, e é impartido por persoal cualificado en cada unha das dúas actividades. O obxectivo xeral ó o  incrementar a interacción dos usuarios co entorno e potenciar a súa autonomía e benestar tanto físico como emocional.

 

Os obxectivos específicos son os seguintes:

•       Mellorar o benestar físico.

•       Incrementar a autoestima

•       Desenvolver a capacidade expresiva

•       Devenvolver a capacidade comunicativa  a  nivel emocional

•       Favorecer o traballo en grupo

•       Mellorar a orientación espacial e postura corporal

•       Mellorar o equilibrio e a lateralidade

•       Mellorar o estado de ánimo e a tolerancia ao estrés

 

 

O  proxecto realízase dentro do horario do Centro Ocupacional. A actividade de baile é os luns e mércores, na entrada ó Centro Sociocultural, sendo impartido polo Centro de Estudos Tambre, mentras que a actividade de teatro é tódolos martes, no Auditorio do Centro Sociocultural, e impartido por Sandra Lesta, directora da Escola Municipal de Teatro.                       

INGLS2.jpg

 O Servizo de Voluntariado social do Concello de Negreira organiza un curso gratuíto de inglés para adultos os mércores de sete a oito dá tarde. Dará comezo o día dous de novembro e as prazas son limitadas.

 

Para máis información os interesados poden dirixirse o Servizo de Voluntariado Social na planta baixa do concello ou chamar o teléfono 664 074 674.

blanco_davila3.jpg

O Auditorio do Centro Sociocultural acollerá este domingo 6 de novembro, ás 21:00 horas, o espectáculo Menú da Fala, con Carlos Blanco e Luis Davila, dentro dun ciclo que inclúe unha ducia de actuacións en concellos da provincia e que financia a Deputación da Coruña.

 

As entradas son de balde e pódense retirar desde hoxe na Delegación de Cultura, na primeira pranta da Casa da Cultura. Tralo éxito de público que o actor Carlos Blanco tivo o pasado venres nas dúas funcións do seu monólogo, e que supuso o colofón a un mes de outubro cheo de actividad eco cuarto Ciclo de monólogos do Concello de Negreira, agora chega con este outro formato de humor.

fundacion.jpg

Hoxe foi asinado na Casa do Concello, o convenio de colaboración entre a Fundación Mª Esperanza Rubido Romero e maila Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala mediante o cal, a Fundación Mª Esperanza Rubido Romero concede unha subvención de 10.000 euros para levar a cabo o Programa ¨Mellora do benestar persoal e social¨, entre os usuarios/as do Centro Ocupacional.

 

Este programa leva funcionando dende o pasado dia 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2016. Na sinatura participaron o alcalde do Concello de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, en calidade de presidente da Fundación de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala, e Filomena Casal, presidenta do Padroado da Fundación Mª Esperanza Rubido Romero.

 

Os obxectivos xerais do programa son: Desenvolver as habilidades emocionais; mellorar as relacións interpersoais, e aumentar a autonomía persoal dos usuarios da Fundación.

 

As áreas de traballo son:

 

- Área de vida no fogar pola cal realizanse as seguintes actividades: Nutrición; planificación e elaboración de comidas; manexo dos cartos e compra de alimentos.

 

- Área de educación emocional: Trabállase a conciencia emocional; a autoestima; a empatía; a resolución de conflictos e maila  educación afectivo sexual.

 

- Área de vida na comunidade: Planificación de itinerarios; horarios de transporte; prezos; realización de visitas a lugares de interés turístico (saída ao centro comercial As Cancelas, visita turística a Negreira, a Bertamiráns e A Ponte Maceira).

 

- Área de integración na comunidade: Visita ao Punto Limpo; uso do Centro Sociocultural e uso do Auditorio para a visualización de películas.

 

- Área de formación laboral: Técnicas de búsquedas de emprego e charla da Orientadora laboral do Concello de Negreira.

liaverde.jpg

O Concello de Negreira implanta un novo servizo de comunicación de incidencias a través de App móvil, creando unha canle directa de comunicación das incidencias localizadas no noso municipio. Este servizo vai ser presentado este venres 4 de novembro, ás 11:00 horas no Telecentro de Negreira.

 

O usuario conéctase á web de Play Store ou a App Store en función da tecnoloxía empregada no seu dispositivo móvil (Android / iOS). Selecciona a App Línea Verde, con descarga de balde e, a partir de ese intre o procedemento é moi sinxelo.

 

Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar a tipoloxía. Por xeolocalización, a aplicación se encarga de detectar de forma automática as coordenadas exactas do lugar. Aínda así, o usuario tamén pode facelo manualmente si decide envíalo aviso noutro momento e dende outro lugar. Incluso pódese adxuntar unha foto da incidencia cunha breve descrición.

 

Unha vez enviada, o responsábel designado recibirá notificación da mesma. A partir dese intre, comezan os trámites para dar solución á incidencia detectada. E unha vez resolta, o cidadán recibe unha notificación no seu terminal.

 

Para comunicar calquera incidencia tamén se pode facer a través da web http://www.linhaverdenegreira.es/. Unha vez rexistrado, o usuario poderá poñer en coñecemento o desperfecto detectado.

 

Con esta implantación, o Concello de Negreira pretende ofrecer aos cidadáns e empresas da súa contorna, un servizo totalmente de balde e que serve de canle de comunicación directa para que o noso concello cumpra as normas básicas do benestar social.