logos_080217.jpg

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as Bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras, aprobadas polo Pleno da Corporación Municipal, celebrado con data de 9 de xaneiro de 2017.

 

É obxecto das presentes Bases a regulación dos aspectos materiais, persoais, formais e procedimentais do Programa Vivendas Baleiras do Concello de Negreira, implantado en virtude do acordo do Pleno, e de conformidad e co acordo de adhesión ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e maila Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento de dito programa no ámbito do Plan Galego de Rehabilitación, Aluguer e Mellora do Acceso á Vivenda 2015 – 2020 (Plan rehaVIta), aprobado no mesmo acordo que foi asinado o día 12 de setembro de 2016.

 

Prema para para ver o contido das Bases reguladoras do Programa Vivendas Baleiras.

Radio_Negreira_Logo.jpg

A emisora municipal Radio Negreira vén de recuperar no día de hoxe as súas emisións regulares no 107.0 da Frecuencia Modulada, logo de cinco días de interrupción forzosa, a consecuencia dos graves desperfectos causados polo forte temporal que azoutou Galicia na madrugada do pasado venres 3 de febreiro, dentro do conxunto do denominado coma «tren de borrascas atlánticas» que deixounos ventos furacanados de máis de 130 quilómetros por hora en terra.

 

Os fortes refachos de vento derrubaron a torre de comunicacións sita no cumio dos montes da Pena, obrigando a ter que efectuar traballos técnicos de urxencia en canto as condicións climatolóxicas o permitisen, garantindo a seguridade dos operarios polas extremas condicións de tempo rexistradas na zona durante a pasada fin de semana e aínda nos primeiros días da presente semana.

 

Con todo, a emisora municipal continuou coa súa emisión online por Internet, xunto coa elaboración de Informativos diarios ca foron emitidos ás 14:00 e ás 20:00 horas dende o pasado luns 6 de febreiro. Informativos que tamén estiveron a disposición da veciñanza na páxina en Facebook de Radio Negreira.

 

Pavillón de Pedra Mámoa

 

O Concello de Negreira tamén puido subsanar os danos rexistrados na cuberta do Pavillón Polideportivo de Pedra Mámoa, ao quedar afectadas tres planchas do cumio e que foron sustituidas polos operarios municipais na xornada do pasado luns, permitindo que este martes 7 de febreiro, a instalación municipal puidese recuperar con normalidade a súa actividade.

itvmotos2.jpg

Comunicamos que a Unidade móbil de Inspección técnica de ciclomotores desplazarase ao concello de Negreira, o mércores día 15 de marzo, en horario de atención dende as 09:00 ás 13:30 horas, quedando instalada no Campo dá Feira.

 

Para solicitar cita previa:

-         Por teléfono no: 902 30 90 00

-         A través da web: www.sycitv.com (apartado cita previa)

 

A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operación de inspección regulamentarias. 

O Concello de Negreira, pon en coñecemento de toda a veciñanza afectada polos cortes na subministración eléctrica ocasionados por mor dos temporais sufridos os pasados días 2, 3, 4 e 5 de febreiro deste ano, que poden recibir información, asesoramento e tramitación dos expedientes de reclamación, a través da Oficina Municipal de Información ó Consumidor de Negreira, na 1ª planta da Casa do Concello, en relación coas reclamacións que desexen presentar polos cortes de luz sufridos.

 

 A reclamación debe realizarse por escrito dirixida á compañía subministradora indicando o número de contrato, as horas e días de falta de subministración eléctrica, os danos ocasionados e a contía económica (acompañado de facturas de gastos e reparacións sempre que sexa posible) e fotos dos danos.

 

Aqueles veciños e veciñas que dispoñan de seguro de continente e contido deben avisar á compañía nos 7 primeiro días dende o corte de suministración eléctrica, para que lles envíen un perito, e se taxen os danos.

entroido130217.jpg

O desfile a cargo dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal o venres 24 a partir das 12 horas marcará o inicio ás catro xornadas grandes das festas do Entroido de Negreira, do 24 ao 27 de febreiro, ca un ano máis terá no desfile de carrozas e comparsas do sábado de Entroido o seu momento culminante.

 

O Concello preparou un ano máis un amplo programa festivo que o venres 24 pola noite inclúe un baile de disfraces na Praza do Concello, amenizado polo grupo Fama, a partir das 23 horas e onde haberá carpa.

 

O sábado é cando toda a comarca de Barcala vive unha das xornadas máis agardadas do ano. O gran desfile de carrozas e comparas repartirá máis de 6.000 euros en premios:

 

Ás 16:00 h. Concentración no Campo da Feira.

Ás 17:00 h. Comezo do desfile.

Ás 18:00 h. Pregón no palco do Concello.

 

premiosentroido_2017.jpg

  

Premio mellor copla JUAN VARELA AREOSO:  100 euros.

 

Ao rematalo desfile segue a festa coa actuación da orquestra Suavecito, na carpa instalada na Praza do Concello.

 

O domingo 26 e coma principal novidade, engádeselle a celebración da I Festa dos Callos, a partir das 10:00 horas na Praza do Concello, organizada pola SD Negreira. Pola tarde, haberá o baile de disfraces para maiores no Centro Sociocultural, a partir das sete da tarde:

 

Premio á mellor parella: Cea nun restaurante.

Premio ao mellor grupo (máximo 4 persoas): Xantar nun restaurante.

Premio á mellor caracterización: Cafeteira Tassimo2

E o luns 27 de febreiro, o gran colofón co Concurso infantil de disfraces, dende as cinco da tarde no Centro Sociocultural:

 

GRUPO A (1 a 6 anos)               

1º  Cheque agasallo (valor 100 €)

2º  Lote Xogos Didácticos.

3º  Lote libro

 

GRUPO B (7 a 16 anos)

1º  Cheque regalo (Valor 200 €)

2º  Tablet

3º  Cámara de fotos dixital

 

O Goberno Municipal do Concello de Negreira vén de informar á veciñanza, a través dun Bando da Alcaldía, dos investimentos, en obras, actividades e equipamentos, realizados ao longo do pasado exercicio de 2016. A referida listaxe recolle os seus importes e mailos Organismos que subvencionaron parte dos investimentos.

 

O maior montante correspóndese co proxecto de aplicación dunha capa de aglomerado en quente e formación dunha rede de saneamento de augas pluviais nas rúas Nelson Mandela e Vilachán, xunto co aglomerado nun treito da rúa Rosalía de Castro, proxecto pendente aínda da súa execución, por un importe de 180.779 euros que achega a Deputación da Coruña mediante unha subvención nominativa.

 

O seguinte maior importe é para o arranxo de camiños, por 168.628 euros: De Maio Pequeno á fonte-lavadoiro; en Santomé; de Gonte á fonte lavadoiro; a Lueiro dende os depósitos municipais; de A Barquiña á fonte; dende os depósitos municipais a San Martiño, e mailo acceso ao monte da Pena, que tamén foi financiado pola Deputación da Coruña.

 

Dos investimentos financiados pola Xunta, destacan os 56.391 euros para dotar de novos colectores ao parque empresarial con verquido á depuradora municipal, ou memso o aforro enerxético no propio parque empresarial con 40.434 euros, ou o proxecto actualmente executándose, de dotazón de vestiarios ao pavillón escolar do Colexio do Coto con 60.379 euros, entre outros.

 

outono150217.jpg

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de novo circo galego da o seu mortal máis arriscado: OUTONO, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior. A estrea terá lugar este sábado, no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira, a partir das 19:00 horas.

 

OUTONO é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións.

 

OUTONO é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

 

Intérpretes: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro "Pajarito" e Pablo Reboleiro

Dirección: Antón Coucheiro

Dramaturxia: Antón Coucheiro

Produción: Belém Brandido, José Expósito

Escenografia: Uxia Vaello (deseño carpa e realización atrezzo)

Vestuario: Uxia Vaello

Música: Xabier Mera

Iluminación: Javier Quintana

Son: Ghato

Canción "Idiota": José Díaz

Apoio Dramaturxia: Marcos Carballido

Maquillaxe: Trini F. Silva

Axudante Maquillaxe: Irene Maneiro Paz

Sastra: María Villas con Maravillas Atelier

Deseño Imaxe: Juan Gallego

Foto promocional: Afonso G. Sestelo

Fotos espectáculo: Lara Rozados

Comunicación: Pistacatro Productora de Soños S.L.

Distribución: Pistacatro Productora de Soños S.L.

 

Agradecementos: Concello de Santiago, Concello de Negreira, Circonove, Centro Cultural Santa Marta, Xesús Ron, RTA e Javier Ovejero. A Borja Fernández e Alfonso Medina por ser cómplices e artífices do nacemento da compañia Pistacatro e a toda a xente que traballou, colaborou ou apoiou dalgún xeito ó longo de todos estes anos a Pistacatro e ó proxecto Circonove.

Debido aos traballos de limpeza anual do déposito que fornece de auga potable á rede de subministro de Negreira, faise necesario levar a cabo unha interrupción do subministro de auga que afectará a toda a rede, dende as 23:00 horas do luns día 20 de febreiro ata as 06:00 horas do martes 21 de febreiro.

 

Segundo informa a concesionaria do Servizo Municipal de Augas do Concello de Negreira, a rede considerarase en presión a todos os efectos. Tamén piden disculpas polas molestias que esta interrupción poida ocasionar á veciñanza.

 

Para calquera consulta pódese chamar aos seguintes números de teléfono:

626 986 941 e 981 881 569. 

perdomo170217.jpg

O actor, monologuista e músico David Perdomo, vai selo pregoeiro das Festas do Entroido 2017 no Concello de Negreira, durante o gran desfile de carrozas e comparsas do sábado 25 de febreiro.

 

David Perdomo que estudou no Colexio Peñarredonda de A Coruña, comezou aos seus 19 anos os seus estudos de Arte Dramático na Escola Casa Hamlet de A Coruña. Durante os anos que estivo formándose como actor, participou nalgúnhas curtametraxes e obras de teatro. Ó rematar no 2003, realizou diversos cursos en escolas de formación e especialización nos que chegou a ser alumno de Leo Bassi e Churri Silva.

 

A súa popularidade foi medrando en Galicia debido as súas esporádicas aparicións na TVG e polos seus monólogos. No ano 2009 comeza a traballar xunto a Xosé Touriñán e Roberto Vilar en Land Rober. No ano 2010 a súa popularidade aumenta grazas a unha webserie na que interpreta a diversos persoaxes como o "Koruño", e un ano máis tarde da o salto á televisión nacional nun programa chamado "No le digas a mamá que trabajo en la tele", xunto a cómicos da talla de Dani Rovira, Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia.

 

Outra das súas grandes facetas é a músical, da que dí que é a súa verdadeira profesión, xa que formou parte de diversas bandas de rock o longo da súa vida.

 

aquigalicia.jpg

Coincidindo co día grande do Entroido barcalés, o programa de televisión “Aquí Galicia” achégase este sábado ata Negreira, lugar de nacemento de persoeiros como  o abogado e escritor, Xulián Magariños Negreira, un dos membros fundadores do Seminario de Estudos Galegos, ou tamén lugar do famoso trovador medieval Afonso Eanes do Cotón.

 

O programa da Televisión de Galicia que comeza a partir das 16:30 horas dende a Praza do Concello vivirá o Gran desfile de carrozas e comparsas con conexións en directo a pé de rúa e coñeceremos de primeira man como se prepara unha comparsa de Negreira que participa no desfile.

 

O programa visita algúns dos puntos turísticos, espazos naturais e patrimoniais característicos do concello de Negreira:

 

Ruta dos 3 Pazos - percorrerase o roteiro de sendeirismo para coñecer o Pazo do Cotón, o de Baladrón e mailo da Albariña.

 

Camiño de Fisterra – compartiremos cos peregrinos un treito da ruta xacobea que nos leva dende Santiago ata Fisterra.

 

Espazos naturais – Mirador do Monte do Cotro, na parroquia de Santa Cruz de Campolongo; santuario de San Xoán do Carballoso, na parroqia de Xallas; Pontemaceira e o río Tambre.

 

Patrimonio – coñeceremos os encantos patrimoniais de Negreira, entre eles: o monumento ó peregrino; ao emigrante; as casas caribeñas da vila; a que foi Escola dos americanos de Cobas, ou a igrexa de San Pedro de Gonte.

 

No apartado gastronómico, unha representación da Asociación de Veciños de Liñaio mostrará cómo é a Festa da Zorza, e teremos unha mostra de cómo prepara a SD Negreira a I Festa dos Callos, este domingo na propia Praza do Concello.

 

Ademáis, visitarase unha explotación leiteira e maila planta industrial de transformación e envasado da empresa Feiraco para coñecer o proceso compreto de elaboración do leite.

 

Poñen a música as orquestras Suavecito e El Combo Dominicano, e tamén haberá un desfile de moda.