Portada-reparto.jpg

 O Concello de Negreira está a facer entrega a comerciantes, autónomos e empresas de Negreira, dun pack con material de protección na reapertura de establecementos dentro do proceso de desescalada, atendendo a solicitude da Asociación de Empresarios de Negreira (ENe), cuxa presidenta Brenda Wilhelm, asistía ao acto formal de entrega deste material por parte do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis.

 

F-1.jpg

Este reparto será realizado por voluntarios de Protección Civil de Negreira en mais de douscentos establecementos. Cada pack inclúe: Dúas pantallas faciais; un xel desinfectante e, dúas máscaras modelo FFP2.

 

Desde o Concello de Negreira reiteramos o noso apoio ao tecido comercial e empresarial de Negreira para que poidan retomar a súa actividade coas maiores garantías de seguridade e hixiene ante devandito proceso de desescalada.

O Concello de Negreira autoriza a celebración da feira do domingo, única e exclusivamente para instalar postos de venda de produtos agrícolas e gandeiros do sector da alimentación e produtos perecedoiros, tal e como prioriza a Xunta de Galicia. Quedarán prohibidos o asentamento daqueles postos que no vendan tales productos.

 

Os postos serán colocados pola Policia Local según as medidas establecidas, que xa estarán marcadas por persoal do concello, sendo éstas as seguintes, distancia mínima entre eles de 6 metros, aínda que se permite unha separación de 4 metros entre eles nos laterais.

 

Nun mesmo posto, os vendedores deberán gardar entre si como mínimo 2 metros de distancia, e se non é posible poderá haber só un vendedor. O uso de luvas paraos produtos en venda será obrigatorio, polo que recoméndase dispor de luvas e xel desinfectante para os clientes.

 

Usuarios

En canto aos usuarios, deberán gardar unha distancia mínima de 2 metros e empregar máscaras na medida do posible.

 

A Policía Local e Protección Civil velarán por que se respete esta distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda regulando o acceso se fora necesario para evitar aglomeracións. Si vemos que por parte dos comerciantes como por parte da cidadanía non se cumpren coas medidas requeridas, adoptaremos as decisións que estimemos oportunas.

 

Corte.jpg

Infórmase á veciñanza que debido aos traballos de reparación por mor dunha avaría na tubaxe no Campo da Feira, dende as 23:00 horas do xoves 14 de maio ata as 06:00 horas do venres 15 de maio, producirase un corte de subministro de auga que afectará a toda a rede de abastecemento de Negreira.

 

A rede considerarase en presión a todos os efectos.

 

Para calquera consulta poden chamar aos seguintes números de teléfono: 626 986 941 ou 981 881 569.

Bando-exposicion-censo.jpg

Con motivo da próxima celebración de Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020, a celebrarse o día 12 de xullo, procede a realización das tarefas necesarias para para que o Censo Electoral se axuste á realidade, consonte ao disposto pola lexislación vixente.

 

A tal fin, se sinala como prazo de exposición pública das listaxes do Censo Electoral o comprendido entre os días 25 de maio ao 1 de xuño de 2020, ámbolos dous inclusive.

 

A consulta e eventual reclamación contra as referidas listaxes efectuaranse na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

Concello cita previa 2

Informámos que dende o luns día 25 de maio, a atención ao público nas dependencias municipais verase limitada a casos de urxencia e extrema necesidade, con cita previa que se obterá chamando aos seguintes números de teléfono:

 

Concello (Oficinas xerais): 981 885 250/981 885 550
Policía Local: 881035161/676 454 882
Servizos Sociais: 981 885 381
Centro de Información á Muller (CIM): 881 035 155/ 662 370 448

 

O horario de atención ao público nas oficinas da Casa do Concello será de: 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.


Aquelas persoas que accedan ás dependencias municipais deberán cumprir co disposto na Orde SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 (BOE nº 142, de 20 de maio de 2020).


O Concello pide á veciñanza que continúe colaborando na loita contra o virus e siga as recomendacións do Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e o Concello de Negreira.


No caso de ter algún síntoma contactar co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116.

 

Ligazón a Cita Previa

 

O Concello de Negreira informa da apertura do prazo para a renovación de matrícula e solicitude de novo ingreso, de nenos e nenas, de entre 0 e 3 anos, na Escola Infantil Municipal para o curso 2020-2021.

 

Este prazo, tanto de renovación de matricula coma de novo ingreso, vai dende o día 25 de maio ó 8 de xuño, e o lugar de tramitación será na Escola Infantil Municipal mediante cita previa no teléfono 981 881 858, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

 

A documentación necesaria pódese consultar a continuación, así como descargar os modelos de inscrición.

 

Documentos adxuntos:

Ponte

Comprácenos informar que mediante resolución do pasado 14 de maio de 2020, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Turismo, vén de incoar o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural (BIC), a ponte de A Pontemaceira sobre o río Tambre, entre os termos municipais de Negreira e Ames, coa categoría de monumento e nivel de protección integral.

 

A resolución recolle que se catalogue o conxunto de bens inmobles recollidos do seu conxunto monumental e aplicar de forma inmediata e provisoria, o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os inmobles referidos en correspondencia coa clasificación e niveis de protección propostos.

 

Dende a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), de hoxe luns 25 de maio, ábrese un periodo de información pública durante un prazo dun mes, a contar desde o martes 26 de maio, co fin de que as persoas que poidan ter interese examinen o expediente e aleguen o que consideran conveniente. Apúntase, que o expediente deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses (24) desde a data desta resolución, ou producirase a súa caducidade e o remate do réxime provisorio establecidos.


Antecedentes
Devandita solicitude fora formulada polos Concellos de Negreira e Ames con data do 16 de novembro de 2017. Nun informe elaborado polo arquitecto municipal Alfredo Varela e mailo técnico Iván Cernadas, describen a ponte e o conxunto da súa contorna. A ponte é de feitura medieval refeita durante o século XVIII, sendo esencial nas rutas de comunicación entre Santiago e as terras occidentais. Algúns autores describen unha orixe romana da ponte , que é, en calquera caso, un punto central de acontecementos de relevancia histórica, como as loitas entre o poder eclesiástico dos Fonseca e os Condes de Traba, xa que neste lugar linaban as fronteiras dos seus territorios.

 

Patrimonio pon de manifesto, tamén, que a su fábrica e dimensións destacan no ámbito das pontes medievais de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo equilibrio das súas formas, cun amplo arco apuntado central e dous arcos de medio punto a cada lado. Así mesmo, o lugar de A Pontemaceira, a cada un dos lados da ponte, mantén unhas condicións de conservación e de variedade de construccións de residencias e adxectivas tradicionais, con catro muiños, catro pombais e máis de vinte hórreos tradicionais en bo estado de conservación.

 

A Pontemaceira é na actualidade, un fito singular da paisaxe de Galicia, que centraliza todo un conxunto de valor cultural e que é o paso dunha vía histórica e do propio territorio do Camiño de Santiago, que posúe un amplo recoñecemento social polos seus valores culturais.


Enlace Diario Oficial de Galicia

F-1.jpg

Os servizos ao público da Casa da Cultura continúan pechados, agás a devolución de libros na Biblioteca municipal que dende este luns 25 e ata o venres 29 de maio habilitou, con medidas de hixiene e seguridade, a devolución dos libros prestados para poñer en corentena (14 días). O horario é de 10 a 14 horas, e de 16 a 21 horas.

 

Infórmase, que dende o luns día 1 de xuño comezará a funcionar o servizo de préstamo de libros «solicitándolle os títulos ao persoal da biblioteca».


Polo de agora, non están en servizo as actividades de estudo-lectura en sala, nin tampouco o acceso á biblioteca.

loito oficial negreira

O Concello de Negreira súmase ao loito oficial polas persoas falecidas como consecuencia da pandemia da Covid-19, decretado polo Goberno de España, amosando o noso máis sincero respeto. Este loito oficial polas vítimas da pandemia comeza hoxe e vaise prolongar ata a medianoite do vindeiro día 6 de xuño.


Por este motivo, as bandeiras oficiais da Casa do Concello e maila Casa da Cultura, continuarán ondeando a media asta en sinal de loito, mentres que hoxe 27 de maio, ao mediodía, gardouse un minuto de silencio decretado a nivel nacional, en memoria e lembranza de todas as vítimas da pandemia sanitaria, e coa participación do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, así como concelleiros e concelleiras da Corporación, axentes da Policía Local e traballadores municipais.

F 1 cauces negreira

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar os traballos de limpeza nos leitos fluviais dos treitos interurbanos do río Barcala e mailo rego de Duomes, tal e como solicitoulle o Concello de Negreira, nun tramo de tres quilómetros de lonxitude, que coincide co percorrido fluvial polas parroquias de Cobas e Negreira.

 

Esta acción enmárcase no programa de mantemento e conservación que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico da bacía Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro.

 

A principal actuación consiste na retirada das numerosas árbores caídas aos cauces fluviais e que en moitos casos foron arrastradas pola forza da auga durante os pasados invernos.