campamento2024.jpg

Xa está aberto o prazo para formalizar as preinscricións nos Campamentos Val de Barcala con data límite do 15 de xullo.

 

Unha vez rematado este prazo realizarase unha reunión informativa e o sorteo de prazas o martes 16 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira.

 

O campamento levarase a cabo do 26 de agosto ao 4 de setembro e están dirixidos a nenos nados entre 2009 e 2016, que se irán ata o Albergue Xuvenil Espiñeira en Boiro. O custo de participación é de 60 euros, cun desconto especial para irmáns, quedando en 55 euros cada un.

 

Para obter máis información, os interesados poden contactar co departamento de cultura chamando ao teléfono 676 454 879 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

pleno_040724.jpg

A Corporación de Negreira está covocada a sesión ordinaria do pleno que terá lugar o próximo día luns día 8 de xullo ás 21:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

 

Orde do Día:

 

Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno Ordinario: do nº146/2024 ó nº 223/2024, ambos inclusive.

 

Segundo.- Ratificación do Decreto 139/2024, relativo á 1ª Emenda Do Proxecto "Aglomerado Viales Municipales Ac-447-Portor" (Pos +2024). (Expte. Tramitación de Decretos número 2024/G003/000150)

 

Terceiro.- Ratificación do Decreto 212/2024 relativo á aprobación definitiva do Plan de Incendios. (Expte. Tramitación de Decretos número 2023/G003/000235)  

 

Cuarto.- Aprobación do orzamento municipal para o ano 2024. (Expte. número 2024/T004/000001)

 

Quinto.- Modificación de ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana IIVTNU (Expte.número 2024/G016/000001).

 

Sexto.- Esquema Nacional de Seguridad (ENS). Aprobación normativa de uso de medios electrónicos.

 

Sétimo.- Esquema Nacional de Seguridad (ENS). Aprobación política de seguridad.

 

Oitavo.- Rogos e Preguntas.

madrugadores_foto.jpeg

Entre as datas do 10 ao 19 de xullo quedará aberto o prazo de inscrición para os programas de conciliación que ofrece durante todo o curso educativo, o Concello de Negreira. Tanto o programa Madrugadores coma o de Merendas, a desenvolver nas instalacións do C.E.I.P. O Coto.

As inscricións deben formalizarse no Centro de Información á Muller (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello (en horario de mañá, de luns a venres). Máis información no número de teléfono: 881 035 154 – 881 035 155

 

Documentación

Madrugadores e Merendas 2023-2024:

- Modelo normalizado de ficha de inscrición

- DNI dos responsables do menor

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos

- Tarxeta sanitaria do/a menor

- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa

- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).

- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

 

O persoal técnico responsable do servizo poderá requirir outra documentación complementaria ou adicional que se precise.

 

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello, ou de xeito presencial no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres ata o 19 de xullo.

 

reloxio.jpg

O Concello de Negreira dá a coñecer as modificacións nos horarios por mor das festas de verán que durante os días 12, 13 e 14 de xullo se celebran na vila na honra a San Cristovo.

 

Poderán ampliar dúas horas, como máximo, o horario de peche ordinario os locais de hostalería e, do mesmo xeito, esta medida aplícase á finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración das festas.

 

No seguinte enlace atopase toda a información do decreto da alcaldía.

cristovo2024.jpg

A vila de Negreira mergúllase desde o xoves 11 de xullo e ata o domingo día 14 nas súas festas de verán na honra a San Cristovo e faino con tres días de verbena que obrigarán a modificar o tránsito de vehículos polo casco urbano.

 

Así, informase de que desde o mércores permanecerán cortados ao tráfico os accesos rodados á Praza do Concello, polo que recoméndase a residentes e veciños que non estacionen en todo o recinto, reservado para a montaxe de escenarios e demais infraestruturas.

 

Para as atraccións reservouse a segunda parte da rúa de Castelao e a contorna do instituto. A circulación quedará restrinxida ata o luns, excepto para as urxencias sanitarias, a Garda Civil e os veciños residentes dos bloques de edificios da zona.

 

As festas vivirán o seu día grande o sábado, dedicado a San Cristovo, patrón dos condutores, que ten como actividade máis destacada a procesión motorizada que organizan os integrantes da Asociación de Transportistas de Negreira.

 

Desde ese colectivo, confirman que será a participación máis alta dos últimos anos, e tras o percorrido polas rúas da vila, dirixiranse cos seus vehículos ata área recreativa de Cobas para celebrar unha comida de confraternidade. A procesión motorizada este ano parte por primeira vez da zona de Pedra Mámoa, comezará tras a misa do mediodía, e obrigará a efectuar cortes de tráfico ata a súa conclusión.

 

 

San Cristovo.jpg

O programa das festas de verán de Negreira deste ano terá lugar desde o xoves 11 ata o domingo 14 de xullo ofrecendo unha ampla variedade de actividades e eventos para todos os públicos. Polo tanto voltarán as múltiples atraccións e postos de venda ambulante a zona da Rúa Castelao e a súa prolongación ata o IES Xulián Magariños que permanecerán pechadas ao tránsito de vehículos ata o remate das festas.

 

A pesar destas restricións, a zona próxima ao centro médico estará habilitada ao paso para asegurar o acceso ao Punto de Atención Continuada por si fora preciso a entrada de ambulancias e vehículos que o precisen por urxencia, garantindo así a atención sanitaria aos cidadáns.

 

Xoves 11 de xullo:

A inauguración das festas comezará cunha verbena a cargo da Orquestra Cinema, coñecida por ser unha das máis dinámicas e populares de Galicia. Ademais, a noite estará amenizada pola disco móbil CDC, que promete manter o ambiente festivo ata altas horas da madrugada.

 

Venres 12 de xullo:

A xornada do venres arrincará cun pasacalles a cargo do grupo Os Garuleiros, que percorrerá as principais rúas do municipio. Pola noite, a verbena contará coas actuacións da Orquestra Gran Parada e o Grupo Fussion, que ofrecerán un repertorio variado para todos os gustos.ç

 

Sábado 13 de xullo:

O sábado comezará con outro pasacalles do grupo Os Garuleiros. Posteriormente, celebrarase a tradicional concentración de vehículos que este ano como novidade que partirá do campo de fútbol Jesús García Calvo, onde se espera unha numerosa participación. Ás 12:00 horas, oficiarase unha misa solemne no pavillón de Pedra Mámoa e, a partir das 13:30 horas, levarán a cabo a procesión motorizada organizada pola Asociación de Transportistas de Negreira, que promete ser un dos eventos máis destacados. A xornada concluirá cunha espectacular verbena a cargo da Orquestra La Fórmula e a disco móbil Fabrik, con DJ Javi Machito, ofrecendo unha boa combinación de música e entretemento.

 

Domingo 14 de xullo:

O peche das festas será o domingo cun concerto da Banda de Música Ateneo de Negreira, que se celebrará a partir das 19:00 horas na Praza do Concello. Este evento será o broche de ouro a unhas festividades cheas de música e tradición.

 

Organiza: Asociación de Festexos de Negreira.

Colaboran: Concello de Negreira e Deputación da Coruña.

 

vela2024.png

Os Concellos de Ames e Negreira apostan un ano mais por poñer en valor a paraxe natural de Ponte Maceira, e con tal motivo programáronse novamente as “ Noites en Vela”, un evento que xa é unha tradición para ambos municipios.

 

O acto dará comezo o vindeiro sábado 20 de xullo a partir das 9 da noite e haberá iluminación especial da ponte cunha velada que amenizan o coro “Son Elas” e a agrupación “Lontreira” que na actualidade é un dos grupos que máis gusta en toda Galicia.

 

A Ponte Maceira foi declarada “Ben de Interese Cultural” no ano 2016, e converteuse no punto turístico máis importante que temos na nosa comarca.

 

Informe Fotográfico_PMC23_24_page-0001.jpg

 

cartel-xunta.png

nicrafolk04.jpg

O festival Nicrafolk trae para este ano un cartel excepcional que promete facer as delicias dos amantes da música tradicional galega.

 

O evento terá lugar o sábado 3 de agosto, no Patio do CEIP O Coto a partir das 21:00 horas, onde se presentarán tres grandes expoñentes da música folk: Tres Pesos, Xurxo Fernandes, e De Ninghures.

 

Tres Pesos

Trío conformado por Felisa Segade, Xoán Porto, e Xosé Antón Ferreira. Estes músicos son tres caras da mesma moeda e foron piares fundamentais na escena cultural, formando parte de proxectos tan destacados como Leilía e Brincadeira.

Xurxo Fernandes

Desde a súa temperá formación no baile e canto tradicional, Xurxo Fernandes percorreu as aldeas de Galicia en busca das raíces máis profundas da nosa música. O seu enfoque único mestura estas sonoridades con influencias sefardíes, creando un estilo inconfundible 

De Ninghures

Son a gran revelación da música folk galega dos últimos tempos grazas ao seu tema "Morena" no que aportan enerxía e talento.

 

O festival tamén contará cunha foliada local como antesala aos concertos principais. Desde as 19:30 horas, os asistentes poderán gozar das actuacións da Escola Municipal de Pandeireta, Os Garuleiros e a Sociedade Cultural e Folclórica "Veiga do Cotón".

 

 

madrugadores_foto.jpeg

se poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos dos programas “Negreira Concilia Madrugadores” e “Negreira Concilia Merendas”, do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.) do Concello de Negreira.

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ser subsanadas para, no seu caso, formar parte da listaxe de agarda.

Establecese un prazo de cinco días naturais a contar dende a publicación das referidas listaxes para reclamacións ou emendar defectos que motivasen a exclusión.

 

Datos adxuntos: 

Publicacións Oficiais