eolico.JPG

 

Mediante resolución do 16 de setembro de 2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (Xunta de Galicia), arquívase o expediente do parque eólico Alvite (IN408A/2018/032), e cancélase unha garantía económica de 414.150€ depositada por Green Capital Power, S.L. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.

Este anuncio vén recollido hoxe mércores 2 de outubro, no Diario Oficial de Galicia.

Devandito proxecto afectába aos concellos de Negreira, Mazaricos e Santa Comba, e foi solicitado o 27 de xullo de 2018 pola empresa Green Capital Power, S.L., ao abeiro do procedemento IN408A. O 19 de xaneiro de 2021, o promotor solicitou unha modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestructuras de evacuación, sendo admitida con data do 1 de xullo de 2021.

Anuncio Diario Oficial de Galicia:

https://acortar.link/lMAdOw

Doutra banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ten acordado a suspensión cautelar do proxecto do parque eólico Alvite II, tamén promovido por Green Capital Power, S.L., de afectación aos territorios de Negreira, Mazaricos e Santa Comba, segundo o acordo de xuño de 2024 da Sala Terceira do Contencioso-administrativo, quen advirte que “a prevalencia da protección ambiental non significa que si a actuación incide no medio ambiente teña que ser suspendida de forma automática”.

 
Imaxe-ciber.png

A ciberseguridade e a confianza dixital son hoxe en día, dous dos retos máis importantes aos que se enfrontan gobernos, empresas e cidadáns. Trátase de aspectos de crucial importancia nun contexto global, interconectado e dependente da tecnoloxía como é o actual, e imprescindible para alcanzar a necesaria confianza no ámbito dixital.

 

Por todo iso, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), en colaboración co Concello de Negreira, pon en marcha durante o luns 7 e mailo martes 8 de outubro, un conxunto de accións de sensibilización, concienciación, educación, promoción e divulgación en ciberseguridade para favorecer a confianza na adopción das tecnoloxías dixitais de cidadáns, pemes, profesionais e fortalecer as capacidades da sociedade (cidadáns, menores, pemes, profesionais e autónomos).

 

#Experiencia INCIBE é un conxunto de experiencias itinerantes que percorre toda España e permanecerá instalada na entrada do Centro Sociocultural da vila nos seguintes horarios:

 

 - De 09:00 a 14:00 horas reservado para o CEIP O Coto, o IES Xulián Magariños e asociacións do concello de Negreira.

 - De 16:30 a 19:30 horas, entrada libre.

 

DSC_0319.JPG

María Rivas López visitou hoxe o stan de Experiencia INCIBE que foi instalado no Centro Sociocultural, onde estivo acompañada polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez e membros do goberno local como a primeira tenente de alcaldesa, Teresa Duro Leis.

Este espazo interactivo do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), recalou este luns e martes en Negreira para estenderse nas vindeiros semanas aos municipios de Padrón (15 e 16 de outubro), Boiro (18 e 19), Vimianzo (22 e 23), Serra de Outes (29 e 30) e Santiago de Compostela, os días 6 e 7 de novembro.

A través de demostracións prácticas e talleres para aprender a protexerse no mundo dixital; tamén inclúe actividades lúdicas e xogos interactivos. Maiormente, foron grupos de escolares do colexio O Coto e do instituto Xulián Magariños quenes visitaron o stan.

María Rivas subliñou a importancia de “formar e informar sobre a seguridade no manexo de internet”, e é necesario adquirir novas competencias para facer un uso máis seguro dos servizos da internet. A de Negreira foi a primeira dunha serie de actividades, sinalou María Rivas, que se van a desenvolver na provincia desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade. De feito, está prevista a visita a Santiago do camión Road Show entre o 6 e mailo 8 de novembro.

CICLO DE TEATRO
Organiser
default

Durante un mes diversas compañias afeccioadas e profesionais presenta as súas propostas teatrais. A Escola municipal de Teatro ten un lugar destacado neste ciclo.

25/02 - 03/03/2014
ENTROIDO
Organiser
default

Con motivo desta tradicional festa , o departamento de Cultura e, organiza un programa de actos que inclúe diversas actividades co obxectivo de promover unha das festas tradicionais mais importantes da comarca.

O programa variado, para todas as idades, inclúe o venres de Entroido, o desfile de Carrozas e Comparsas, o desfile infantil e o desfile de terceira idade.

 

 

NADAL NEGREIRA
Organiser
default

No Nadal, un tempo festivo e de lecer, en Negreira existe unha oferta cultural diversa, pensada para todos o públicos pero na que os máis pequenos son os protagonistas.

O Nadal Negreira, desenvólvese cada ano entre os meses de decembro e xaneiro e agrupa un nutrido número de actividades que abarcan exposicións, o Festival de Nadal, teatro ou a visita de Papa Noel e a tradicional Cabalgata dos Reis Meigos.

Así mesmo, cada ano o cartel oficial e a postal de felicitación do Concello escóllense a través dun concurso no que participan os alumnos e alumnas dos centros escolares negreireses.

FEIRA DO ROMANICO
Organiser
default

Cada primeira fin de semana de setembro a feira de ambientación medieval, asolaga as rúas da contorna do Pazo do Cotón. Tres intensos días cheos de actividades, postos de artesanía e actuacións en directo que se están convertendo nunha cita importante dos meses de lecer na comarca.

Desde o Concello de Negreira, asumiuse a organización desta actividade na súa totalidade, apostando forte por unha festa que é un bo reclamo publicitario e un gran escaparate da nosa Vila para os visitantes.

Aumentáronse #dicir, as actividades e tratouse de mellorar diversos aspectos da Feira, sabedores da importancia a nivel turistico do evento.

Miles de persoas de toda a comarca participan nesta celebración que ano a ano conta cun importante esforzo orzamentario.

Negreira trasladase ao medievo poñendo os seus mellores galas. Os visitantes dispoñen dunha infinidade de actividades incluindo a cetrería, o tiro con arco ou os xogos populares. Tamén hai diversos talleres temáticos para o público infantil, nos que poden aprender a realizar traxes medievais, de maquillaxe etc...

Ademais dos postos de artesanía hai varios postos de comida que fan as delicias do público.

A animación musical é moi importante contando con grupos de música medieval de toda españa.

NOITE DE FOLK
Organiser
default

A Noite Folk de Negreira naceu no ano 2003. Durante estes anos promocionouse o folclore tradicional e as novas tendencias no mundo da música Folk, co gran hándicap do escaso orzamento e os poucos medios que se manexan.

Centos persoas participan cada verán nesta cita musical e cultural, que ano tras ano vai gañando en asistencia e calidade.

Parte do éxito, débese a beleza do lugar onde se fai a Festa; O Refuxio dos Pescadores de Covas, esta privilexiada contorna está rodeado dunha fantástica carballeira, que convirche a leste máxico paraxe nun marco inmellorable para este tipo de celebracións.

O terceiro sábado de agosto desde o mediodía, pódese gozar dos mellores grupos de música tradicional, bailar e cantar coas diversas actuacións, degustar os produtos típicos da terra, e divertir ata altas horas da noite.

Con todas as dificultades que ten a de organizar unha festa, nunha vila pequena, con pouca poboación, e con escasas axudas das entidades públicas, é un dos poucos festivais que se celebran na comarca de Santiago, onde os nosos músicos e artistas teñen a posibilidade de mostrar a nosa cultura.

FESTIVAL DE BANDAS
Organiser
default

Coincidindo coa Festividade de Santa Margarida, o terceiro domingo de setembro celébrase o Festival de Bandas, onde a Banda Local "Ateneo" xunto a duas formacións máis leva a cabo unha actuación na Praza do Concello.