Cruceiro de Aro

Ao comezo da praza que leva á igrexa atópase o cruceiro de Aro.

Este cruceiro componse dunha plataforma de tres banzos, continuada dunha base cadrada na que se encaixa un fuste hexagonal. O seu capitel é ornamentado e a súa cruz é cuadrangular de brazos con chafláns e recruceta.

Cruceiro de Bugallido

Fronte a igrexa sitúase o cruceiro de Bugallido realizado en pedra de granito.

Componse dunha cruz cuadrangular de brazos con chafláns, recruceta e remates florenzados con botón central.

O seu capitel é octogonal con astrágalo octogonal, liso e con follas de camelia. Base cuadrangular que remata en chafláns e fuste octogonal que comeza cadrado.

As figuras representadas son:

Un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, mans abertas, coroa de espiñas e pano de pureza atado a dereita.

No reverso, represéntase a imaxe da Inmaculada cos dedos das mans entrelazados e sobre peana dun anxo con ás.

Capela de Zas

Capela de planta rectangular e unha soa nave con cuberta a dúas augas. A súa fachada é sinxela cunha porta simple e sobre ela unha ventá circular.

Aos laterais ca capela podemos ver pequenas ventás rectangulares.

Espadana simple cun so corpo de campás e pilastras nos esquinais.

Igrexa de Xallas

No Sueste do concello está a parroquia de Xallas. Nela, nun recinto parroquial composto por un cemiterio, cruceiro e unha igrexa, atopamos a Igrexa Parroquial de San Pedro de Xallas.

Igrexa de planta rectangular a dúas augas con fachada ornamentada. Espadana dun so corpo de campá con pilastras nos esquinais situada nunha esquina da fachada.

Capela de Campelo

Na parroquia de Campelo atopámonos coa Capela Parroquial de San Félix de Campelo.

Capela de planta rectangular e unha soa nave con cuberta a dúas augas.

A súa fachada é sinxela cunha porta simple e sobre ela unha ventá cadrada.

Espadana simple dotada dunha soa campá e culminado cunha cruz.