01/06 - 30/09/2016
VERÁN CULTURAL
Organiser
default

O Verán Cultural enche os meses de xuño, xullo, agosto e setembro dunha ampla oferta de espectáculos que teñen lugar cunha periodicidade case semanal.

Inclúe proxeccións de cinema ao aire libre coas "Noites de cine", teatro de rúa, espectáculos infantís e, sobre todo, concertos de importantes artistas e grupos da maior repercusión e proxección nos escenarios galegos, música tradicional galega, danza, música internacional, pop, rock, fusión, jazz, gospel, etc. Os concertos son sempre de balde e teñen lugar en distintas localizacións.

Semana das Letras Galegas
Organiser
default

O Programa das Letras aglutina a programación cultural do mes de maio, que se agrupa principalmente arredor da promoción da lingua, do libro e da lectura e na que se desenvolven espectáculos de teatro, música ou exposicións. O Programa das Letras compleméntase así mesmo coas actividades que as diferentes asociacións do Concello organizan nestas datas.

Tamén destaca cada ano a Banda Municipal Ateneo que ofrece un concerto para conmemorar este día.

Banda Ateneo de Negreira
Organiser
default

A Banda Ateneo de Negreira, foi fundada no ano 1998, por Vicente Martín Arastey, bombardino da Banda Municipal de Santiago. Esta comezou cun número de 30 músicos, pasando a contar na actualidade con máis de 40, saídos todos éstes da Escola de música de Negreira. No curto prazo de tempo que leva a banda en pé, ven despregando unha importante actividade musical en concertos, certames e festas populares, con numerosas actuacións en diferentes Concellos e vilas galegas.

Dende o ano 2005, fíxose cargo na dirección da Banda D. Raul Martín Niñerola.

Escola de teatro
Organiser
default

O Verán Cultural enche os meses de xuño, xullo, agosto e setembro dunha ampla oferta de espectáculos que teñen lugar cunha periodicidade case semanal.

Inclúe proxeccións de cinema ao aire libre coas "Noites de cine", teatro de rúa, espectáculos infantís e, sobre todo, concertos de importantes artistas e grupos da maior repercusión e proxección nos escenarios galegos, música tradicional galega, danza, música internacional, pop, rock, fusión, jazz, gospel etc. Os concertos son sempre gratuítos e teñen lugar en distintas localizacións.

CICLO DE MONOLOGOS
Organiser
default
Localización
Auditorio Centro Sociocultural
Price
3€

No mes de outubro ten lugar esta actividade no que o Auditorio enchese de importantes actores e monologuistas do panorama galego e nacional.

Neste ciclo xa actuaron Carlos Blanco, Rober Bodegas, Sergio Pazos ou Pepe Viyuela.

Monumento ao emigrante

Esta obra de Fernando García Branco de 1997 composta por pedra e bronce, sitúase na praza contigua á Capela de San Mauro, próximo ao Pazo de Cotón, antes de cruzar os seus arcos saíndo do centro de Negreira.

Con el, homenaxéase aos moitos emigrantes que tiveron que saír da zona en busca dunha mellor vida para eles e os seus.

Este monumento componse de tres personaxes que representan un feito. Un home coa súa pequena equipaxe e rostro serio e decidido camiña lonxe do seu fogar, deixando atrás á súa familia. Desde o outro lado da parede de pedra, un neno chorando, o seu fillo, aínda lle agarra do pantalón dende a xanela para retelo e que non se vaia.

Alén da parede que representa o fogar e do Planeta Terra atópase a outra escena da representación: a muller e nai, mantén en brazos un neno máis pequeno ao que consola e acariña.

Hórreos, muíños e pombais

A maior parte dos muíños pertencentes a Negreira atópanse en ruínas exceptuándose os situados en Ponte Maceira os cales se atopan perfectamente restaurados.

Estes muíños pertencentes á zona de Negreira posúen unha planta cadrada e son de pequeno tamaño. Están clasificados como muíños de parcería ou de partes posto que, neles, cada familia tiña unha quenda de utilización durante un tempo determinado.

Os hórreos que se atopan en Negreira son de tipo maián ou barcalés: hórreos esveltos que combinan pedra e madeira. Doutra banda, tamén existen outros tipos como o “Xalleiro” situados nas parroquias altas do concello. Este tipo de hórreo fórmase unicamente por pedra e empregando perpiaños e cachotería.

Os pombais da zona son de planta circular e atópanse espallados en diferentes puntos. Caben destacar os situados no Pazo de Albariña e o Pazo de Baladrón.

Arquitectura caribeña

A mostra máis significativa de arquitectura caribeña en Negreira é a casa de Manuel Negreira, localizada no centro da vila, aínda que tamén caben destacar a casa de Cipriano González (xa derrubada), Andrés Freire, Capeáns, etc. Todas elas datadas no primeiro terzo do século XX.

Este tipo de arquitectura goza de grandes características. Os ambientes sofisticados e cargados da arquitectura europea ábrense a espazos abertos, galerías, celosías por onde se comunica coa natureza. Empréganse ángulos rectos para a súa construción e simplifícanse as fachadas.