triatlon1.jpg

Tres disciplinas deportivas como son a natación, o ciclismo e o running, unidas a un fin solidario, van propiciar que Negreira acolla o sábado día 11 de xuño, un  evento deportivo como é o primeiro Triatlón Solidario Concello de Negreira, en favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegarec), e maila Fundación Federación Española de Enfermedades Raras (Feder), grazas á iniciativa emprendida polo noso veciño e triatleta, Andrés Domínguez, co patrocinio do Concello de Negreira,e a colaboración de empresas e clubes deportivos.

 

O evento está organizado por Lodeco S.L.U., e conta co apoio da Federación Galega de Triatlón, coas seguintes distancias: 750 metros de natación (1 volta), en augas do río Tambre (Ponte Ínsua); 20 quilómetros en bicicleta (3 voltas) a un circuito semiurbán por Vilachán, casco urbán, Arieira, A Barquiña e A Chancela, e 5 quilómetros de carreira a pé (3 voltas) a un circuito íntegramente polo centro de Negreira.

Horarios

A saída á proba individual será ás 16:30 horas, e á proba de relevos, ás 16:38 horas, no río Tambre, na zona embalsada de Ponte Ínsua (límite entre os concellos de Negreira e Brión).

A inscrición realízase online ata o martes día 7 de xuño, a través da web da Federación Galega de Triatlón www.fegatri.org, no apartado Competicións/Inscricións. Devandita inscrición formalízase enviando o xustificante de pagamento a nome do club por fax ó 982 109800 ou mail a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Os prezos para individuais é de 12 euros, e de 24 euros para relevos, sendo de balde na categoría cadete individual.

Presentación

Alberto Cereijo, guitarrista da banda de rock Los Suaves, púxolle música á canción do primeiro Triatlón Solidario Concello de Negreira, composta por Javi Jamargo. Cereijo é un dos que máis se envorcou: «Ás veces non nos damos conta ou estamos alleos e, todos temos cousas polas que loitar». Tamén Antón Ruanova, dúas veces subcampión mundial de triatlón, aportou a súa colaboración.

Cereijo asistiu á presentación do Triatlón e contou como no 2009 fixéronlle un trasplante de córnea e está en lista de espera por outro, ao detectárselle unha enfermidade pouco común da vista. Cre que ten «moito mérito» o que está facendo o seu amigo Andrés Domínguez…

Cada dous euros da inscrición, irá a fins solidarios: un euro para o mantemento de servizos de fisioterapia da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegarec) e, outro euro para investigación, a través da Fundación Federación Española de Enfermidades Raras (Feder), ambas representadas por Francisca Luengo, presidenta e, por Carmen López, directora sociosanitaria en representación da Fundación.

Tamén participou Óscar Surís, presidente da Federación Galega de Triatlón, quen animou á participación dos deportistas, ademáis do concelleiro de Deportes, Daniel Casal e o alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen lanzou un órdago ás administracións públicas para que se fagan cargo dos fondos necesarios para a atención e maila investigación.

Por mor da coincidencia en domingo, do día 22 cando se celebra a festividade de Santa Rita, patroa da administración local, o Concello de Negreira informa a toda a veciñanza que este luns, día 23 de maio, os servizos municipais da Casa do Concello e maila Casa da Cultura, van permanecer pechados ó público por pasarse ao luns devandita festividade.

 

Na Casa do Concello permanecerá aberto só o Rexistro de entrada (pranta baixa), de 10:00 a 13:00 horas.

banda2005.jpg

A Banda Ateneo de Negreira, baixo a dirección de Raúl Martín Niñerola, ofrece este sábado 21 un concerto temático dentro da programación das Letras Galegas 2016 no concello de Negreira. Baixo o título de: Galicia; historias, mitos e lendas, inclúe o seguinte programa:

 

Enrique Melio (pasodobre), de Simón Couceiro

Fantasías sobre tres temas galegos, de Simón Couceiro

A Revolta Irmandiña, de Raúl Martín Niñerola

Santo Grial, de Andrés Alvárez

Chantada, de Raúl Martín Niñerola

Noites de lúa na praia, de E. Campos/X.L. Represas

Festa no moderno (muiñeira), de Alejandro Montes

Na interpretación de Noites de lúa na praia, cóntase coa colaboración á gaita solista de Mario García Pais.

E unha vez remate o concerto, entregarase a edición do libro do premio gañador do IV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que recaeu na obra Obituario, cuxa autora é Rocío Leira Castro, de Cee e baixo o seudónimo de Xanela.

Auditorio do Centro Sociocultural, ás 20:00 horas.

O Concello de Negreira promove este mércores 25 de maio, ás 21.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), unha charla de carácter informativa sobre os traballos de actualización do catastro que Facenda emprendeu no noso concello.

puntolimpo.jpg

O Concello de Negreira vén de proceder á licitación da contratación dos servizos de segregación, recollida, transporte e tratamento ou vertido dos residuos depositados no Punto Limpo, propiedade municipal e sito no Parque Empresarial de Covas. Trátase dun procedemento aberto con multiplicidade de criterios, cuxo prazo de execución é de catro anos e sen opción de prórroga.

 

Os criterios de adxudicación son os contemplados nas cláusulas sexta e oitava do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, cun orzamento base de licitación dun importe neto de 112.000 euros, e un importe total de 123.000 euros, non esixíndose garantía provisional.

O prazo de presentación das ofertas é o de 8 días naturais dende o mércores 25 de maio, no Rexistro Xeral da Casa do Concello (rúa do Carme, 3, baixo).

ficcionate.jpg

Os novos talentos do cinema galego cítanse en Ficciónate, un ciclo de cinema feito en Galicia, promovido por Andrés Rozados (Abella Creativa), e que a súa vez é o director de producción de Fálame do silencio. O ciclo chega á vila grazas á colaboración do Concello de Negreira. 

 

Este venres 27 de maio, ás 22:00 no Auditorio do Centro Sociocultural, terá lugar o segundo pase, trala estrea na Illa de Arousa, do primeiro ciclo de cinema galego Ficciónate. Neste evento estarán presentes e representando a cada filme:

+       Fálame do silencio: Lois Blanco, director e guionista.

+       El Comediante: Óscar Cruz, director e guionista; Pedro Brandariz, actor, e Jorge Boquete, cámara e encargado de postprodución.

+       Rancor: os actores Miguel Borines e Iago Novoa; o director de fotografía Xoán Morgade; o director Miguel Morales e o director de producción, Miguel Díaz.

+       Unary: Nacho Caballero, o seu produtor e o director, Luis Avilés.

ritmica260516.jpg

O Concello de Negreira promove este domingo pola mañá, un novo evento deportivo como complemento á III Gala da Ximnasia Rítmica, en xornada de tarde. Trátase do primeiro torneo desta modalidade deportiva, ambolos dous a celebrarse este domingo no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa.

 

- 1º Torneo de Ximnasia Rítmica

A partir das 10.30 horas e coa participación de oito clubes e escolas. En total serán 171 participantes e oito adestradoras dos seguintes clubes:

Escola de Ximnasia Rítmica de Negreira

Clun In Mare, de Marín (Pontevedra)

Club As Triscas, de Pontevedra

Club Vila de Pontevedra

Club Ximnasia Coruña

Club Ximnasia Rítmica Compostela

Escola Ximnasia Rítmica Compostela

Club Ximnasia Rítmica Oroso

- 3ª Gala de Ximnasia Rítmica

A partir das 17.30 horas e coa participación de 188 ximnastas e seis adestradoras, e coa participación das seguintes escolas:

Escola de Ximnasia Rítmica de Negreira

Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela

Escola Ximnasia Rítimica Compostela

Club Ximnasia Rítmica Oroso

Colexio Os Tilos, de Teo

Squash Santiago

ritmica.jpg

O primeiro Torneo e maila terceira Gala de Ximnasia Rítmica ¨Vila de Negreira¨, desenvolvidos en horario de mañá e tarde, respeitivamente no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa, e baixo a organización do Concello de Negreira, tiveron unha gran acollida por parte de clubes e público asistente.

 

No Torneo participaron 171 ximnastas de oito clubes e escolas de Negreira, Marín, Pontevedra, A Coruña, Oroso e Santiago de Compostela, e xa de tarde, foron 188 as ximnastas participantes na exhibición da Escola de X.R. de Negreira; Compostela; Oroso; o Colexio Os Tilos e mailo club Squash Santiago.

mesa.jpg

Hoxe quedou constituida a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Negreira, a cuxo acto celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello asistiu a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Constitúen a Mesa, o alcalde Jorge Tuñas Caamaño como presidente da mesma e, actuando como secretaria, a directora do Centro de Información á Muller, Rosa Fuentes Cambeiro, coas seguintes vogalías: A concelleira de Emprego, Muller, Medio Ambiente e Agricultura, María del Mar García Vidal; persoal do CIM, Natalia Suárez García; persoal dos Servizos Sociais municipais, María Rosario Cajuso Barbazán; representante da Policía Local, Eulogio Cives Martínez; representante da Garda Civil, o sarxento comandante do posto de Negreira, Fernando Otero Calviño; representante do IES Xulián Magariños, o seu director, Adelino Pose Reino, e representante do CEIP O Coto, Marina Natalia Fariñas de Alba.

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero reunirase de xeito ordinario con periodicidade semestral, e de xeito extraordinario ou con carácter de urxencia, sempre que a situación o requira.

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.

imserso.jpg

Abriuse a presentación de solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017, estendéndose até o venres 17 de xuño de 2016 nos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

 

Se a pasada tempada se dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar a nova solicitude, xa que logo,  o Imserso remitiu carta para a renovación de datos que recibirían ou recibirán en breve as persoas beneficiarias. Se viaxa a traves do convenio do Concello xa recibirá carta aproximadamente no mes de outubro.

No caso de acceder por primeira vez ao programa ou se a persoa renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar nova solicitude; para estes casos recoméndase, pola súa sinxeleza e rapidez, que a solicitude se presente telemáticamente a través da Sede Electrónica do Imserso ou se pase polo departamento municipal de Servizos Sociais.

No entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ao 17 de xuño e até o día 1 de decembro de 2016, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producir as persoas acreditadas dentro do prazo inicial.